Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 26 de setembro de 2014 Páx. 42328

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Sanidade

DECRETO 120/2014, do 25 de setembro, polo que se nomea secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade a Josefina Monteagudo Romero.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira de Sanidade e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e cinco de setembro de dous mil catorce,

Nomeo secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade a Josefina Monteagudo Romero.

Santiago de Compostela, vinte e cinco de setembro de dous mil catorce

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade