Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 21 de outubro de 2014 Páx. 44896

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 8 de outubro de 2014 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes na Axencia Turismo de Galicia.

A Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, ten por obxecto garantir e protexer, no que concirne ao tratamento dos datos persoais, as liberdades públicas e os dereitos fundamentais das persoas físicas, e especialmente da súa honra e intimidade persoal e familiar. A citada lei é de aplicación aos datos de carácter persoal rexistrados en soporte físico, que os faga susceptibles de tratamento, e a toda modalidade de uso posterior destes datos polos sectores público e privado.

O artigo 20.1 da dita lei dispón que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderá facerse por medio de disposición xeral publicada no Boletín Oficial del Estado ou diario oficial correspondente.

O Decreto 196/2012, do 27 de setembro, pola que se crea a Axencia de Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos, regula tanto as súas competencias e funcións como a súa organización e estrutura, e dispón que, desde a súa constitución, a Axencia Turismo de Galicia asumirá as competencias, subrogándose en todas as relacións xurídicas, bens, dereitos e obrigas derivados do exercicio das competencias do dito órgano, atribuídas ás seguintes entidades:

Entidades cuxos ficheiros son de titularidade pública:

• Secretaría Xeral para o Turismo e os servizos de turismo das xefaturas territoriais.

• Consorcio Instituto de Estudos Turísticos de Galicia.

Entidades cuxos ficheiros son de titularidade privada:

• Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A.

• S.A. Xestión do Plan Xacobeo, nas relacións xurídicas vinculadas ás funcións que agora son asumidas pola Axencia.

A titularidade dos ficheiros declarados modificouse tacitamente, considerando cumprido o requisito de dar publicidade da modificación mediante unha disposición de carácter xeral coa publicación do decreto de creación da Axencia Turismo de Galicia, segundo o cal esta se subrogaba en todas as relacións xurídicas, bens, obrigas e dereitos dos cales é titular a Secretaría Xeral de Turismo e as entidades antes mencionadas, pero neste momento faise a transición formal para cumprir con todas as expectativas de seguridade xurídica, así como no disposto na normativa de protección de datos, o que se materializa mediante a formalización expresa da nova atribución de responsabilidade, a derrogación formal do Acordo de 8 de xullo de 2009, do Consello de Dirección do Instituto de Estudos Turísticos de Galicia, polo que se crean os ficheiros de datos de carácter persoal desta entidade e a creación dos novos ficheiros e a reestruturación dos anteriormente existentes nas entidades e organismos referidos nos que se subroga a Axencia.

Con base nas consideracións anteriores, resulta necesario proceder á creación, mediante unha disposición de carácter xeral, de nove ficheiros de carácter público para a Axencia Turismo de Galicia, así como proceder á supresión ou reestruturación no caso da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo dos ficheiros públicos ou privados que teñen declarados as ditas entidades, cuxas funcións asume a Axencia.

No caso dos ficheiros privados declarados por aquelas, a súa supresión ou reestruturación farase segundo se prevé na normativa de protección de datos, sen que sexa preciso para iso unha disposición de carácter xeral.

Polo tanto, e en virtude das facultades que me confire o artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, modificada parcialmente pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

Mediante esta orde a Axencia Turismo de Galicia procede, respectivamente, á creación dos ficheiros de datos de carácter persoal que se relacionan no anexo I e á supresión dos ficheiros de datos de carácter persoal que se mencionan no anexo II.

Artigo 2. Contido

Nos anexos desta orde recóllese a información exixida para as disposicións de creación de ficheiros no artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e no artigo 54 do regulamento que a desenvolve, o Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro.

Artigo 3. Finalidade e uso dos ficheiros

Os datos de carácter persoal incluídos nos ficheiros regulados por esta orde só serán utilizados para os fins expresamente previstos e declarados no anexo I e polo persoal debidamente autorizado.

Artigo 4. Cesión de datos

Os datos só serán cedidos nos supostos expresamente previstos pola lei e os declarados no anexo I. No suposto de cesión de datos ás administracións públicas haberá que aterse ao disposto na normativa vixente respecto a esta materia.

Artigo 5. Órgano responsable dos ficheiros

A responsabilidade sobre os ficheiros creados por esta orde correspóndelle á Axencia Turismo de Galicia, ante a cal se exercerán os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos datos que constan nos ficheiros.

Artigo 6. Nivel de protección e medidas de seguridade

Os ficheiros creados por esta orde encóntranse clasificados atendendo ao disposto no artigo 80 e seguintes do Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro. No anexo I aparece a clasificación (nivel básico, medio ou alto) dos ficheiros creados baixo esta orde.

A persoa titular do órgano responsable destes ficheiros adoptará as medidas técnicas, de xestión e organización que sexan necesarias para asegurar a confidencialidade e integridade dos datos, así como as conducentes a facer efectivas as garantías, obrigas e dereitos recoñecidos na Lei orgánica 15/1999 e nas súas normas de desenvolvemento.

Artigo 7. Supresión de ficheiros

No anexo II desta orde relaciónanse aqueles ficheiros para os cales se solicitará a súa supresión ao Rexistro da Axencia Española de Protección de Datos. O titular do órgano responsable destes ficheiros establece no citado anexo o destino que se vai dar aos datos.

Disposición derrogatoria. Derrogación normativa

Queda derrogado o Acordo do 8 de xullo de 2009, do Consello de Dirección do Instituto de Estudos Turísticos de Galicia, polo que se crean os ficheiros de datos de carácter persoal desta entidade.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2014

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO I

Ficheiros de nova creación baixo a responsabilidade da Axencia Turismo de Galicia

Denominación do ficheiro

Relacións informativas coa cidadanía e entidades

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión das relacións informativas coa cidadanía e entidades.

Colectivos sobre os cales se pretenden obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns/ás e residentes e representantes de entidades que manteñen relacións informativas coa Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Procedemento de recollida de datos

Formularios en papel e electrónicos.

Procedencia dos datos

Do/da propio/a interesado/a ou de quen o/a represente legalmente.

Entidades privadas.

Estrutura básica do ficheiro

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, teléfono, sinatura electrónica, sinatura.

Sistema de tratamento

Mixto.

Comunicacións ou cesións de datos

Outros órganos ou entidades da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non se prevén.

Órgano responsable do ficheiro

Axencia Turismo de Galicia.

Servizos ou unidades ante os cales poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Axencia Turismo de Galicia.

Estrada Santiago de Compostela-Noia km 3, s/n.

15896 Santiago de Compostela.

Nivel do ficheiro

Básico.

Denominación do ficheiro

Relacións administrativas coa cidadanía e entidades

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión das relacións administrativas coa cidadanía, entre elas procedementos administrativos, rexistros, portelo electrónico 24×7, axudas, subvencións; e a xestión das relacións administrativas con entidades sen ánimo de lucro (asociacións, fundacións, universidades, etc.) que manteñan relación coa Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Colectivos sobre os cales se pretenden obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns/ás e residentes e representantes de entidades que manteñen relacións administrativas coa Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Procedemento de recollida de datos

Formularios en papel e electrónicos.

Procedencia dos datos

Do/da propio/a interesado/a ou de quen o/a represente legalmente.

Entidades privadas.

Estrutura básica do ficheiro

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, teléfono, enderezo, sinatura.

Datos de información comercial.

Datos económicos financeiros e de seguros.

Datos de circunstancias sociais.

Datos académicos e profesionais.

Datos de detalle de emprego.

Datos de transaccións.

Datos relativos á comisión de infraccións administrativas e penais.

Outro tipo de datos.

Sistema de tratamento

Mixto.

Comunicacións ou cesións de datos

Outros órganos ou entidades da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non se prevén.

Órgano responsable do ficheiro

Axencia Turismo de Galicia.

Servizos ou unidades ante os que poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Axencia Turismo de Galicia.

Estrada Santiago de Compostela-Noia km 3, s/n.

15896 Santiago de Compostela.

Nivel do ficheiro

Medio.

Denominación do ficheiro

Relacións económicas e comerciais coa cidadanía, terceiros e entidades

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión das relacións económicas que a Administración xeral e o sector público autonómico de Galicia manteña coa cidadanía, con entidades sen ánimo de lucro (asociacións, fundacións, universidades, etc.) e a xestión da contratación administrativa e facturación a terceiros que subministren bens ou servizos á Administración xeral e sector público autonómico de Galicia.

Colectivos sobre os cales se pretenden obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns/ás e residentes, representantes de entidades e terceiros que manteñen relacións económicas coa Administración xeral e o sector público autonómico de Galicia.

Procedemento de recollida de datos

Formularios en papel e electrónicos.

Procedencia dos datos

O/A propio/a interesado/a ou quen o/a represente legalmente.

Entidades privadas.

Estrutura básica do ficheiro

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, teléfono, sinatura electrónica, sinatura.

Sistema de tratamento

Mixto.

Comunicacións ou cesións de datos

Á Axencia Tributaria.

Ao Consello de Contas da Xunta de Galicia.

Ás caixas e aos bancos que teñen acordo coa Administración xeral e o sector público autonómico de Galicia para a execución dos pagamentos.

Transferencias internacionais de datos a terceiros países**

Non se prevén.

Órgano responsable do ficheiro

Axencia Turismo de Galicia.

Servizos ou unidades ante os cales poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Axencia Turismo de Galicia.

Estrada Santiago de Compostela-Noia km 3, s/n.

15896 Santiago de Compostela.

Nivel do ficheiro

Básico.

Denominación do ficheiro

Recursos humanos

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión do persoal da Axencia Turismo de Galicia: mantemento das relacións de postos de traballo, prazas e control dos permisos, ausencias do persoal, prevención de riscos laborais, indemnización por razón de servizo e xestión dos servizos ao persoal da Administración.

Colectivos sobre os cales se pretenden obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Persoal adscrito á Axencia Turismo de Galicia.

Procedemento de recollida de datos

Declaración e formularios en papel e electrónicos.

Procedencia dos datos

O/A propio/a interesado/a ou quen o/a represente legalmente.

Outros órganos da Comunidade Autónoma.

Estrutura básica do ficheiro

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nº de SS/mutualidade, nome e apelidos, enderezo, teléfono, nº de rexistro persoal.

Datos de características persoais: datos de estado civil, datos de familia, data de nacemento, sexo.

Datos académicos e profesionais: formación/titulación, centro de traballo, tipo de posto de traballo.

Datos de emprego e carreira administrativa: corpo/escala, categoría/grao, posto de traballo, datos non económicos de nómina, historial do/da traballador/a, compatibilidades.

Datos económico-financeiros e de seguros: datos bancarios, datos de axudas de acción social.

Datos de sancións administrativas.

Outros datos: datos de saúde necesarios para a xestión de nóminas.

Sistema de tratamento

Mixto.

Comunicacións ou cesións de datos

Á mutua concesionaria do servizo de vixilancia da saúde para o persoal da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Outros órganos ou entidades da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Outras administracións públicas.

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non se prevén.

Órgano responsable do ficheiro

Axencia Turismo de Galicia.

Servizos ou unidades ante os cales poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Axencia Turismo de Galicia.

Estrada Santiago de Compostela-Noia km 3, s/n.

15896 Santiago de Compostela.

Nivel do ficheiro

Medio.

Denominación do ficheiro

Actividades dirixidas á cidadanía

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión de todas as actividades dirixidas á cidadanía tales como: programas de lecer, actividades de voluntariado, desenvolvemento de actividades culturais, …

Colectivos sobre os cales se pretenden obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns/ás e residentes.

Procedemento de recollida de datos

Formularios en papel e electrónicos.

Procedencia dos datos

O/A propio/a interesado/a ou quen o/a represente legalmente.

Outras persoas físicas.

Fontes accesibles ao público: guías de servizos, diarios e boletíns oficiais e medios de comunicación.

Outras administracións públicas.

Outros: agrupacións de voluntarios, asociacións, …

Estrutura básica do ficheiro

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, teléfono, enderezo postal e electrónico, teléfono.

Datos de características persoais: sexo, idade, nacionalidade, data e lugar de nacemento, características físicas ou antropométricas.

Datos de circunstancias sociais: pertenza a asociacións.

Datos de detalle de emprego: corpo/escala, categoría, postos de traballo.

Datos académicos: formación, titulación, experiencia profesional.

Sistema de tratamento

Mixto.

Comunicacións ou cesións de datos

Outros órganos ou entidades da comunidade autónoma.

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non se prevén.

Órgano responsable do ficheiro

Axencia Turismo de Galicia.

Servizos ou unidades ante os cales poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Axencia Turismo de Galicia.

Estrada Santiago de Compostela-Noia km 3, s/n.

15896 Santiago de Compostela de Compostela.

Nivel do ficheiro

Básico.

Denominación do ficheiro

Rexistros

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión dos diferentes rexistros administrativos cuxo mantemento corresponde ás unidades da Axencia Turismo de Galicia.

Colectivos sobre os cales se pretenden obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns/ás e residentes, membros que integran as entidades ou organizacións que teñen obriga de publicidade rexistral.

Procedemento de recollida de datos

Formularios en papel e electrónicos.

Procedencia dos datos

Do/da propio/a interesado/a ou de quen o/a represente legalmente.

Outras administracións públicas.

Estrutura básica do ficheiro

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, teléfono, enderezo, sinatura.

Datos de características persoais.

Datos de información comercial.

Datos económicos, financeiros e de seguros.

Datos de circunstancias sociais.

Datos académicos e profesionais.

Datos de detalle de emprego.

Datos de transaccións.

Datos relativos á comisión de infraccións.

Outro tipo de datos.

Sistema de tratamento

Mixto.

Comunicacións ou cesións de datos

Outros órganos ou entidades da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Administración local de Galicia.

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non se prevén.

Órgano responsable do ficheiro

Axencia Turismo de Galicia.

Servizos ou unidades ante os cales poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Axencia Turismo de Galicia.

Estrada Santiago de Compostela-Noia km 3, s/n.

15896 Santiago de Compostela.

Nivel do ficheiro

Medio

Denominación do ficheiro

Seguridade e control de acceso

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Videovixilancia e xestión do control de acceso ás instalacións da Axencia Turismo de Galicia. Xestión do control de acceso lóxico aos sistemas de información desta Axencia.

Colectivos sobre os cales se pretenden obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Persoas (cidadáns/ás, terceiros e persoal que presta servizos á Administración) que acceden ás instalacións administrativas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Procedemento de recollida de datos

Formularios en papel e electrónicos e cámaras de vídeo vixilancia.

Procedencia dos datos

O/A propio/a interesado/a ou quen o/a represente legalmente.

Estrutura básica do ficheiro

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: NIF/DNI, nome e apelidos, nº de rexistro persoal, teléfono, imaxe, sinatura.

Outros datos identificativos: matrícula, datos de rexistro e rastrexo de accións realizadas, datos de permisos de accesos outorgados.

Sistema de tratamento

Mixto.

Comunicacións ou cesións de datos

Non están previstas.

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non están previstas.

Órgano responsable do ficheiro

Axencia Turismo de Galicia.

Servizos ou unidades ante os cales poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Axencia Turismo de Galicia.

Estrada Santiago de Compostela-Noia km 3, s/n.

15896 Santiago de Compostela.

Nivel do ficheiro

Básico.

Denominación do ficheiro

Xestión da actividade no Centro Superior de Hostalería de Galicia.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión de solicitudes de matriculación no Centro Superior de Hostalaría de Galicia e posterior xestión integral da vida académica do alumnado, incluída a xestión das prácticas e o posible aloxamento e comida no CSHG.

Colectivos sobre os cales se pretenden obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Estudantes.

Asociados/as ou membros.

Procedemento de recollida de datos

Formularios en papel e electrónicos.

Procedencia dos datos

O/A propio/a interesado/a ou quen o/a represente legalmente.

Outras persoas físicas.

Fontes accesibles ao público.

Entidade privada.

Estrutura básica do ficheiro

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos especialmente protexidos: saúde.

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nº de SS/mutualidad, nome e apelidos, enderezo, teléfono, imaxe/voz, correo electrónico, código alumno/a.

Datos de características persoais: datos de familia, data de nacemento, idade, sexo, nacionalidade.

Datos académicos e profesionais: formación/titulacións, historial do/da estudante, experiencia profesional.

Detalles do emprego: corpo/escala, categoría/grao, postos de traballo, historial do/da traballador/a.

Datos económicos, financeiros e de seguros: ingresos/rendas, datos bancarios.

Transaccións de bens e servizos.

Sistema de tratamento

Mixto.

Comunicacións ou cesións de datos

Auditoras.

Entidades aseguradoras.

Empresas de servizos hoteleiros e de restauración.

Medios de comunicación social.

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Internacional-prestadores de servizos.

Órgano responsable do ficheiro

Axencia Turismo de Galicia.

Servizos ou unidades ante os cales poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Axencia Turismo de Galicia.

Estrada Santiago de Compostela-Noia km 3, s/n.

15896 Santiago de Compostela.

Nivel do ficheiro

Alto.

Denominación do ficheiro

Proxectos: actuacións para o desenvolvemento do sector turístico de Galicia

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Execución de actuacións encamiñadas á elaboración de estudos, investigacións estatísticas e actividades formativas no campo do sector turístico.

Colectivos sobre os cales se pretenden obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Participantes e relatores/as en actividades formativas.

Procedemento de recollida de datos

Formularios en papel e electrónicos.

Procedencia dos datos

O/A propio/a interesado/a ou quen o/a represente legalmente.

Outras persoas distintas do/da afectado/a ou de quen o/a represente.

Estrutura básica do ficheiro

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, enderezo, teléfono, correo electrónico.

Datos académicos e profesionais: formación/titulacións, historial do/da estudante, experiencia profesional, pertenza a colexios ou asociacións profesionais.

Sistema de tratamento

Mixto.

Comunicacións ou cesións de datos

Non se prevén.

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non se prevén.

Órgano responsable do ficheiro

Axencia Turismo de Galicia.

Servizos ou unidades ante os cales poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Axencia Turismo de Galicia.

Estrada Santiago de Compostela-Noia km 3, s/n.

15896 Santiago de Compostela.

Nivel do ficheiro

Básico.

ANEXO II

Ficheiros baixo a responsabilidade do extinto Consorcio Instituto de Estudos Turísticos de Galicia que quedan suprimidos.

Denominación do ficheiro

Proxectos: actuacións para o desenvolvemento do sector turístico de Galicia

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Execución de actuacións encamiñadas á elaboración de estudos, investigacións estatísticas e actividades formativas no campo do sector turístico.

Colectivos sobre os cales se pretenden obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Participantes e relatores en actividades formativas do IETG.

Orde de creación/modificación do ficheiro

Acordo do 8 de xullo de 2009, do Consello de Dirección do Instituto de Estudios Turísticos de Galicia, polo que se crean os ficheiros de datos de carácter persoal desta entidade.

Motivo da supresión

Extinción da entidade por subrogación da Axencia Turismo de Galicia.

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro Proxectos: actuacións para o desenvolvemento do sector turístico de Galicia.

Denominación do ficheiro

Recursos humanos

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión do persoal, persoal colaborador externo e bolseiro. Elaboración de nóminas e cotizacións. Procesos de selección de persoal e prevención de riscos laborais.

Colectivos sobre os cales se pretenden obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Persoal, persoal colaborador externo e bolseiro do IETG.

Orde de creación/modificación do ficheiro

Acordo do 8 de xullo de 2009, do Consello de Dirección do Instituto de Estudos Turísticos de Galicia, polo que se crean os ficheiros de datos de carácter persoal desta entidade.

Motivo da supresión

Extinción da entidade por subrogación da Axencia Turismo de Galicia.

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro Recursos humanos.

Denominación do ficheiro

Xestión

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión administrativa e de axenda da entidade.

Colectivos sobre os cales se pretenden obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Provedores, contactos de correo electrónico e telefónico, representantes de entidades colaboradoras do IETG.

Orde de creación/modificación do ficheiro

Acordo do 8 de xullo de 2009, do Consello de Dirección do Instituto de Estudos Turísticos de Galicia, polo que se crean os ficheiros de datos de carácter persoal desta entidade.

Motivo da supresión

Extinción da entidade por subrogación da Axencia Turismo de Galicia.

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro Relacións económicas e comerciais coa cidadanía, terceiros e entidades.