Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 13 de novembro de 2014 Páx. 47253

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 3 de novembro de 2014, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisionais en varias especialidades abertas polo Anuncio do 19 de setembro de 2014 (Diario Oficial de Galicia do 3 de outubro).

Finalizado o prazo para presentar a solicitude e realizada a baremación dos méritos das especialidades de Informática (590107), Organización e Procedementos de Mantemento de Vehículos (590111), Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica (590112), Procesos e Produtos de Téxtil, Confección e Pel (590120), do corpo de profesores de ensino secundario, Sistemas e Aplicacións Informáticas (591227), do corpo de profesores técnicos de formación profesional, e Chinés (592004), do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, procede a publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisionais, na páxina web desta consellería.

En consecuencia, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas na páxina web desta consellería (http://www.edu.xunta.es) as puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisional do baremo para prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia nas especialidades de Informática (590107), Organización e Procedementos de Mantemento de Vehículos (590111), Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica (590112), Procesos e Produtos de Téxtil, Confección e Pel (590120) , do corpo de profesores de ensino secundario, Sistemas e Aplicacións Informáticas (591227), do corpo de profesores técnicos de formación profesional, e Chinés (592004), do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas.

Segundo. Contra estas puntuacións provisionais e relación de excluídos provisionais poderá interpoñerse reclamación no prazo de dez días naturais, a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2014

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos