Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Xoves, 22 de xaneiro de 2015 Páx. 3439

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación para a contratación do servizo de mantemento, reparación e conserxaría en diversos centros (expediente 33/14).

Por Decreto da Alcaldía do 9.1.2015 aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 33/14).

2. Obxecto do contrato: servizo de mantemento, reparación e conserxaría en diversos centros do Concello do Porriño.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 158.400 € (130.909,09 € máis 27.490,91 € en concepto de IVE), polo prazo de 1 ano.

5. Garantías. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Prazo de presentación das proposicións: 7 días naturais desde o día seguinte á última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante.

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido nos pregos.

8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es.

O Porriño, 9 de xaneiro de 2015

José Nelson Santos Argibay
Alcalde