Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Mércores, 28 de xaneiro de 2015 Páx. 4288

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de aprobación inicial de proxecto de expropiación (expediente 20/2014.EXP).

Por Resolución da Alcaldía nº 2385/2014 do 19.12.2014 aprobouse inicialmente o proxecto de expropiación urbanística por taxación conxunta para a obra de dotación local do camiño ramal desde CM-00068 no lugar da Pedregueira, parroquia de Sorrizo, Arteixo, segundo proxecto asinado polo enxeñeiro de camiños, canles e portos Eduardo Rodrigo Matute o 30.9.2014.

Así mesmo, acordouse someter a información pública o proxecto de expropiación urbanística polo prazo dun mes, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, así como proceder á notificación individualizada con traslado literal das follas de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración a todos os que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, para que poidan formular cantas alegacións e reclamacións consideren oportunas tanto con respecto ao expediente expropiatorio como á fixación do prezo xusto por idéntico prazo dun mes. Durante o devandito prazo poderase examinar o contido do expediente no Departamento de Urbanismo do Concello de Arteixo, de luns a venres, das 9.00 a 14.00 horas.

Relación de bens e dereitos afectados polo expediente expropiatorio:

Ref. catastral

Superficie

afectada (m²)

Titular catastral

1

15005A019000010000PL

145,88

Mercedes Rodríguez Méndez e outros

2

15005A019000020000PT

106,77

Basilia Rodríguez Méndez

3

15005A019000290000PP

369,36

Hros. Luciano Martínez Álvarez

Arteixo, 23 de decembro de 2014

P.D. (Decreto nº 989/2011, do 21 de xuño)
Luís Alberto Castro Calvete
Concelleiro de Urbanismo