Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 18 de novembro de 2014 Páx. 47848

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 3 de novembro de 2014 pola que se notifica orde de retirada da embarcación Sangre Azul atracada sen autorización no porto de Combarro.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e exposición no taboleiro de edictos do concello de Poio, á mercantil Mariscos Patomar, S.L. orde de retirada da embarcación Sangre Azul con matrícula 4ª-VI-2-1-09 do peirao do porto de Combarro, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no último enderezo coñecido sito na avenida Chancelas, 17, de Combarro, Poio, provincia de Pontevedra.

De acordo co expediente que traslada a Xefatura da Zona Sur de Portos de Galicia, que intentou notificar dúas ordes de retirada, a embarcación atracada no peirao do porto de Combarro leva moitos meses sen actividade ocupando un espazo que resulta necesario para outras embarcacións.

A presente orde emítea a Dirección de Portos de Galicia ao abeiro das competencias conferidas polo artigo 9.3.a) da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación de Portos de Galicia.

A retirada da embarcación deberá producirse nun prazo máximo de 15 días contados desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia e exposición no taboleiro de edictos do concello de Poio.

O atraso no cumprimento da orde de retirada implicará que Portos de Galicia comece a liquidar as tarifas X-1 –entrada e estadía de barcos, e X-2 - Atracada– conforme o establecido, respectivamente, nas regras décimo quinta e décimo primeira de aplicación a estas tarifas recollidas na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, e todo iso sen prexuízo de reservar para si a potestade de efectuar a dita retirada de maneira subsidiaria e á custa do propietario da embarcación, e igualmente de iniciarse o procedemento para declarar o abandono da embarcación previsto no artigo 302 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, que aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, de aplicación supletoria, de persistir a situación actual.

O presente acto administrativo que ten eficacia executiva, non esgota a vía administrativa e é susceptible de recurso de alzada, que deberá presentarse ante a Presidencia de Portos de Galicia nun prazo máximo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ou ao da súa exposición no taboleiro de edictos do concello de Poio.

E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2014

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia