Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Mércores, 14 de xaneiro de 2015 Páx. 2016

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de aprobación inicial do proxecto de expropiación urbanística por taxación conxunta (expediente 21/2014.EXP).

De conformidade co artigo 143.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, comunícase que por Resolución da Alcaldía 2381/2014, do 19 de decembro de 2014, corrixida pola Resolución 2404/2014, do 23 de decembro, se aprobou inicialmente o proxecto de expropiación urbanística por taxación conxunta para frontes de parcelas pola obra de mellora de acceso á rúa Viña en Oseiro, asinado polo enxeñeiro técnico agrícola José María Ruis Mora en febreiro de 2014 (expediente 21/2014.EXP).

Así mesmo, acordouse someter a información pública o proxecto de expropiación urbanística polo prazo dun mes mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, así como proceder á notificación individualizada con traslado literal das follas de taxación e da proposta de fixación dos criterios de valoración a todos os que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, para que poidan formular cantas alegacións e reclamacións consideren oportunas tanto con respecto ao expediente expropiatorio como á fixación do prezo xusto por idéntico prazo dun mes. Durante o dito prazo poderase examinar o contido do expediente no Departamento de Urbanismo do Concello de Arteixo, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Relación de bens e dereitos afectados polo expediente expropiatorio:

Ref. catastral

Superficie

afectada (m2)

Titular catastral

1

1669602NH4926S0001PL

315,52

Hrs. Asunción Vázquez Martínez

2

1669603NH4916N0001LU

31,06

Pro indiviso constituído por:

– Josefa Rey Sande

– Manuel Rey Sande

– Santiago Rey Sande

– María del Carmen Rey Sande

– Dolores Rey Sande

3

1869301NH4916N0001LU

279,09

Armando Pan Naya

Arteixo, 23 de decembro de 2014

Por delegación (Decreto 989/2011, do 21 de xuño)
Luís Alberto Castro Calvete
Concelleiro de Urbanismo