Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Venres, 22 de agosto de 2014 Páx. 36247

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2952/2012).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2952/2012.

Xulgado de orixe/autos: demanda 408/2011 Xulgado do Social número 1 de Ferrol.

Recorrente: Fernando Díaz Díaz.

Avogada: María Aurora García Guedes.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Navantia, S.A., Mutua de Accidentes de Traballo Fraternidad-Muprespa, Izar Construcciones Navales, S.A. en liquidación, Antonio Cobelo Vilariño.

Avogados: Servizo Xurídico Seguridade Social (Provincial), Servizo Xurídico Seguridade Social (Provincial), Francisco Javier García Ruiz, Carlos Enrique Ojea Carballeira, Jorge Manuel Vázquez Miranda, (…).

Procurador: Luis Sánchez González.

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 2952/2012 desta sección, seguido por instancia de Fernando Díaz Díaz contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Fraternidad Muprespa, Izar Construcciones Navales en liquidación, S.A. e Navantia, S.A. sobre prestacións de Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos:

Desestimando o recurso de suplicación articulado por Fernando Díaz Díaz contra a sentenza do Xulgado do Social número 1 de Ferrol, de data 14 de febreiro de 2012, en autos número 408/2011, sobre revisión de invalidez, instados polo aquí recorrente fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Mutua Fraternidad Muprespa e as empresas Izar Construcciones Navales en liquidación S.A., Navantia, S.A. e Antonio Cobelo Vilariño, confirmamos a resolución de instancia.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en legal forma a Antonio Cobelo Vilariño, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 8 de xullo de 2014

A secretaria xudicial