Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 14 de outubro de 2014 Páx. 44209

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Betanzos (expediente IN407A 2014/67).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Domicilio social: San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

Denominación: CS e CT de 250 kVA.

Situación: nova EEI na avenida Fraga Iribarne, Betanzos, A Coruña.

Características técnicas: CS en caseta prefabricada de formigón compartida co CT proxectado, que inclúe 3 interrutores-seccionadores de 24 kV, 400 A en cabinas metálicas prefabricadas. CT en caseta prefabricada de formigón con transformador de 250 kVA, relación 15-20/0,42 kV, en baño de aceite. Aparellaxe de manobra, protección e medida en cabinas metálicas prefabricadas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte a publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 6 de outubro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña