Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Martes, 30 de decembro de 2014 Páx. 53755

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Narón (expediente IN407A 2014/123-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Número de expediente: IN407A 2014/123-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: anexo 1 ao proxecto LMTS, CT Estrada de Castela (expediente IN407A 2008/123).

Situación: concello de Narón.

Características técnicas:

– Liña de media tensión soterrada a 15/20 kV, de 1.279 metros de lonxitude en condutor RHZ1-20L-12/20 KV 3(1×240 Al), con orixe no paso aéreo-subterraneo que se vai realizar en apoio proxectado que se intercalará na LMT CRN-704B, no tramo entre o CT Piñeiros (expediente 7342) e o CT Revolta que se vai retirar (expediente 29864) e final no paso aéreo-subterráneo que se vai realizar en apoio proxectado que se intercalará na LMT CRN-704B, no tramo entre o CT Revolta que se vai retirar e o CT Cerámica de Jubia (expediente 7342) despois de realizar entrada e saída nos centros de transformación proxectados nº 1, 2, 3 e 4.

– Liña de media tensión soterrada a 15/20 kV, de 264 metros de lonxitude en condutor RHZ1-20L-12/20 KV 3(1×240 AL), con orixe en CT nº 2 proxectado e final en paso aéreo-subterráneo que se vai realizar en apoio proxectado que se intercalará na LMT CRN-704B no tramo entre o CT Revolta que se vai retirar e o CTH Pita (expediente 7342).

– Liña de media tensión soterrada a 15/20 kV, de 133 metros de lonxitude en condutor RHZ1-20L-12/20 kV 3(1×240 AL), con orixe en CT nº 4 e final no paso aéreo-subterráneo que se vai realizar no apoio proxectado que se intercalará na LMT-704B no tramo entre a Revolta que se vai retirar e a derivada aos CCTT Becerra (expediente 268/00) e Fraga (expediente 167/95).

– Centros de transformación prefabricado Estrada de Castela nº 1, 2 e 4 de 630 kVA de potencia e de relación de transformación 15.000/400-230 V.

– Centro de transformación prefabricado Estrada de Castela nº 3 de 400 kVA de potencia e de relación de transformación 15.000/400-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54) esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 3 de decembro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña