Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 15 de setembro de 2014 Páx. 41186

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de Comercio, pola que se convocan as eleccións para a renovación do Pleno da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol.

Con data do 28 de xaneiro de 2014 a Dirección Xeral de Comercio, en cumprimento do artigo 25 da Lei 3/1993, de 22 de marzo, básica das cámaras de Comercio, Industria e Navegación, e do artigo 61 da Lei 5/2004, do 8 de xullo, de cámaras oficiais de comercio, industria e navegación de Galicia, e con base nas competencias establecidas no artigo 14 do Decreto 110/2013, do 4 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, emitiu resolución pola que se designa a Comisión Xestora para a Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol ante a imposibilidade de funcionamento normal dos seus órganos de goberno tras as baixas producidas dos membros do Pleno, incluída a do seu propio presidente.

Na reunión constitutiva do 20 de febreiro de 2014, a Comisión Xestora adoptou o acordo de iniciar o proceso electoral coa finalidade de restituír os órganos de goberno da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol.

Para tal efecto, acordouse a apertura dun prazo de 15 días naturais para que os empresarios e comerciantes da demarcación territorial manifestasen a súa vontade de adscrición ao seu censo, e foi anunciado no Diario Oficial de Galicia do 27 de febreiro de 2014.

Rematado o prazo concedido para a inscrición voluntaria e antes de que se procedese a súa exposición, de conformidade co artigo 12 do Decreto 431/2009, do 19 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de réxime electoral das cámaras oficiais de comercio, industria e navegación de Galicia, con data do 2 de abril de 2014, publícase no Boletín Oficial del Estado a Lei 4/2014, do 1 de abril, básica das cámaras oficiais de comercio, industria, servizo e navegación, en vigor a partir do 3 de abril.

A devandita lei dispón no artigo 17 que «o censo electoral das cámaras estará constituído pola totalidade das persoas físicas ou xurídicas, nacionais ou estranxeiras, que exerzan as actividades comerciais, industriais, de servizos ou naveiras non excluídas de conformidade co artigo 7 desta lei».

Con data do 27 de maio de 2014, a Comisión Xestora acordou, unha vez elaborado o censo de acordo co previsto no artigo anterior, proceder á súa exposición pública durante un prazo de vinte días naturais co obxecto de dar cumprimento ao disposto no artigo 12 do devandito Decreto 431/2009, do 19 de novembro, para a súa consulta na sede da cámara e na súa páxina web ata o 19 de xuño de 2014. Igualmente, o censo permaneceu exposto na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña.

Transcorrido o prazo previsto para a exposición pública do censo sen que se presentasen alegacións, o secretario da Cámara Oficial de Industria e Navegación de Ferrol, con data do 7 de xullo de 2014, solicita da Administración tutelante a convocatoria de eleccións, toda vez que as vacantes existentes afectan a totalidade do Pleno Cameral dando lugar a un suposto excepcional que excede do espírito contido no artigo 61 do Decreto 431/2009, do 19 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de réxime electoral das cámaras oficiais de comercio, industria e navegación de Galicia.

Por todo o anterior, logo da consulta á Cámara Oficial de Industria e Navegación de Ferrol, e en uso das competencias atribuídas polo Decreto 110/2013, do 4 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria,

DISPOÑO:

Primeiro. Convocar as eleccións para a renovación do Pleno da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol.

Segundo. Para garantir a transparencia e a obxectividade do proceso electoral, constituirase unha xunta electoral na Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol, na forma e coa composición e competencias previstas na Lei 5/2004, do 8 de xullo, de cámaras oficiais de comercio, industria e navegación de Galicia, e no Regulamento de réxime electoral das cámaras oficiais de comercio, industria e navegación de Galicia. A xunta electoral terá a súa sede no domicilio social da devandita cámara.

Terceiro. As candidaturas elixibles por sufraxio do electorado presentarán escrito no rexistro da cámara respectiva durante os quince días seguintes á data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. O prazo rematará ás 24.00 horas do décimo quinto día, contado desde a devandita data.

Cuarto. No prazo dos quince días seguintes á data de publicación desta convocatoria de eleccións, as organizacións empresariais máis representativas presentarán ante a xunta electoral correspondente a lista das súas candidaturas.

Quinto. A elección dos vogais a que fai referencia o artigo 14.1.a) da Lei 5/2004, do 8 de xullo, de cámaras oficiais de comercio, industria e navegación de Galicia, realizarase para todos os grupos e categorías o 4 de novembro de 2014, para isto permanecerán abertos os colexios electorais entre as 9.00 e as 21.00 horas.

Sexto. A elección dos vogais a que fai referencia o artigo 14.1.b) da Lei 5/2004, do 8 de xullo, de cámaras oficiais de comercio, industria e navegación de Galicia, terá lugar o 12 de decembro de 2014, na sede da Cámara entre as 13.00 e as 14.00 horas.

Sétimo. O número de colexios electorais e os lugares onde se van instalar establécense no anexo I desta resolución.

Oitavo. A Cámara debe enviar á xunta electoral correspondente a proposta de lista de persoas electoras para ser designadas presidentes/as ou vogais da mesas electorais, conxuntamente coa lista das candidaturas presentadas e coa proposta de número de mesas electorais, no prazo que establece o artigo 39 do Regulamento de réxime electoral das cámaras oficiais de comercio, industria e navegación de Galicia, aprobado polo Decreto 431/2009, do 19 de novembro.

Noveno. As persoas electoras que prevexan que na data das eleccións non poderán comparecer nos colexios electorais poderán exercer o seu dereito ao voto emitíndoo por correo, logo da solicitude persoal á cámara respectiva, dentro dos vinte días seguintes ao da publicación desta convocatoria, segundo modelo normalizado que figura no anexo II desta resolución e con suxeición aos requisitos e ao procedemento sinalados no artigo 36 da Lei 5/2004, do 8 de xullo, e no capítulo VIII do título I do Regulamento de réxime electoral das cámaras oficiais de comercio, industria e navegación de Galicia.

Décimo. As papeletas e sobres para o voto presencial ou por correo seguirán os modelos normalizados do anexo VII. Nas papeletas indicarase, no caso de persoas físicas, os apelidos e nome, e no caso de persoas xurídicas, a denominación social das persoas candidatas ordenadas alfabeticamente, de forma que a persoa electora marcará cunha cruz o recadro da papeleta normalizada correspondente á(s)/ao(s) candidata(s)/o(s) da súa elección. As papeletas configuradas e impresas despois da proclamación de candidatos manterán a súa validez durante todo o proceso electoral.

Décimo primeiro. Cando o número de candidatos proclamados por un grupo resulte igual ao dos membros que se deba elixir, a súa proclamación equivalerá á elección e esta non terá que efectuarse.

Décimo segundo. Co fin de garantir o adecuado exercicio do voto achéganse os modelos normalizados segundo os anexos I a IX.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2014

Sol María Vázquez Abeal
Directora xeral de Comercio

ANEXO I

Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol:

– Colexio electoral único.

– Domicilio: rúa María 158, 15401 Ferrol.

– Demarcación: a correspondente á cámara.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file