Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 1 de setembro de 2014 Páx. 36882

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (6199/2012).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso suplicación 6199/2012 desta Sección, seguido por instancia de Margarita González Gutiérrez contra Buma Galicia, S.L. sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos que estimando o recurso de suplicación interposto pola demandante Margarita González Gutiérrez, debemos revogar e revogamos a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Ferrol. En consecuencia, estimamos a demanda e declaramos que o proceso de incapacidade temporal iniciado pola referida demandante o 24 de xuño de 2011 deriva de accidente laboral e condenamos os demandados Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Gallega, Servizo Galego de Saúde (Sergas) e a empresa Buma Galicia, S.L., a se ater a tal declaración, cos efectos económicos inherentes a ela por conta da Mutua Gallega.

E para que sirva de notificación en legal forma a Buma Galicia, S.L, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 31 de xullo de 2014

A secretaria xudicial