Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 53192

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 9 de decembro de 2014 pola que se notifica resolución de expediente de caducidade da autorización temporal de atracada co número P8-08F das instalacións náutico-deportivas do porto de Ribadeo.

Con data do 19 de novembro de 2014, o presidente de Portos de Galicia, ao abeiro do establecido no artigo 40.2.b) do Decreto 130/2013, do 1 de agosto, polo que se regula a explotación dos portos deportivos e das zonas portuarias de uso náutico-deportivo de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, resolveu decretar a caducidade da autorización temporal de atracada que se cita con anterioridade, cuxo titular é Francisco Javier Torviso Martínez.

Intentada a notificación da resolución no enderezo que consta no expediente, sito en Rodríguez Murias, 16, 2º C, Ribadeo, provincia de Lugo, a través do servizo de Correos, e non sendo posible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, notifícase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e a exposición no taboleiro de edictos do Concello de Ribadeo, esta resolución de expediente de caducidade da autorización temporal de atracada.

A resolución emítese pola concorrencia da causa de caducidade prevista no artigo 40.1.b) do Decreto 130/2013, por estaren pendentes de aboamento en período executivo a liquidación da taxa portuaria X-5, embarcacións deportivas e de lecer, correspondentes ao segundo semestre do ano 2010, primeiro e segundo semestre do ano 2011, e primeiro e segundo semestre do ano 2012, non sendo posible a notificación das liquidacións correspondentes ao primeiro e segundo semestre do ano 2013 e ao primeiro semestre do ano 2014.

A resolución de caducidade determina a extinción da autorización, a prohibición de uso da praza de atracada e a obriga de retirar a embarcación nun prazo máximo de 15 días contados desde a publicación da cédula no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do Concello de Ribadeo.

Caso de incumprimento, a embarcación será retirada e depositada en seco de maneira subsidiaria e á custa do propietario por Portos de Galicia, que pasará por isto o oportuno custo e que non asumirá responsabilidade ningunha derivada dos danos ou deméritos que poida sufrir a embarcación.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo nun prazo máximo de dous (2) meses contados desde a súa publicación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela que corresponda ou recurso potestativo de reposición perante esta presidencia no prazo dun mes contados desde a mesma data.

E para que conste e sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 9 de decembro do 2014

José Juan Duran Hermida
Presidente de Portos de Galicia