Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 23 de outubro de 2014 Páx. 45210

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2014 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2014.

O artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

RESOLVO:

Primeiro. Darlle publicidade á relación dos convenios de colaboración subscritos pola Axencia Turismo de Galicia, nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2014, que se incorporan, como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2014

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO

Convenio

Importe achegado pola axencia €

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Baiona para a celebración da Festa da Arribada da Carabela Pinta 2014.

17.000 €

26.5.2014

Convenio tipo de colaboración entre o Instituto de Turismo de España e a Axencia Turismo de Galicia para a cesión e explotación conxunta dos datos do estudo demoscópico de demanda do 2013: segmentación do turismo internacional realizado por Turespaña.

Sen achega económica

5.5.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Vilagarcía de Arousa para a celebración das Festas de San Roque 2014.

15.000 €

8.5.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello da Coruña para a celebración da Festa das Fogueiras de San Xoán 2014.

15.000 €

8.5.2014

Convenio de colaboracion entre a entidade pública empresarial Red.es, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Axencia Turismo de Galicia para impulsar e consolidar o Camiño de Santiago como destino turístico intelixente.

80.000 €

11.6.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Lugo para a celebración das Festas de San Froilán 2014.

15.000 €

6.5.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e Fundación Festa da Istoria de Ribadavia para a celebración da Festa da Istoria 2014.

25.000 €

26.5.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Clube Praia de Pantín para a celebración da 27 edición do Circuíto Mundial da Asociación de Surf Profesional (ASP) que se celebrará do 26 ao 31 de agosto do ano 2014.

80.000 €

20.6.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Ortigueira para a celebración do Festival Internacional do Mundo Celta.

40.000 €

8.5.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación Clúster Empresarial de Turismo de Galicia (CTG) para a implementación, difusión e promoción da marca Q de calidade turística no sector turístico de Galicia.

200.000 €

13.5.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Fundación Feiras e Exposicións de Ourense (Expourense) para a celebración de actuacións que promovan o turismo de saúde na Feira Internacional de Turismo Termal Termatalia Argentina 2014 «máis calidade, máis benestar», cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, T.P. 5.57.4.

75.000 €

5.6.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello do Carballiño para a celebración da Festa do Pulpo 2014.

25.000 €

13.5.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello do Grove para a celebración da Festa do Marisco 2014.

15.000 €

16.5.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello da Estrada para a celebración da Rapa das Bestas de Sabucedo 2014.

40.000 €

21.5.2014

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia e a Mancomunidade de municipios da Mariña Lucense para a realización de actividades de promoción do turismo na Mariña Lucense, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007/2013,

T.P. 5.57.5.

85.032,50 €

8.5.2014

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia e a Mancomunidade de municipios da Ría de Arousa Zona Norte para a realización de actividades de promoción do turismo no destino Arousa Norte, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007/2013, T.P. 5.57.5.

75.000 €

8.5.2014

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia e a Mancomunidade do Salnés para a realización de actividades de promoción do turismo na comarca do Salnés, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007/2013, T.P. 5.57.5.

120.000 €

16.5.2014

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia e o Consorcio Turismo Ribeira Sacra para a realización de actividades de promoción e información do turismo na Ribeira Sacra, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007/2013,

T.P. 5.57.5.

110.000 €

13.5.2014

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia e a Mancomunidade de Concellos da comarca de Ferrol para a realización de actividades de promoción e información do turismo na comarca de Ferrolterra cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007/2013, T.P. 5.57.5.

70.000 €

8.5.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación Nove Grupo Gastronómico para a promoción da gastronomía de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013,

T.P. 5.57.4.

136.149,20 €

13.6.2014

2ª addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Fundación Catedral de Santiago para a execución da obra acondicionamento como sala de exposicións da sala de armas e anexos do Pazo Arcebispal de Xelmírez, en Santiago de Compostela.

Sen achega económica

27.5.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a entidade Información e Comunicación Local, S.A., Incolsa-Turismo de Santiago para a realización de actuacións e promoción turística.

300.000 €

27.6.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Universidade de Vigo para a realización de prácticas académicas externas curriculares dos estudantes do Máster en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde na área de Estudos e nas oficinas de turismo da Axencia Turismo de Galicia.

Sen achega económica

9.6.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas académicas externas curriculares dos estudantes do Máster Universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas na Área de estudos e nas oficinas de turismo da Axencia Turismo de Galicia.

Sen achega económica

11.6.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Fundación Catedral de Santiago para a execución da obra de iluminación da capela maior da Catedral de Santiago de Compostela.

119.965.60 €

20.6.2014

Convenio de colaboración plurianual entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación Clúster Empresarial de Turismo de Galicia (CTG) para o impulso do asociacionismo no sector turístico de Galicia.

410.000 €

25.08.2014

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas académicas externas curriculares dos estudantes do Máster Universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas na Área de Estudos e nas oficinas de turismo da Axencia Turismo de Galicia.

Sen achega económica

31.7.2014