Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 8 de setembro de 2014 Páx. 37394

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO de información pública (expediente AC0974/12).

Benito Abalo Rivas, en representación de Benito Abalo, S.L., solicitou desta alcaldía a tramitación dun expediente para actividade de taller de mantemento e aparcadoiro de autobuses, de acordo co proxecto redactado polo arquitecto técnico Enrique Perol Rama, que se emprazará na avenida Doña Urraca, nº 25 (Caldas de Reis). En cumprimento do disposto polo artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 13 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG, co fin de que durante este poidan examinar o expediente, no Negociado de Urbanismo deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións e observacións que consideren convenientes.

Caldas de Reis, 14 de agosto de 2014

Juan Manuel Rey Rey
Alcalde