Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 16 de outubro de 2014 Páx. 44436

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais en diversas categorías de licenciados/as sanitarios/as.

Por resolucións da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde do 4 de xuño de 2012 (DOG núm. 113, do 14 de xuño) e do 21 de setembro de 2012 (DOG núm. 186, do 28 de setembro), abríronse os prazos para a inscrición de aspirantes nas listas para a formalización de vinculacións temporais nas categorías de médico/a coordinador/a do 061, médico/a asistencial do 061 e odontólogo/a de atención primaria.

Nas ditas resolucións prevese unha xeración de listas coas persoas inscritas ata a data do 14 de xullo de 2012, nas categorías de médico/a coordinador/a do 061 e médico/a asistencial do 061 e ata o 16 de outubro de 2012, na categoría de odontólogo/a de atención primaria, que cumpran os requisitos determinados nas citadas resolucións.

Por resolucións do 13 de xuño de 2014 (DOG núm. 116, do 19 de xuño) e do 21 de abril de 2014 (DOG núm. 81, do 29 de abril), publicáronse os resultados provisionais de baremación dos/das aspirantes admitidos/as.

Rematado o prazo de impugnación contra as ditas resolucións e analizadas as reclamacións presentadas, este centro directivo, de conformidade coa base oitava e décima das respectivas resolucións de inicio do prazo de inscrición (DOG núm. 113, do 14 de xuño, e DOG núm. 186, do 28 de setembro),

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade nas categorías de médico/a coordinador/a do 061, médico/a asistencial do 061 e odontólogo/a de atención primaria.

Segundo. As listas co número de orde e puntuación definitiva obtidos polas persoas aspirantes admitidas nas categorías citadas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Cuarto. As listas entrarán en vigor con efectos do 20 de outubro de 2014. Resultarán de aplicación aos chamamentos que se efectúen a partir da dita data as normas de xestión contidas no pacto sobre selección de persoal estatutario temporal aprobado pola Resolución do 26 de abril de 2011 (DOG núm. 89, do 9 de maio).

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2014

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos