Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Venres, 2 de xaneiro de 2015 Páx. 212

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nigrán

ANUNCIO de información pública (expediente 13/0723SU).

Comercial Hospitalaria Grupo-3, S.L. solicitou licenza de acondicionamento de local e licenza de actividade para comercialización, almacenaxe e venda de produtos hospitalarios no parque empresarial Porto do Molle, nave módulo 4C (expediente 13/0723SU).

De conformidade co artigo 8.3. do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, BOP e exposición no taboleiro de anuncios deste concello, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno. O prazo de exposición pública considérase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio, e rematado logo de transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio. O expediente estará á disposición do público e pódese consultar no Rexistro Xeral do Concello de Nigrán durante as horas de oficina.

Nigrán, 3 de outubro de 2014

Alberto Valverde Pérez
Alcalde