Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 12 de decembro de 2014 Páx. 51015

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello do Grove (expediente IN407A 2014/214-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS CT Quinteiro-San Vicente do Mar.

Situación: O Grove.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor tipo LA-110 de 138 metros de lonxitude, con orixe na LMTA do CT Espiño, 36AAU9, e final no apoio C-4500/18 proxectado. LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ de 1.280 metros de lonxitude, con orixe no novo CT Quinteiro e final no CT San Vicente do Mar. Centro de transformación (Quinteiro) de 630 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado na zona da rúa A Barrosa, O Grove.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 19 de novembro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra