Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 23 de outubro de 2014 Páx. 45237

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Mondariz (expediente IN407A 2014/167-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía, S.A.

Domicilio social: Virgen de la Luz, 3, baixo, 36860 Ponteareas.

Denominación: LMTS e CT Cabirtallo.

Situación: Mondariz.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo HZ de 70 metros de lonxitude, con orixe e final no apoio proxectado HA21-4500 unha vez que entre e saia do CT proxectado. Centro de transformación de 160 kVA, RT 20 kV/400 V, situado en Cabirtallo, Lougares, Mondariz.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 8 de setembro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra