Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 21 de novembro de 2014 Páx. 48261

III. Outras disposicións

Parlamento de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2014 pola que se anuncia a convocatoria para a concesión de diversas bolsas para a formación práctica no Parlamento de Galicia.

A Mesa do Parlamento de Galicia, na súa reunión do 18 de novembro de 2014, acordou aprobar as bases das convocatorias para a concesión das seguintes bolsas, relacionadas todas coa actividade da institución:

a) 4 bolsas de formación en arquivo, biblioteca e documentación.

b) 1 bolsa de formación en comunicación institucional.

c) 2 bolsas de formación en publicacións.

d) 1 bolsa de formación en informática.

As bases están dispoñibles no BOPG núm. 375, do 19 de novembro de 2014, e na páxina web do Parlamento de Galicia (www.parlamentodegalicia.es).

As solicitudes poderán presentarse no prazo de quince (15) días naturais desde o seguinte ao desta publicación.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2014

Pilar Rojo Noguera
Presidenta do Parlamento de Galicia