Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 23 de decembro de 2014 Páx. 52280

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 12 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para o financiamento de accións de cooperación para o desenvolvemento de novos produtos, procesos e tecnoloxías no ámbito agroalimentario, agrícola e forestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2015.

A Consellería do Medio Rural e do Mar é o órgano da Administración galega ao cal lle corresponde propor e executar as directrices xerais no ámbito rural, englobando as competencias en materia de agricultura, gandaría, desenvolvemento rural e ordenación comarcal, estruturas rurais, industrias agroalimentarias e forestais, montes, prevención e defensa dos incendios forestais.

No ámbito do sector agrícola, gandeiro, forestal e agroalimentario teñen unha importante relevancia na procura do desenvolvemento rural as accións de programación, coordinación e impulso da innovación e investigación e da innovación tecnolóxica, así como as accións de formación, información e transferencia tecnolóxica ao sector, e a adopción dos resultados da investigación agroforestal e agroalimentaria.

Nun contexto dunha crecente competencia, é importante velar para que estes sectores poidan aproveitar oportunidades de mercado mediante enfoques amplos e innovadores na creación de novos produtos, procesos e tecnoloxías. Con este fin debe fomentarse a cooperación entre os agricultores e a industria de transformación dos alimentos e as materias primas e demais interesados.

Por outra banda, o Consello da Xunta de Galicia, nas súas reunións do 24 de setembro e do 22 de outubro de 2009, aprobou o programa Impulsa Lugo e o programa Impulsa Ourense, respectivamente, nos cales se establecen, entre outras, as mediadas transitorias de apoio aos investimentos. Dada a situación económica actual, en que as provincias de Lugo e Ourense se viron afectadas con especial incidencia pola desaceleración no desenvolvemento das empresas e proxectos de investimento existentes, considérase fundamental que a Consellería do Medio Rural e do Mar a través das súas liñas de axuda prime dalgún modo as iniciativas investidoras implantadas nestas áreas xeográficas coa finalidade de estimular o seu desenvolvemento económico e social e favorecer o reequilibrio territorial.

Por iso, establécese na presente orde como criterio de prioridade o feito de que as actuacións se desenvolvan en concellos de zonas de montaña ou zonas desfavorecidas de acordo coas definicións recollidas no Regulamento (CE) 1257/1999, ao estaren incorporados a estas case que a totalidade dos concellos destas dúas provincias.

Por todo o exposto, a Consellería do Medio Rural e do Mar establece axudas para accións de cooperación para o desenvolvemento de novos produtos, procesos e tecnoloxías no ámbito agroalimentario, agrícola e forestal, cofinanciadas co Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2007-2013. Estas axudas convocáronse amparadas no Regulamento (CE) nº 1698/2005, relativo ás axudas ao desenvolvemento rural a través do Feader, así como na normativa comunitaria sobre axudas de estado, e enmárcanse dentro do PDR de Galicia 2007-2013, eixe 1, co código 124.

O artigo 1, 1.1, da Orde do 11 de febreiro de 1998 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro) sobre a tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada pola Orde do 27 de novembro de 2000 (DOG núm. 231, do 29 de novembro) e pola Orde do 25 de outubro de 2001 (DOG núm. 209, do 29 de outubro), establece que os expedientes de gasto relativos a subvencións poderán iniciarse sempre que as necesidades que se teñan que satisfacer poidan ser razoablemente previstas anticipadamente no exercicio inmediatamente anterior ao dos orzamentos con cargo aos cales se vaian imputar os correspondentes gastos, aínda cando a súa execución se realice nunha ou en varias anualidades; no primeiro caso, sempre que exista crédito adecuado e suficiente no proxecto dos orzamentos xerais da comunidade autónoma aprobado polo Consello da Xunta de Galicia que corresponda ao exercicio orzamentario en que se vaia materializar a contraprestación, e no segundo, sempre que exista crédito para a primeira anualidade e que se cumpran os requisitos do artigo 58 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Ademais, o artigo 3, 3.3, estende expresamente esta posibilidade de tramitación anticipada aos expedientes relativos ás bases reguladoras ou convocatorias de axudas derivadas da aplicación de regulamentos comunitarios con financiamento procedente de fondos europeos, sempre que exista regulación das axudas da Unión Europea ou de ámbito estatal ditada en desenvolvemento ou transposición dela e existan compromisos de financiamento destinados á aplicación das correspondentes medidas.

En consecuencia, e de acordo co disposto no artigo 30.1º.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das competencias que me confire a Lei 9/2007, do 13 xuño, de subvencións de Galicia, e demais normativa de aplicación,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das subvencións para a realización de accións de cooperación para o desenvolvemento de novos produtos, procesos e tecnoloxías nos sectores agroalimentario e forestal e convocar estas axudas, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, para o ano 2015.

2. Por novo produto enténdese a obtención dun ben anteriormente inexistente; o novo proceso implica a obtención dun novo uso transformado para unha materia prima preexistente e por nova tecnolóxica, a mellora da eficiencia dun proceso produtivo.

Artigo 2. Beneficiarios das axudas e outros axentes cooperantes

1. Poderán acceder á condición de beneficiario das subvencións obxecto da presente orde:

a) Organizacións ou entidades relacionadas coa produción primaria en agricultura e/ou silvicultura.

b) Empresas ou industrias transformadoras do sector agrario, alimentario e forestal ou da área de enerxías renovables de orixe agrícola e forestal.

2. Na realización da actividade subvencionada poderán participar ademais dos beneficiarios regulados no punto 1 os axentes cooperantes, podendo adquirir tal condición as seguintes entidades:

a) Produtores do sector agroforestal e as súas asociacións e outras organizacións ou entidades relacionadas coa produción primaria.

b) Centros de investigación e experimentación da Consellería do Medio Rural e do Mar e centros tecnolóxicos participados por ela, así como outros centros públicos de investigación da comunidade autónoma.

O orzamento das actividades de ningún dos axentes cooperantes poderá ser inferior ao 10 % do orzamento total da proposta de cooperación.

3. Segundo a nova redacción do artigo 29 do Regulamento 1698/2005, do 20 de setembro de 2005, dada polo Regulamento 74/2009, do 19 de xaneiro de 2009, na acción de cooperación deberán intervir como mínimo dous actores e, cando menos, un deles deberá ser un produtor primario ou pertencer á industria da transformación a que se fai referencia no número 1 deste artigo, outro deberá ser un dos axentes cooperantes a que se fai referencia no número 2 deste artigo.

Artigo 3. Actividades subvencionables

1. Poderán ser obxecto de subvención as seguintes iniciativas de cooperación:

a) Iniciativas de cooperación que ofrezan saídas alternativas ou incrementen o valor engadido dos produtos agrarios e os seus transformados.

b) Iniciativas de cooperación que introduzan melloras ambientais en procesos e tecnoloxías de produción e transformación agroalimentaria.

c) Iniciativas de cooperación que permitan o desenvolvemento de fontes renovables de enerxía de orixe agraria e forestal en Galicia.

d) Proxectos piloto enmarcados nalgunha das iniciativas de cooperación enumeradas nos puntos 1.a), 1.b) e 1.c) deste artigo.

2. A solicitude de axuda para a realización das accións de cooperación será presentada necesariamente por algunha das entidades a que se fai referencia no número 1 do artigo 2 desta orde, que asumirá a coordinación do proxecto. A proposta deberá incluír, como mínimo, a participación dun centro de investigación dos enumerados no punto 2.b) do devandito artigo, como axente cooperante.

3. A duración da iniciativa de cooperación terá como data de remate o 30 de setembro de 2015.

Artigo 4. Contía das axudas

A contía máxima subvencionada en cada iniciativa de cooperación será de 200.000 euros. A dita subvención pode chegar a cubrir o custo total da actividade. A contía individualizada de cada iniciativa de cooperación determinarase en función dos seguintes condicionantes:

a) O orzamento realmente susceptible de axuda, con base no sinalado no artigo 8 desta orde.

b) A puntuación total obtida aplicando os criterios do número 1 do artigo 13.

c) O orzamento total dispoñible para a anualidade 2015.

Artigo 5. Financiamento das axudas

1. O financiamento das iniciativas de cooperación seleccionadas ao abeiro desta convocatoria imputarase á aplicación orzamentaria 12.20.561A.770.0, por un valor total de 910.000,00 euros.

2. A concesión de subvencións imputadas ao exercicio correspondente ao ano 2015 está condicionada á existencia de dotación económica suficiente en cada momento.

3. Poderanse utilizar outros remanentes que puidesen existir na mesma aplicación dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia. A dita aplicación orzamentaria poderá ser incrementada con fondos adicionais comunitarios, estatais e da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. As axudas están financiadas con fondos Feader nun 75 %, con fondos propios da Xunta de Galicia nun 12,87 % e con fondos do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente nun 12,13 %.

Artigo 6. Aplicación da normativa comunitaria sobre axudas públicas

De acordo co establecido no artigo 57.2 e no punto 9.B do anexo II do Regulamento (CE) nº 1974/2006, as axudas a proxectos relativos a operacións non reguladas polo artigo 36 do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, é dicir, aquelas nas cales o produto final non estea incluído no anexo I do Tratado, concederanse ao abeiro do Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo a aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE 24.12.2013, L352/1). Neste caso, o importe total das axudas de minimis que poderán recibir as entidades solicitantes non superará o importe de 200.000 € nun período de tres anos. Para comprobar o cumprimento deste requisito, os solicitantes incluídos neste suposto deberán presentar unha declaración sobre as axudas de minimis percibidas nos tres últimos anos fiscais no momento de presentar a solicitude e cando se solicite o pagamento da axuda, tal e como se indica nos artigos 10 e 18, respectivamente, da presente orde.

Artigo 7. Compatibilidade das axudas

As axudas reguladas por esta orde serán compatibles con calquera outra axuda que, co mesmo fin, concedan outras administracións públicas, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, sen prexuízo do establecido, en relación coa concorrencia doutras axudas, no artigo 3 do Regulamento (UE) nº 1407/2013 para as axudas amparadas no réxime de minimis e, en relación coa incompatibilidade desta axuda con calquera outra cofinanciada con fondos europeos, no artigo 70.7 do Regulamento (CE) nº 1698/2005, sen que en ningún caso o importe das axudas acumuladas poida superar o custo total do proxecto.

Artigo 8. Gastos subvencionables

De acordo co artigo 20 do Regulamento (CE) nº 1974/2006, os custos da cooperación para o desenvolvemento de novos produtos, procesos e tecnoloxías no sector agrícola, alimentario e no sector forestal a que fai referencia o artigo 29, número 2, do Regulamento (CE) nº 1698/2005 corresponderán a actividades preparatorias, incluído o deseño, o desenvolvemento e ensaio de produtos, procesos e tecnoloxías e os investimentos materiais e inmateriais relacionados coa cooperación antes da aplicación dos novos produtos, procesos e tecnoloxías desenvolvidas con propósitos comerciais por parte dos beneficiarios.

As axudas previstas nesta orde destinaranse a cubrir os gastos que estean directamente relacionados co orzamento do proxecto para o que se concederon, e poderán aplicarse aos conceptos que a continuación se detallan. Os ditos conceptos, a excepción do que se refire ás colaboracións externas, non teñen a consideración de subcontratación.

1. Custos directos:

a) Custo de persoal. Os gastos debidos á imputación de custos de persoal propio das entidades privadas solicitantes non poderán superar o 25 % do custo total da iniciativa de cooperación menos o custo das actividades realizadas polos demais axentes cooperantes na dita iniciativa. Os centros públicos de investigación ou tecnolóxicos non poderán imputar custos de persoal propio. O persoal temporal contratado con cargo ao proxecto poderán ser persoas coa titulación de doutor, titulación universitaria ou técnica de grao medio ou superior, así como outro persoal de apoio non vinculado estatutaria ou contractualmente cos organismos de investigación ou coas entidades solicitantes. Estes contratos son incompatibles coa percepción de calquera outra remuneración. O dito persoal incorporarase baixo calquera modalidade de contratación temporal acorde coa normativa laboral vixente e coa da entidade solicitante, e sen que iso implique compromiso ningún en canto á súa posterior incorporación ao organismo ou entidade.

b) Custo de execución. Serán subvencionables os gastos debidamente xustificados encadrados nas seguintes categorías:

1º. Material inventariable: adquisición de equipamentos e instrumental precisos para a realización do proxecto, na medida e durante o período en que se dediquen ao proxecto en cuestión, e que estean debidamente xustificados. Se o material inventariable se vai poder utilizar despois do remate do proxecto, só se considerarán subvencionables os custos de amortización que correspondna á duración do proxecto, calculados mediante o método lineal e considerando un nulo valor residual do referido material.

2º. Adecuación ou mellora de infraestruturas e equipamento.

3º. Servizos tecnolóxicos externos necesarios para o desenvolvemento do proxecto, debidamente xustificados. Entenderase por servizos tecnolóxicos aquelas actividades, diferentes á acción de cooperación proposta que deban ser puntualmente prestadas por outra entidade para que o proxecto poida ser desenvolvido, tales como análises e ensaios de laboratorio, enxeñaría para a montaxe e operación, estudos e actividades complementarias e consultorías externas. Non se admitirán servizos tecnolóxicos externos realizados por empresas ou sociedades pertencentes ao mesmo grupo empresarial que a solicitante. As actividades que van desenvolver cada un dos axentes cooperantes na iniciativa de cooperación non se considerará como un servizo tecnolóxico externo. Se a actividade que se vai realizar forma parte da propia investigación deberá ser considerada como colaboración externa, e non como servizo tecnolóxico externo (ver número 2).

4º. Material funxible: adquisición de materiais funxibles ou compoñentes precisos para a execución do proxecto, debidamente xustificados.

5º. Viaxes e axudas de custo relacionadas coa execución do proxecto, debidamente xustificadas, nas contías establecidas pola normativa vixente que regula as indemnizacións por razón de servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia (Decreto 144/2001, do 7 de xuño, e Resolución do 29 de decembro de 2005 da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, ou normativa que a substitúa).

2. Colaboracións externas cos axentes cooperantes indicados no número 2 do artigo 2 desta orde. O custo da colaboración poderá incluír calquera dos conceptos sinalados no número 1 deste mesmo artigo, no caso de colaboracións con centros públicos de investigación e centros tecnolóxicos o custo da colaboración poderá incrementarse ata un 10 % en concepto de gastos indirectos. Estes gastos indirectos dos centros públicos de investigación e centros tecnolóxicos só resultarían admisibles se responden a custos reais imputables á realización do proxecto e contan co debido soporte documental (facturas de documentos contables de valor probatorio equivalente e xustificantes do pagamento), e deben ir acompañados dun informe técnico motivado que explique o método de imputación dos ditos custos. A documentación acreditativa do gasto e pagamento será igualmente exixible aos gastos de persoal, respecto dos cales, ademais da certificación e dos partes de traballo, deberá xuntarse ao expediente a documentación correspondente (nóminas, xustificante de pagamento das retribucións, dos gastos da SS, da retención do IRPF, etc.).

Non se admitirán colaboracións externas realizadas por empresas ou sociedades pertencentes ao mesmo grupo empresarial que a solicitante.

3. Non será subvencionable ningún gasto correspondente a actuacións ou actividades anteriores á data de publicación da orde no DOG.

4. O IVE só será subvencionable no caso de que sexa real e definitivamente soportado polo beneficiario e, por tanto, non recuperable, agás no caso de que o beneficiario sexa un organismo de dereito público, xa que neste caso non será subvencionable a través da axuda Feader.

Artigo 9. Requisitos dos solicitantes

1. As entidades solicitantes na acción de cooperación deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Realizar a actividade obxecto da axuda no ámbito territorial de Galicia.

b) Estar ao día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

c) Posuír personalidade xurídica propia e suficiente capacidade de obrar e non estar inhabilitada para a obtención pública ou para contratar co Estado, coas comunidades autónomas ou outros entes públicos.

d) Non incorrer nalgunha das circunstancias relacionadas no artigo 10.2 da Lei 9/2007 do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Os consellos reguladores das denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario que aínda non teñan acadada personalidade xurídica de seu, por non ter adaptados os seus regulamentos ao establecido na Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega, poderán solicitar as axudas reguladas pola presente orde sempre que cumpran co recollido no número 3 do artigo 8 da Lei 9/2007 do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 10. Presentación das solicitudes

1. As solicitudes estarán dirixidas á Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes e presentaraas a entidade solicitante, que debe cumprir o disposto no apartado 1 do artigo 2 e no artigo 9 da presente orde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo entenderase que o prazo expira o último día do mes.

2. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

Artigo 11. Documentación complementaria

1. Á solicitude xuntarase a seguinte documentación, non sendo admitidas aquelas solicitudes en que se aprecie ausencia desta información, e nestes casos emitirase resolución de inadmisión:

a) Documentación acreditativa da representatividade suficiente para asinar a solicitude.

b) Solicitude da axuda cos datos de identificación do proxecto e das entidades participantes (anexo I desta orde).

c) Declaración en que se fagan constar as axudas obtidas pola entidade solicitante, as que estean en fase de solicitude e as que se teña previsto solicitar de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional, en relación co proxecto e, en particular, para garantir que non existe dobre financiamento para as operacións incluídas nos réximes de axudas enumerados no anexo I do Regulamento (CE) nº 1974/2006 (anexo I desta orde).

d) No caso de solicitar axuda para a realización de proxectos relativos a operacións non reguladas polo artigo 36 do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, é dicir, aquelas nas cales o produto final non estea incluído no anexo I do dito tratado (ver anexo II da presente orde) deberase presentar unha declaración sobre as axudas de minimis percibidas nos tres últimos anos fiscais por parte da entidade solicitante (anexo I desta orde).

e) Cando se trate dun empresario individual deberá achegar a copia compulsada do DNI, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas de acordo co disposto no artigo 2 do Decreto 255/2008 polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización de medios electrónicos. Se se trata dunha persoa xurídica deberá achegar a copia do NIF.

f) Declaración do responsable de non estar incurso en ningunha das prohibicións para a obtención da condición de beneficiario de subvencións previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (anexo I desta orde).

g) Memoria científico-técnica única para todas as actividades dos axentes participantes na acción de cooperación (anexo III desta orde), en que conste:

1º. Relación do persoal participante no proxecto, coas sinaturas dos participantes.

2º. Un resumo do proxecto.

3º. Unha introdución en que se presente a situación actual do tema en que se vai traballar na iniciativa de cooperación e a xustificación da execución da acción e o proxecto que se propón.

4º. Obxectivos do proxecto.

5º. Metodoloxía usada no proxecto.

6º. Plan de traballo en que se inclúa as actividades que van realizar cada unha das partes que colaboran e o seu desenvolvemento temporal, cronograma que cómpre desenvolver no tempo de execución do proxecto onde se establecerán os obxectivos finais a conseguir e plan de divulgación de resultados.

7º. Referencias bibliográficas utilizadas na redacción do proxecto.

8º. Beneficios que poidan derivar do proxecto, desde o punto de vista da súa repercusión económica, social e tecnolóxica.

9º. Orzamentos do custo total do proxecto e o correspondente a cada un dos axentes que colaboran neste, especificando a contía subvencionable de cada parte, con detalle dos diferentes conceptos de gasto especificados no artigo 8 desta orde. No caso de incluír no orzamento material inventariable ou prestación de servizos tecnolóxicos por empresas de consultoría ou asistencia técnica, o sistema que se empregará para a moderación dos custos propostos polas entidades na solicitude da axuda será a comparación de ofertas diferentes. Para tal fin, os solicitantes das axudas deberán achegar coa solicitude tres ofertas de diferentes provedores, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten. Cando a elección non recaia na proposta económica máis vantaxosa, os solicitantes achegarán unha memoria xustificativa.

h) Curriculum vitae de todos os membros do centro de investigación ou centro tecnolóxico participantes na acción de cooperación.

O documento correspondente ao curriculum vitae do persoal do centro público de investigación ou centro tecnolóxico poderá ser cuberto en formato normalizado da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.es/), da Consellería de Economía e Industria, ou en formato similar que conteña as epígrafes do documento normalizado.

i) Copia do contrato, convenio, acordo de colaboración ou carta de intencións asinados polos representantes legais dos participantes na acción de colaboración. No caso daqueles solicitantes que resulten beneficiarios das axudas, se o que xuntaron á solicitude foi unha carta de intencións, coa aceptación da axuda deberán remitir o contrato, convenio ou acordo de colaboración asinados polos representantes legais das partes.

k) Copia dos estatutos fundacionais da entidade solicitante en que apareza recollido o seu obxecto social.

l) Plan de divulgación de resultados. Os beneficiarios comprometeranse á divulgación dos resultados, polo menos a través da internet, dos proxectos piloto e/ou desenvolvemento de novos produtos, procesos e tecnoloxías, respectando a súa confidencialidade para salvagardar os intereses dos participantes.

2. No suposto de que a solicitude non cumpra os requisitos sinalados na convocatoria, ou a documentación presentada conteña erros ou sexa insuficiente, requirirase o solicitante para que no prazo de dez días hábiles proceda a corrixir as deficiencias detectadas mediante a presentación da solicitude requirida. Se non o fixer, considerarase que desiste da súa solicitude, logo da resolución nos termos establecidos no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 12. Órgano responsable da tramitación

O órgano responsable da instrución dos expedientes das axudas recollidas nesta orde será o Servizo de Transferencia Tecnolóxica, Estatísticas e Publicacións.

Artigo 13. Tramitación

1. Para a avaliación das solicitudes presentadas teranse en conta os seguintes criterios de puntuación:

a) Axentes cooperantes e obxecto da acción (valoración máxima 72 puntos):

1º. Proxectos de cooperación que se desenvolvan en colaboración coa rede de centros públicos de investigación e centros tecnolóxicos da Consellería do Medio Rural e do Mar, en función da porcentaxe que supoña o custo das actividades desenvolvidas por estes centros sobre o custo total da iniciativa de cooperación.

1º.1. Porcentaxe do 10 % (1 punto).

1º.2. Porcentaxe entre 10 % e 11 % (4 puntos).

1º.3. Porcentaxe entre 11 % e 12 % (6 puntos).

1º.4. Porcentaxe entre 12 % e 13 % (8 puntos).

1º.5. Porcentaxe entre 13 % e 14 % (10 puntos).

1º.6. Porcentaxe entre 14 % e 15 % (14 puntos).

1º.7. Porcentaxe superior ao 15 % (20 puntos).

2º. Proxectos en que participen directamente consellos reguladores (7 puntos).

3º. Proxectos en que participen directamente cooperativas (2 puntos por cooperativa participante ata un máximo de 6 puntos).

4º. Proxectos en que participen varios centros públicos de investigación e centros tecnolóxicos da Consellería do Medio Rural e do Mar (4 puntos por centro ata un máximo de 12 puntos).

5º. Proxectos en que participan directamente industrias e produtores primarios (8 puntos).

6º. Proxectos que impliquen a mobilización e utilización directa de terras (11 puntos).

7º. Proxectos que promovan directamente a conservación e melloras ambientais (4 puntos).

8º. Proxectos correspondentes á área da produción de enerxías renovables de orixe agroforestal (4 puntos).

b) Calidade técnica da proposta e grao de innovación (valoración máxima 160 puntos):

1º. Calidade técnica dos membros do centro de investigación ou centro tecnolóxico participantes na acción de cooperación (ata 90 puntos):

1.1. Por membro con titulación de doutor (2 puntos ata un máximo de 20 puntos).

1.2. Por membro con titulación de máster (1 punto ata un máximo de 15 puntos).

1.3. Por membro en formación (1 punto por membro ata un máximo de 5 puntos).

1.4. Por participación en proxectos I+D+i (1 punto por membro e proxecto ata un máximo de 20 puntos).

1.5. Por experiencia nos temas a tratar (2 puntos por proxecto de temática similar ata un máximo de 20 puntos).

1.6. Publicacións en revista incluída en JCR ou WOK (1 punto por publicación de cada membro ata un máximo de 10 puntos).

2º. Calidade técnica dos membros da entidade solicitante participantes na acción de cooperación (ata 70 puntos):

2.1. Por membro con titulación universitaria relacionada co proxecto (1 punto ata un máximo de 20 puntos).

2.2. Por participación en proxectos de I+D+i (1 punto por membro e proxecto ata un máximo de 20 puntos).

2.3. Por participación en accións de transferencia tecnolóxica (1 punto por acción e membro ata un máximo de 10 puntos).

2.4. Por experiencia na temática a tratar no proxecto (2 puntos por proxecto e membro en temáticas similares ata un máximo de 20 puntos).

c) Impacto previsto da acción de cooperación (valoración máxima 90 puntos):

1º. Conservación e mellora do ambiente (10 puntos).

2º. Revalorización dos produtos agrarios, forestais e agroalimentarios (15 puntos).

3º. Redución do consumo e da dependencia enerxética (10 puntos).

4º. Redución dos custos de produción (15 puntos).

5º. Impacto do proxecto na produtividade e sustentabilidade (20 puntos).

6º. Solicitude presentada por unha entidade que teña a súa sede social nun dos concellos das zonas de montaña ou zonas desfavorecidas, segundo as definicións recollidas no Regulamento (CE) 1257/1999 (20 puntos).

A puntuación total de cada unha das solicitudes presentadas será a suma das diversas puntuacións obtidas neste punto.

2. A avaliación das solicitudes e determinación da contía da axuda será realizada por unha comisión. Para avaliar as solicitudes, a comisión aplicará os criterios anteriormente expostos no punto 1 deste artigo. Para determinar a contía da axuda a cada beneficiario, a comisión aplicará a metodoloxía que se recolle no artigo 4 desta orde. A dita comisión actuará como un órgano colexiado constituído polos seguintes membros:

a) Presidenta: a subdirectora xeral de Formación e Innovación Agroforestal, ou a persoa en que delegue.

b) Secretario: un funcionario da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, nomeado polo secretario xeral, que actuará con voz e voto.

c) Vogais: tres funcionarios nomeados, respectivamente, polo mesmo secretario xeral de Medio Rural e Montes, pola directora xeral de Produción Agropecuaria e polo director xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural e do Mar.

A comisión de avaliación poderá solicitar a colaboración de avaliadores externos, de recoñecida experiencia nas áreas correspondentes ás propostas presentadas, co fin de emitir informe sobre os respectivos proxectos solicitados.

Serán excluídas as solicitudes que na valoración da calidade técnica da proposta e grao de innovación non acaden no ordinal 1º da letra b) deste artigo unha puntuación mínima de 30 puntos, e no ordinal 2º da letra b) deste artigo unha puntuación mínima de 20 puntos.

Artigo 14. Resolución e notificacións

1. A resolución de concesión das axudas corresponderalle ao secretario xeral de Medio Rural e Montes, por delegación da conselleira do Medio Rural e do Mar, logo da avaliación das solicitudes pola comisión. A dita avaliación conterá unha relación priorizada dos proxectos que se propoñen para ser financiados co seu correspondente orzamento, acompañada dunha relación dos proxectos avaliados positivamente en lista de espera e a relación dos proxectos que se consideran non financiables.

2. A resolución deberá ser notificada aos beneficiarios de forma individualizada de acordo co previsto nos artigos 58 e 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo da publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas, de conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A dita notificación deberá informar os beneficiarios de que a medida se subvenciona en virtude dun programa cofinanciado polo Feader e se enmarca dentro do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2007-2013, eixe 1, co código 124.

3. O prazo máximo para resolver as solicitudes presentadas ao abeiro da presente convocatoria será de tres meses contados a partir do día seguinte ao do remate do prazo de presentación das solicitudes. De non mediar resolución expresa no devandito prazo, as solicitudes poderán entenderse desestimadas.

4. A Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes poderá solicitar calquera aclaración ou documento que considere necesario para a correcta tramitación do expediente.

5. Non se concederán nin pagarán subvencións a solicitantes ou beneficiarios que non estean ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria e coa Seguridade Social, ou que teñan débedas pendentes de pagamento coa Administración pública da Comunidade Autónoma. Para eses efectos, a presentación da solicitude de axuda implica a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións acreditativas correspondentes da Axencia Estatal da Administración Tributaria, da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e da Consellería de Facenda. Cando o solicitante denegue expresamente o seu consentimento, deberá presentar a certificación nos termos previstos no artigo 20.3 da Lei de subvencións.

6. De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da axuda consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, de ser o caso.

7. No prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución da concesión publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, beneficiario, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención. Non obstante o anterior, cando os importes das subvencións concedidas, individualmente consideradas, sexan de contía inferior a 3.000 euros, non será necesaria a publicación no Diario Oficial de Galicia, que será substituída pola publicación das subvencións concedidas na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Artigo 15. Modificación da resolución

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. Poderase acordar a modificación da concesión por instancia do beneficiario, sempre que se presente a solicitude de modificación con anterioridade á data de finalización do prazo de xustificación das actividades obxecto de subvención, que nestas axudas coincide co prazo para a súa realización, e se cumpran os seguintes requisitos:

a) Que a actividade, conduta ou modificación do proxecto estea comprendida dentro da finalidade das bases reguladoras.

b) Que se acredite a inexistencia de prexuízo a terceiros.

c) Que os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de ter concorrido na concesión inicial, non supuxesen a denegación da subvención.

3. O acto polo que se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado polo secretario xeral de Medio Rural e Montes por delegación da conselleira do Medio Rural e do Mar logo da instrución do correspondente expediente no cal se lle dará audiencia ao interesado.

Artigo 16. Aceptación e renuncia

Sen prexuízo dos recursos que procedan contra a resolución, o interesado comunicará expresamente a súa aceptación ou renuncia á subvención transcorridos quince días naturais desde a notificación desta, e desde ese momento adquirirá a condición de beneficiario.

A renuncia á subvención poderase facer axustándose ao disposto no artigo 91 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No caso de que se comunicase a renuncia en prazo, o secretario xeral de Medio Rural e Montes por delegación da conselleira ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 42.1º da mesma lei.

Artigo 17. Obrigas dos beneficiarios

Sen prexuízo das demais obrigas que resulten do capítulo III do título preliminar do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os beneficiarios das subvencións concedidas ao abeiro desta orde quedan obrigados a:

1. Proceder ao reintegro das cantidades percibidas coa subvención, xunto cos xuros de demora calculados en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para o beneficiario indicado na orde de recuperación, que non poderá fixarse en máis de 60 días entre a data de reembolso ou dedución.

2. Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control. A maiores, ao tratarse de axudas cofinanciadas co fondo Feader, os beneficiarios deberán someterse aos específicos controis administrativos sobre o terreo e a posteriori, segundo o recollido no Regulamento (UE) nº 65/2011.

3. Os beneficiarios deberán levar un sistema de contabilidade separado ou ben un código contable axeitado para todas as transaccións relativas á acción de cooperación subvencionada, tal e como exixe o artigo 75.1c).i do Regulamento (CE) nº 1974/2006.

4. No caso de accións de cooperación en que estean previstos investimentos cuxo custo total supere os 50.000 €, o beneficiario deberá instalar unha placa explicativa (anexo IV, modelo L).

5. Co fin de que se leve a cabo unha correcta cuantificación dos indicadores de resultados do PDR de Galicia 2007/2013 é preciso que os beneficiarios acheguen a información recollida no anexo IV, modelo I, segundo a natureza do beneficiario.

Artigo 18. Pagamento das subvencións

1. A entidade solicitante deberá xustificar a subvención conforme a anualidade establecida na resolución da concesión, coa data límite do 30 de setembro na anualidade 2015, salvo casos excepcionais debidamente autorizados polo órgano xestor de acordo co artigo 45.3 do Decreto 11/2009, logo da petición do beneficiario. As solicitudes de pagamentos (anexo IV, modelo A) presentaranse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes da data límite que se indique na notificación da resolución de concesión, acompañados dos seguintes documentos:

a) Un resumo da execución da subvención en que conste o concepto subvencionable, o provedor, o importe (co IVE excluído e desagregado) e a data de cada un dos xustificantes agrupados por entidade participante e por conceptos de gastos (anexo IV, modelo B).

b) Documentación acreditativa de realización dos gastos correspondentes ás actividades subvencionadas, que consistirá nun orixinal e copia das facturas e dos seus correspondentes xustificantes de pagamento mediante transferencia bancaria. As facturas orixinais deberán reunir os requisitos sinalados no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento das obrigas de facturación, e marcaranse cun selo, indicando nel a subvención para cuxa xustificación foron presentadas e se o importe do xustificante se imputa total ou parcialmente á subvención indicando, neste último caso, a contía exacta que resulte afectada pola subvención.

Considérase admisible o pagamento en metálico nos seguintes supostos e condicións:

1º. Con carácter excepcional, admitiranse pagamentos en metálico cando o seu importe, individual ou en conxunto por provedor, non supere os 1.000 euros, neste caso o pagamento xustificarase mediante certificación expresa, asinada, datada e cuñada polo provedor, na cal se faga constar a recepción do importe facturado e o medio de pagamento empregado, así como o compromiso do provedor de someterse ás actuacións de control e comprobación na súa contabilidade da realidade do pagamento. Esta certificación xuntará a factura preceptiva.

2º. Para gastos de escasa contía que non superen os 300 euros, admitirase como xustificante de pagamento a factura asinada e selada polo provedor en que figure a expresión «recibín en metálico».

3º. As excepcións recollidas nos puntos anteriores non serán aplicables aos pagamentos efectuados directamente pola Administración a provedores, que deberán xustificarse mediante a achega dalgún dos documentos indicados na alínea b) deste artigo.

c) De acordo co establecido no artigo 24.2 do Regulamento (UE) 65/2011, da Comisión, do 27 de xaneiro de 2011, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Consello, no que respecta á aplicación dos procedementos de control e a condicionalidade en relación coas axudas ao desenvolvemento rural, os controis administrativos das solicitudes de axuda incluirán, entre outras cousas, a moderación dos custos propostos, que se avaliará mediante un sistema adecuado de avaliación. O sistema que se empregará para a moderación dos custos propostos polos beneficiarios na xustificación da axuda será a comparación de ofertas diferentes. Para tal fin, os beneficiarios das axudas deberán achegar coa xustificación:

1º. Tres ofertas de diferentes provedores, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten, ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude de subvención.

2º. Unha memoria xustificativa cando a elección non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

Pola diversidade dos gastos subvencionables nestas axudas e polo seu carácter innovador, e naqueles casos de custos de pouca contía, poderase substituír o sistema de comparación de ofertas diferentes pola referencia a prezos de mercado ou a bases de datos de prezos.

Malia o anterior, segundo o recollido no artigo 24.2 do Regulamento (UE) 65/2011 e no artigo 30.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o órgano xestor poderá comprobar en calquera dos tres sistemas de moderación o valor de mercado dos gastos.

d) No caso de custo de persoal, tanto técnico propio como adicional contratado, con destino específico ao proxecto, deberá achegarse:

1º. Certificación emitida polo responsable de persoal co visto e prace do xerente ou director da empresa, consistente nunha relación detallada por meses do persoal dedicado ao proxecto que deberá incluír os seguintes datos: DNI, nome e apelidos, posto na empresa, retribución bruta mensual, data de pagamento das retribucións, importe da Seguridade Social con cargo á empresa e custo proporcional imputado ao proxecto (retribucións máis Seguridade Social), segundo as horas dedicadas por cada traballador mensualmente ao proxecto (anexo IV, modelo C).

2º. Orixinais das nóminas, así como do xustificante de pagamento (transferencias bancarias), TC1 e TC2 e ingreso do imposto sobre a renda das persoas físicas (modelo 111).

3º. Copia compulsada do contrato de traballo no caso de persoal adicional contratado, con destino específico ao proxecto.

e) No caso de gastos de viaxes e axudas de custo relacionadas coa execución do proxecto deberá achegarse unha certificación das viaxes realizadas, xunto coa documentación acreditativa da realización do gasto (anexo IV, modelo E).

f) Certificación expedida pola entidade bancaria en que se sinale o número de conta do beneficiario onde se deba realizar o pagamento.

g) No caso dos gastos dos centros públicos de investigación e centros tecnolóxicos que colaboran coa entidade solicitante será suficiente para xustificar o gasto a emisión dunha única factura onde se reflictan os diferentes conceptos de gasto, debidamente conformada polo responsable da xestión económica e do persoal do centro. Todo iso sen prexuízo da obriga de dispoñer dos correspondentes xustificantes orixinais de execución do gasto de acordo co especificado nas alíneas a) ao e) do presente artigo no momento de emisión da factura, para os efectos de calquera comprobación ou auditoría.

Todos os datos incluídos nos dous documentos anteriores, agás cando explicitamente se indique, formarán parte dunha base de datos, serán confidenciais e non se poderá facer uso deles salvo autorización expresa dos seus propietarios.

h) Achegarase, ademais dun informe final de resultados en formato normalizado (anexo IV, modelo F), unha memoria en formato libre en que se detallará o desenvolvemento científico-técnico do proxecto, así como os resultados obtidos.

2. Segundo o recollido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado esta perante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que no prazo improrrogable de dez días a presente para os efectos previstos neste capítulo. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste parágrafo non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan.

Cando o órgano administrativo competente para a comprobación da subvención aprecie a existencia de defectos emendables na xustificación presentada polo beneficiario, porao no seu coñecemento e concederalle un prazo de dez días para a súa corrección, de acordo co artigo 46.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Para efectuar o pagamento, o beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución (anexo IV, modelo G). Así mesmo, cando a axuda fose concedida para a realización de proxectos relativos a operacións non reguladas polo artigo 36 do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, é dicir, aquelas nas cales o produto final non estea incluído no anexo I do dito tratado deberase presentar unha declaración complementaria sobre as axudas de minimis percibidas nos tres últimos anos fiscais pola entidade beneficiaria (anexo IV, modelo H).

4. Segundo o recollido nos artigos 31.5, 33.2 e 14.1.n) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando o cumprimento polo beneficiario se aproxime de modo significativo ao cumprimento total e acredite unha actuación inequivocamente tendente á satisfacción dos compromisos adquiridos coa aceptación da axuda, a cantidade desta que finalmente teña que percibir o beneficiario ou, se é o caso, o importe que vai reintegrar virá determinada pola aplicación de criterios de graduación que deberán responder ao principio de proporcionalidade.

Artigo 19. Control

1. A Consellería do Medio Rural e do Mar poderá facer as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento das subvencións. Ademais do seguimento baseado nos informes finais recibidos, a Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes poderá facer un seguimento técnico do proxecto mediante a presenza in situ do persoal técnico nomeado para este fin. O seguimento poderá avaliar o grao de cumprimento das accións propostas, así como o plan de traballo previsto en cada etapa do proxecto e os datos e resultados derivados do proxecto.

2. A entidade beneficiaria someterase aos procedementos de comprobación e control financeiro das accións de cooperación subvencionadas por parte da Consellería do Medio Rural e do Mar, o órgano pagador do Feader, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas, o Tribunal de Contas e as instancias comunitarias de control.

3. Seralles de aplicación ás axudas recollidas nesta orde o referido ao réxime de controis, reducións e exclusións reguladas no Regulamento (UE) nº 65/2011 da Comisión, do 27 de xaneiro de 2011, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Consello, no que respecta á aplicación dos procedementos de control e a condicionalidade en relación coas medidas de desenvolvemento rural.

A contía da subvención que se pagará calcularase con base no que resulte subvencionable durante os controis administrativos da xustificación e a solicitude de pagamento presentada polo beneficiario.

O organismo competente examinará a solicitude de pagamento presentada polo beneficiario e determinará os importes subvencionables de acordo co seguinte:

a) O importe que pode concederse ao beneficiario en función exclusivamente da solicitude de pagamento.

b) O importe que pode concederse ao beneficiario tras os controis da solicitude de pagamento.

Se o importe establecido en virtude da letra a) supera o importe establecido en virtude da letra b) en máis dun 3 %, aplicarase unha redución ao importe establecido en virtude da letra b). O importe da redución será igual á diferenza entre os dous importes citados.

Non obstante, non se aplicará ningunha redución se o beneficiario pode demostrar que non é responsable da inclusión do importe non subvencionable.

Artigo 20. Recursos

1. A convocatoria desta axuda, as súas bases e todos cantos actos administrativos deriven dela, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecida na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

2. As resolucións expresas ou presuntas ditadas en aplicación desta orde esgotan a vía administrativa, e contra elas poderase interpor potestativamente recurso de reposición ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto expreso, ou ben poderá ser impugnada directamente ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo no prazo de dous meses.

Artigo 21. Incumprimento, reintegros e sancións

1. O incumprimento total ou parcial de calquera das condicións establecidas nesta orde ou dos obxectivos da actividade subvencionada, a non adopción do comportamento que fundamenta a concesión da subvención, a obtención da subvención falseando as condicións requiridas para iso ou ocultando aquelas que o impedisen, o incumprimento da obriga de xustificación ou a xustificación insuficiente, a duplicidade de axudas con cargo a outros créditos dos orzamentos xerais do Estado ou de calquera outra Administración pública, así como as demais circunstancias previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, constituirán causas determinantes de reintegro da subvención polo beneficiario, xunto cos xuros de demora.

2. Aos beneficiarios das subvencións seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previstas na citada Lei 9/2007.

Artigo 22. Consentimentos e autorizacións

1. As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos ou informacións previstos nesta norma, salvo que estes xa estivesen en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 35.f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

2. A presentación da solicitude de concesión de subvención pola persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa solicitante ou representante poderá denegar expresamente o consentimento, caso en que deberá presentar as certificacións nos termos previstos regulamentariamente.

3. De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a consellería publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puidesen impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

Artigo 23. Lexislación de aplicación

En todo o non previsto nesta orde observarase o sinalado na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2997, de subvencións de Galicia, no Regulamento (CE) nº 1698/2005, do Feader, e nos regulamentos (UE) 65/2011, (CE) 1974/2006 e (UE) 679/2011.

Artigo 24. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado Relacións administrativas coa cidadanía e entidades, cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderase exercer ante a Secretaría Xeral Técnica, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña), ou a través dun correo electrónico a secretariaxeraltecnica.cmrm@xunta.es

Disposición adicional primeira. Marco programático da orde

As axudas reguladas na presente orde forman parte do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2007-2013, aprobado mediante Decisión da Comisión C (2008) nº 703, do 15 de febreiro de 2008, polo que a presente convocatoria e as súas bases deben axustarse ao contido do programa, así como ao Real decreto 1852/2009, do 4 de decembro, polo que se establecen os criterios para subvencionar os gastos no marco dos programas de desenvolvemento rural cofinanciados polo Feader.

Disposición adicional segunda. Formularios

Xúntanse a esta orde os formularios dos anexos I, II e III (necesarios para solicitar a axuda). Os ditos formularios, xunto co anexo IV (cuxos modelos son os que empregarán as entidades beneficiarias á hora de solicitar o pagamento e xustificar a axuda), poderán atoparse na Guía de procedementos e servizos no enderezo https://sede.xunta.es/guia-de-procedementos e na páxina web http://medioruralemar.xunta.es/anuncios/axudas. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedementos administrativo común.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento

Autorízase o secretario xeral do Medio Rural e Montes para ditar as instrucións necesarias que permitan a aplicación e desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2014

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar

missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO II
Lista prevista no artigo 32 do Tratado constitutivo da Comunidade Europea
(anexo I do Tratado)

1

2

Partidas da nomenclatura de Bruxelas

Denominación dos produtos

CAPÍTULO 1

Animais vivos

CAPÍTULO 2

Carnes e miúdos comestibles

CAPÍTULO 3

Peixes, crustáceos e moluscos

CAPÍTULO 4

Leite e produtos lácteos; ovos de ave; mel natural

CAPÍTULO 5

05.04

Tripas, vexigas e estómagos de animais (distintos dos de peixe), enteiros ou en anacos

05.15

Produtos de orixe animal non expresados nin comprendidos noutras partidas; animais mortos dos capítulos 1 ou 3, impropios para o consumo humano

CAPÍTULO 6

Plantas vivas e produtos da floricultura

CAPÍTULO 7

Legumes, plantas, raíces e tubérculos alimenticios

CAPÍTULO 8

Froitos comestibles; cascas de cítricos e de melóns

CAPÍTULO 9

Café, té e especias, con exclusión da herba mate (partida 09.03)

CAPÍTULO 10

Cereais

CAPÍTULO 11

Produtos da moenda; malte; amidóns e féculas; glute; inulina

CAPÍTULO 12

Sementes e froitos oleaxinosos; sementes, sementes e froitos diversos; plantas industriais e medicinais; palla e forraxes

CAPÍTULO 13

ex 13.03

Pectina

CAPÍTULO 15

15.01

Manteiga, outras graxas de porco e graxas de aves de curral, prensadas ou.

fundidas

15.02

Sebos (das especies bovina, ovina e caprina) en bruto ou fundidos, incluídos os sebos chamados «primeiros zumes»

15.03

Estearina solar; oleoestearina; aceite de manteiga de porco e oleomargarina non emulsionada, sen mestura nin preparación ningunha

15.04

Graxas e aceites de peixe e de mamíferos mariños, incluso refinados

15.07

Aceites vexetais fixos, fluídos ou concretos, brutos, purificados ou refinados

15.12

Graxas e aceites animais ou vexetais hidroxenados, incluso refinados, pero sen preparación ulterior

15.13

Margarina, sucedáneos da manteiga de porco e outras graxas alimenticias preparadas

15.17

Residuos procedentes do tratamento dos corpos graxos ou das ceras animais ou vexetais

CAPÍTULO 16

Preparados de carnes, de peixes, de crustáceos e de moluscos

CAPÍTULO 17

17.01

Azucres de remolacha e de cana, en estado sólido

17.02

Outros azucres; xaropes; sucedáneos do mel, incluso mesturados con mel natural; azucres e melazas caramelizadas

17.03

Melazas, incluso descoloradas

17.05 (*)

Azucres, xaropes e melazas aromatizados ou con adición de colorantes (incluídos o azucre con vainilla ou vainillina), con excepción dos zumes de froitas con adición de azucre en calquera porcentaxe.

(*) Partida engadida polo artigo 1 do Regulamento nº 7 bis do Consello da Comunidade Económica Europea, do 18 de decembro de 1959 (DO nº 7, do 30.1.1961, p. 71)

CAPÍTULO 18

18.01

Cacao en gran, enteiro ou partido, cru ou tostado

18.02

Casca, cascarilla, películas e residuos de cacao

CAPÍTULO 20

Preparados de legumes, de hortalizas, de froitas e doutras plantas ou partes de plantas

CAPÍTULO 22

22.04

Mosto de uva parcialmente fermentado, incluso «apagado» sen utilización de alcol

22.05

Viños de uva; mosto de uva «apagado» con alcol (incluídas as mistelas)

22.07

Sidra, perada, hidromel e outras bebidas fermentadas

ex 22.08 (*)

ex 22.09 (*)

Alcol etílico desnaturalizado ou sen desnaturalizar, de calquera graduación, obtido cos produtos agrícolas que se enumeran no anexo I do Tratado, con exclusión das augardentes, licores e demais bebidas espirituosas; preparados alcohólicos compostos (chamados «extractos concentrados») para a fabricación de bebidas.

(*) Partida engadida polo artigo 1 do Regulamento nº 7 bis do Consello da Comunidade Económica Europea, do 18 de decembro de 1959 (DO nº 7, do 30.1.1961, p. 71)

22.10 (*)

Vinagre e os seus sucedáneos comestibles.

(*) Partida engadida polo artigo 1 do Regulamento nº 7 bis do Consello da Comunidade Económica Europea, do 18 de decembro de 1959 (DO nº 7, do 30.1.1961, p. 71)

CAPÍTULO 23

Residuos e desperdicios das industrias alimenticias; alimentos preparados para animais

CAPÍTULO 24

24.01

Tabaco en rama ou sen elaborar; desperdicios de tabaco

CAPÍTULO 45

45.01

Cortiza natural en bruto e desperdicios de cortiza; cortiza triturada, granulada ou pulverizada

CAPÍTULO 54

54.01

Liño en bruto (planta de liño), empozado, espadelado, restrelado (peiteado) ou traballado doutra forma, pero sen fiar; estopas e desperdicios de liño (incluídas as fías)

CAPÍTULO 57

57.01

Cánabo (Cannabis sativa) en rama, empozado, espadelado, restrelado (peiteado) ou traballado doutra forma, pero sen fiar; estopas e desperdicios de cánabo (incluídas as fías)

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file