Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 1 de setembro de 2014 Páx. 36912

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 11 de agosto de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se comunica a aprobación do acordo da zona de concentración parcelaria de Broño II-A Pena-Landeira (Negreira-A Coruña).

Ponse en coñecemento de todos os interesados na concentración parcelaria da zona de Broño II-A Pena-Landeira (Negreira-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 373/1994, do 2 de decembro, o seguinte:

Primeiro. O 11 de xullo de 2014, o director xeral de Desenvolvemento Rural aprobou o acordo de concentración parcelaria da devandita zona, logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo. O acordo de concentración será notificado individualmente a cada un dos afectados e está exposto ao público no Concello de Negreira e na zona. Os documentos que se poden examinar no citado concello refírense aos predios de substitución onde constan as situacións xurídicas derivadas das parcelas de procedencia, as fichas de atribucións, os planos e outros.

Terceiro. Contra o acordo os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural e do Mar dentro do prazo de trinta días, contados desde a notificación persoal ou publicación substitutiva. Os recursos poderán presentarse nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo Monelos, praza Luís Seoane, s/n, A Coruña), nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias a que fai referencia o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 11 de agosto de 2014

P.A.
Ofelia Rivas Vázquez
Xefa territorial da Coruña