Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 9 de outubro de 2014 Páx. 43749

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre do ano 2014.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2014, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2014

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Título

Data sinatura

Importe

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Federación de Cineclubes de Galicia para apoiar a programación cinematográfica dos cineclubes.

2.5.2014

26.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Centro Pen Galicia, para a realización da X Edición dos Premios Rosalía de Castro.

6.5.2014

15.895,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Reveriano Soutullo para a realización dun proxecto fundacional e para mantemento da fundación.

8.5.2014

6.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Vicente Risco para a actualización da exposición permanente.

8.5.2014

10.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Otero Pedrayo para a realización de actividades culturais.

8.5.2014

15.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación de Gaiteiros Galegos para a realización dunhas xornadas para a dinamización da cultura tradicional.

8.5.2014

6.000,00 €

Convenio de Colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as universidades da Coruña, de Santiago de Compostela e de Vigo no financiamento de recursos de información científica en liña.

8.5.2014

1.175.715,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Grupo La Región, S.A. para potenciar o uso do idioma galego a través dos xornais La Región e Atlántico Diario, que edita esta entidade.

8.5.2014

35.000,00 €

Convenio de Colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as universidades da Coruña, de Santiago de Compostela e de Vigo para promocionar aos investigadores do SUG acceso a recursos de supercomputación, almacenamento de datos e comunicación.

8.5.2014

510.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Teatro Afeccionado para a realización do Circuíto Galego Teatro Amador.

8.5.2014

25.000,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Pantón para a integración na Rede de Bibliotecas de Galicia da Biblioteca Pública Municipal dependente deste.

9.5.2014

0,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Riós para o funcionamento e realización de actividades no Museo do Centro de Interpretación da Castaña de Riós.

13.5.2014

20.000,00 €

Convenio marco de colaboración entre a Xunta de Galicia y Telefónica de España, S.A.U. para o deseño, desenvolvemento e lanzamento dun programa de apoio ao desenvolvemento de iniciativas de emprendemento en Galicia.

13.5.2014

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Corporación Voz de Galicia, S.A. para potenciar o uso do idioma galego a través do xornal La Voz de Galicia, que edita esta entidade.

13.5.2014

149.000 €

Convenio de Colaboración Cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Guitiriz para difusión da obra de Xosé María Díaz Castro con motivo do Día das Letras Galegas 2014.

15.5.2014

6.000,00 €

Convenio de cooperación sociocultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Celanova para a construción dunha muralla perimetral no conxunto interpretativo castrexo de Castromao.

15.5.2014

51.122,50 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Televisión de Galicia para a concesión do VIII Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.

16.5.2014

6.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Eugenio Granell para a realización do Proxecto G da Fundación.

16.5.2014

10.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Cambados para a conmemoración do 125 aniversario do nacemento de Francisco Asorey.

19.5.2014

12.500,00 €

Addenda primeira ao Convenio de Colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación Socio-Cultural de Minusválidos (ASCM-Ferrol), para posibilitar os desprazamentos de alumnos discapacitados a centros educativos radicados na provincia da Coruña.

20.5.2014

43.644,06 €

Addenda cuarta ao Convenio de Colaboración asinado o 1 de decembro de 2010 entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación Grupo de Persoas con Discapacidade da Coruña (Grumico) para posibilitar os desprazamentos de alumnos discapacitados a centros educativos radicados na provincia da Coruña.

20.5.2014

48.226,08 €

Addenda cuarta ao Convenio de Colaboración asinado o 2 de xaneiro de 2011 entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación en favor de las Personas con Discapacidad Intelectual de la provincia de Pontevedra (Aspanaex) para posibilitar os desprazamentos de alumnos discapacitados a centros educativos radicados na provincia de Pontevedra.

20.5.2014

62.700,27 €

Addenda cuarta ao Convenio de Colaboración asinado o 15 de decembro de 2010 entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de Atención a la Parálisis Cerebral y afines Amanecer-Aspace para posibilitar os desprazamentos de alumnos discapacitados a centros educativos radicados na provincia de Pontevedra.

20.5.2014

139.005,45 €

Addenda primeira ao Convenio de Colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación Bata (Bayón. Asociación para el Tratamiento del Autismo) para posibilitar os desprazamentos de alumnos discapacitados a centros educativos radicados na provincia de Pontevedra.

20.5.2014

17.782,56 €

Addenda cuarta ao Convenio de Colaboración asinado o 15 de decembro de 2010 entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación Comarcal de Educación Especial Santísimo Cristo del Amor (Aceesca) para posibilitar os desprazamentos de alumnos discapacitados a centros educativos radicados na provincia de Pontevedra.

20.5.2014

104.732,28 €

Addenda cuarta ao Convenio de Colaboración asinado o 8 de setembro de 2011 entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Cruz Roja Española para posibilitar os desprazamentos de alumnos discapacitados a centros educativos radicados na comunidade autónoma de Galicia.

20.5.2014

165.871,89 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) para a realización do Caderno Ilustrado e do XI Encontro Galego da Ilustración.

21.5.2014

6.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Editores, para a participación e asistencia ás Feiras Internacionais do Libro e para actividades de promoción e consolidación do sector do libro.

22.5.2014

17.707,39 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Carlos Casares para a realización de XI Curso de Comunicación Audiovisual de Celanova, preparación do arquivo videográfico do Galeguismo Histórico e tradución da obra de Carlos Casares.

23.5.2014

10.000,00 €

Acordo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Repsol en materia de normalización lingüística.

26.5.2014

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o Concello da Coruña e a Fundación Emalcsa para establecer o marco de colaboración na organización e desenvolvemento da exposición O Primeiro Picasso. A Coruña 1891-1895.

27.5.2014

630.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade da Coruña para a realización de prácticas de alumnos das titulacións impartidas na Facultade de Filoloxía nas bibliotecas de titularidade e/ou naquelas nas que exerce as competencias de xestión a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

28.5.2014

0,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación Amigos da Ópera de Santiago de Compostela para a realización da Semana da Ópera 2014.

29.5.2014

6.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e Sinsalaudio, S.A. para a realización do Ciclo Monumenta.

30.5.2014

34.999,25 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e Sirgo Torcendo, S.L. para a realización do VII Ciclo Espazos Sonoros.

30.5.2014

35.500,00 €

Addenda ao convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Unidad de Vehículos Industriales, S.A. sobre a colaboración educativa nas ensinanzas de formación profesional.

30.5.2014

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Unidad de Vehículos Industriales, S.A. para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

30.5.2014

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade da Coruña para a realización de prácticas de alumnos das titulacións impartidas na Facultade de Humanidades e Documentación nas Bibliotecas de Titularidade e/ou naquelas nas que exerce as competencias de xestión a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

4.6.2014.

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Loida, S.A. para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

6.6.2014.

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e as Dioceses da Comunidade Autónoma de Galicia para intervencións no patrimonio artístico de titularidade eclesiástica.

9.6.2014.

120.000,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia o Concello da Baña para a integración na Rede de Biblioteca de Galicia da Axencia da Lectura Municipal dependente deste.

9.6.2014.

0,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Curros Enríquez para a realización de actividades arredor da obra de Curros Enríquez.

9.6.2014.

15.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación Pontes nas Ondas para a realización da XX Xornada Multimedia Ponte nas Ondas e XII Mostra da Oralidade Galego-Portuguesa.

9.6.2014.

6.000,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Cerceda para a integración na Rede de Bibliotecas de Galicia da Biblioteca Pública Municipal dependente deste.

10.6.2014.

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello das Pontes García Rodríguez para a integración na Rede de Bibliotecas de Galicia da Biblioteca Pública Municipal dependente deste.

10.6.2014.

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos da Coruña para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

11.6.2014.

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Deputación Provincial de Pontevedra e a empresa Arlea Hotels, S.L.U. para a implantación de tres proxectos de formación profesional dual.

13.6.2014.

0,00 €

Convenio entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e a Fundación Paideia para a colaboración educativa nas ensinanzas de grao superior de música.

17.6.2014

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Confederación Hidrográfica del Miño-Sil polo que se instrumenta a entrega dunha subvención para a creación de dúas bolsas de formación para alumnos do CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel.

17.6.2014

20.000,00 €

Encomenda de xestión para a realización de actuacións no bosque e accesos da Cidade da Cultura de Galicia, entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga).

25.6.2014

111.771,92 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Universidade da Coruña (FUAC) para a colaboración no desenvolvemento de proxectos de formación profesional dual e o apoio aos programas de bolsas para os titulados en formación profesional, en ensinanzas artísticas e en ensinanzas deportivas.

30.6.2014

0,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Laxeiro para a realización de actividades e para mantemento da fundación.

10.7.2014

15.000,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Carballo para a creación e integración na Rede de Bibliotecas de Galicia da Biblioteca Pública Municipal Rego da Balsa dependente deste.

14.7.2014

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Meaño para a xestión do servizo de comedor escolar do CEIP de Coirón-Dena no Concello de Meaño.

15.7.2014

19.470,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación ECCA na formación de persoas adultas para obtención do título de graduado en educación secundaria.

15.7.2014

310.133,69 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Deputación de Pontevedra para a concesión do Premio Otero Pedrayo.

18.7.2014

8.000,00 €

Convenio de cooperación sociocultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Silleda para a dotación de equipamento do Centro Cultural Vista Alegre de Bandeira.

18.7.2014

15.041 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Tui para o Bicentenario do Bispo Rosendo Salvado.

22.7.2014

6.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Parada do Sil para a realización de traballos de actuacións de limpeza, escavación e acondicionamento do xacemento arqueolóxico de San Víctor de Barxacova.

23.7.2014

10.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Valga para a realización de traballos de actuación arqueolóxica no xacemento do Mercado dos Mouros ou de Xaz.

28.7.2014

6.000,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao (Ourense) para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco Eduemprende.

30.7.2014

0,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre o Concello de Mugardos, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Regasificadora del Noroeste S.A., para a posta en valor dos restos arqueolóxicos do xacemento de Caldoval, en Mugardos.

21.8.2014

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Benteler Automotive Vigo, S.L para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

21.8.2014

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Marín para a posta a disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución dunhas plataformas na área arqueolóxica e a produción e a montaxe do programa Museográfico do Centro Arqueolóxico dos Petróglifos de Mogor.

22.8.2014

0,00 €

Addenda ao convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Organización Nacional de Cegos Españois para o establecemento de medidas encamiñadas á atención das persoas con discapacidade visual.

28.8.2014

196.353,64 €

Addenda ao acordo entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as organizacións patronais máis representativas do ensino concertado da Comunidade Autónoma de Galicia, para a xestión da información educativa e administrativa dos centros privados concertados a través do sistema de información e aplicacións informáticas relacionadas, denominado Xade.

29.8.2014

0,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Gonzalo Torrente Ballester para a realización do Proxecto Gonzalo Torrente Fotógrafo.

15.4.2014

10.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Especial Novacaixagalicia para a realización da XII Edición do Premio de Poesía Fundación Novacaixagalicia.

16.4.2014

10.000,00 €