Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Martes, 13 de xaneiro de 2015 Páx. 1702

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se anuncia procedemento de concurso público para a concertación dun alugamento no concello de Lalín para dependencias da Consellería do Medio Rural e do Mar.

1. Entidade adxudicadora.

Xunta de Galicia: Consellería de Facenda.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: arrendamento.

Finalidade: inmoble para dependencias da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Descrición do obxecto: alugamento dun local de planta baixa no núcleo urbano de Lalín, dunha superficie comprendida entre os 350 e os 500 m² útiles e coas demais condicións previstas no prego.

3. Procedemento.

Concurso público.

4. Tipo de licitación.

Mil douscentos euros (1.200 €) mensuais máis o IVE.

5. Obtención de documentación e información.

Consellería de Facenda. Subdirección Xeral do Patrimonio. Rúa da Pastoriza, nº 8, 2º andar, 15704 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 41 51. Fax: 981 54 58 70. Correo electrónico: pablo.viano.lorenzo@conselleriadefacenda.es

Páxina web: http://www.conselleriadefacenda.es/web/facenda/a-conselleria/transparencia/contratacion-patrimonial/procedementos-de-licitacion

6. Presentación das ofertas.

O prazo para presentar as ofertas será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que cómpre presentar: a indicada no prego de condicións.

Lugar de presentación: Rexistro Único da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992. No suposto de que se presenten as ofertas en lugares diferentes do Rexistro Único, deberá remitirse o mesmo día da presentación á Subdirección Xeral do Patrimonio un telegrama, fax ou telefax ao número 981 54 58 70, indicando que se procedeu á presentación da oferta e o lugar da súa presentación. No caso de non recibir esta comunicación, non serán admitidas as ofertas presentadas.

7. Apertura das ofertas.

Data: o décimo oitavo día hábil seguinte ao da conclusión do prazo fixado para a presentación de proposicións.

Hora: ás 10.00 horas.

Lugar: sala de xuntas do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia na rúa da Pastoriza, nº 8, de Santiago de Compostela.

8. Gastos do anuncio.

Os gastos que orixine a publicación dos anuncios do concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2014

Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda