Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 26 de setembro de 2014 Páx. 42363

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 9 de setembro de 2014 pola que se modifica a autorización do centro privado Educatic, do concello de Vigo.

O representante da titularidade do centro privado Educatic, do concello de Vigo (Pontevedra), solicita a supresión dos ciclos formativos de grao superior Administración de Sistemas Informáticos en Rede e Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma; e a autorización do CM Atención a Persoas en Situación de Dependencia.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro

1. Suprimir os ciclos formativos de grao superior Administración de Sistemas Informáticos en Rede e Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma, no centro privado Educatic, de Vigo.

2. Autorizar o CM Atención a Persoas en Situación de Dependencia, no centro privado que se sinala:

Denominación xenérica: centro privado.

Denominación específica: Educatic.

Código: 36024410.

Enderezo: rúa Zamora, 106.

Localidade: Vigo.

Concello: Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Academia Postal 3 Vigo, S.L.

Composición resultante:

– 1 CM Atención a Persoas en Situación de Dependencia (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

Segundo. Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.

Terceiro. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teñan que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria