Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Mércores, 14 de xaneiro de 2015 Páx. 1990

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 15 de decembro de 2014, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se dá publicidade ao Acordo do 28 de novembro de 2014 sobre a adaptación do esbozo do monte veciñal Lomba, da Comunidade Veciñal da Matanza, Vista Alegre, Luáns, Lestido, Piñeiro e O Barco, da parroquia de Iria Flavia, no concello de Padrón.

Para os efectos previstos na disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáse publicidade a que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, en sesión que tivo lugar o día 28 de novembro de 2014, adoptou o seguinte acordo en relación coa revisión do esbozo e a elaboración da cartografía actualizada do monte veciñal Lomba, da parroquia de Iria Flavia no concello de Padrón.

Antecedentes de feito.

Primeiro. O monte Lomba foi declarado veciñal en man común por Resolución do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña do 27 de xullo de 1989, en favor dos veciños dos lugares da Matanza, Vista Alegre, Luáns, Lestido, Piñeiro e O Barco, da parroquia de Iria Flavia no concello de Padrón. No expediente de clasificación co núm. 241, en canto á cartografía do monte, existe un simple esbozo.

Segundo. Con data do 3.6.2014, o presidente da Comunidade Veciñal solicítalle ao Xurado a revisión do esbozo e achega canda a petición unha planimetría do monte veciñal que reúne os requisitos necesarios de fiabilidade e precisión adaptada ás novas técnicas topográficas.

Terceiro. Con data do 30.10.2014, o xefe da Área Técnica de Montes Veciñais en Man Común do Servizo de Montes da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar na Coruña emite informe favorable da cartografía presentada pola Comunidade Veciñal.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, na súa disposición transitoria décimo terceira establece o procedemento de revisión de esbozos de montes veciñais en man común.

Segundo. O informe do xefe da Área Técnica de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, do 30.10.2014, indica que a o levantamento topográfico con que se revisaría o dito esbozo é semellante a este en forma e dimensión. Ademais non supón unha modificación substancial nos lindes descritos en letra na resolución da súa clasificación e tampouco na súa superficie.

Logo de ver a proposta de revisión presentada sobre a adaptación de esbozo do monte veciñal de Lomba, da parroquia de Iria Flavia no concello de Padrón, que achega o responsable da Área Técnica de Montes Veciñais en Man Común do Servizo de Montes da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar na Coruña, este xurado, por unanimidade dos membros presentes con dereito a voto,

ACORDA:

Primeiro. Aprobar a proposta de adaptación do esbozo do monte veciñal Lomba, propiedade da Comunidade Veciñal da Matanza, Vista Alegre, Luáns, Lestido, Piñeiro e O Barco, da parroquia de Iria Flavia no concello de Padrón, presentada pola comunidade e validada polo xefe da Área Técnica de Montes Veciñais en Man Común da Coruña no seu informe do 30.10.2014, de conformidade co previsto na disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

O monte veciñal de Lomba, despois da revisión cartográfica, ten as seguintes características:

Superficie total do monte: 26,087 ha.

Extremas ou lindeiros:

Norte: propiedades particulares.

Leste: propiedades particulares e máis monte Lomba.

Sur: camiño á antiga canteira e propiedades particulares.

Oeste: propiedades particulares e camiño vello á Matanza.

Segundo. Notificar este acordo á comunidade propietaria e publicalo no Diario Oficial de Galicia para dar cumprimento ao disposto na disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

A Coruña, 15 de decembro de 2014

Antonio Manuel Aguión Fernández
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común da Coruña