Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 14 de outubro de 2014 Páx. 44179

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 4242/2014 e cinco máis, contra a Orde do 31 de marzo de 2014 da aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Burela (Lugo).

Nesta secretaría xeral recibiuse o escrito do presidente da sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación cos recursos contencioso-administrativos P.O. 4242/2014 interposto por Maderas Díaz, S.L.; Eladio Díaz Lestao; Sara Díaz Lestao; Elisa Lestao Fra; Amara Díaz Gómez; P.O. 4244/2014 interposto por Herminia Pernas Oroza; Eualdo Montes Rodríguez; Felicísima Fernández Castro; María del Carmen Teijeiro Castro; Eduardo Ramón Rodríguez Basanta; Ana María Mon García; Aurea Quiroga González; Francisco Javier González Necega; Enma López Leytón; Temis Lestao Fontán; Lourdes Picallo González; Ramón María Casariego Balseiro; María Isabel González Rodríguez; P.O. 4243/2014 interposto por Inés Oroza Pena; P.O. 4254/2014 interposto por José Hilario López Martínez; P.O. 4235/2014 interposto por María Sol Fraga Ladra e José Valle Vázquez; P.O. 4236/2014 interposto por Antonio Eliseo Maañón López e María Concepción López Fra; contra a Orde do 31 de marzo de 2014 de aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Burela (Lugo).

Para os efectos de cumplimentar o solicitado no citado escrito, faise constar que o expediente ya foi remitido por esta secretaría, á sección segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con data do 29 de setembro de 2014.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, emprazándoas para que poidan comparecer como demandados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2014

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas