Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 3 de novembro de 2014 Páx. 46252

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2014 pola que se fai pública a renuncia, por razóns de interese público, á contratación da obra de construción dunha miniresidencia con dependencias destinadas á promoción da autonomía persoal no concello de Vilardevós, cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 6, tema prioritario 79 (expediente CGSIB/OBR/002/14).

missing image file

Mediante a Resolución da Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar do 7 de outubro de 2014, acordouse a renuncia, por razóns de interese público, a continuar co procedemento de contratación relativo á obra de construción dunha miniresidencia con dependencias destinadas á promoción da autonomía persoal no concello de Vilardevós, aprobado mediante a Resolución do 24 de xullo de 2014 publicada no DOG nº 147, do 5 de agosto.

Contra esta resolución poderá interpor recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da comunicación desta resolución, conforme o artigo 46.1 da Lei 28/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de poder exercer o recurso potestativo de reposición no prazo dun mes segundo o disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2014

Roberto Rodríguez Martínez
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar