Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Mércores, 28 de xaneiro de 2015 Páx. 4289

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de información pública sobre estimación e desestimación das alegacións presentadas durante o período de información pública ao proxecto de delimitación do polígono de expropiación de terreos pertencentes a particulares, incluídos no ámbito do Plan especial de infraestruturas e dotacións da zona E69B do Plan xeral de ordenación municipal de Sanxenxo, no Rebel, Vilalonga; relación de propietarios e de bens e dereitos afectados, así como aprobación definitiva do citado proxecto de delimitación.

A Corporación Municipal en Pleno, en sesión que tivo lugar o 20 de xaneiro de 2015, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Estimar integramente as alegacións formuladas en fase de información pública por José Luis González Outón (rexistro de entrada nº 6968, do 19.8.2014) e pola súa dona, Milagros González Otero (rexistro de entrada nº 7554, do 8.9.2014); José Torres Rodríguez (rexistro de entrada nº 7048, do 21.8.2014); María del Carmen Otero Vilar (rexistro de entrada nº 7070, do 21.8.2014 e nº 8026, do 19.9.2014); Luis Ansorena Pérez (rexistro de entrada nº 7187, do 26.8.2014); Beatriz Valladares Romero e Javier Valladares Romero (rexistro de entrada nº 7218, do 27.8.2014, nº 9314, do 24.10.2014, e nº 10638, do 24.11.2014); Mercedes Abal Lima e José Rial Ameneiro (rexistro de entrada nº 7253, do 27.8.2014 e nº 10875, do 27.11.2014); Enrique González Caneda (rexistro de entrada nº 7318, do 29.8.2014); José Carlos López Troncoso (rexistro de entrada nº 7359, do 1.9.2014); Antonio Telmo Torres (rexistro de entrada nº 7364, do 1.9.2014 e nº 10486, do 20.11.2014); Begoña López Otero (rexistro de entrada nº 7409, do 2.9.2014); María Luz Otero Dozo (rexistro de entrada nº 7471, do 2.9.2014, nº 10102, do 11.11.2014, e nº 10302, do 17.11.2014); e Juan Manuel González García (rexistro de entrada nº 7847, do 15.9.2014 e nº 11030, do 1.12.2014), consonte o informe conxunto elaborado en data do 19 de xaneiro de 2015 polo arquitecto municipal e o técnico en Administración xeral do Concello de Sanxenxo.

Segundo. Estimar parcialmente as alegacións presentadas en fase de información pública por parte de Amalia Castro Méndez (rexistro de entrada nº 7052, do 21.8.2014, e nº 8120, do 21.10.2014); Vicente e Manuel José González Otero (rexistro de entrada nº 7192, do 26.8.2014, nº 7294, do 28.8.2014, nº 7320, do 29.8.2014, nº 9119, do 21.10.2014, e nº 10430, do 19.11.2014); Ignacio y César Augusto Rafael Velón de Francisco (rexistro de entrada nº 7203, do 26.8.2014); Borja Velón Lepine (rexistro de entrada nº 11580, do 17.12.2014); Sergio José Otero Otero (rexistro de entrada nº 7219, do 27.8.2014, e nº 7358, do 1.9.2014); José Luis Miniño Domínguez (rexistro de entrada nº 7250, do 27.8.2014); María del Carmen Souto Pérez, en representación de Manuel Carlos Souto Pérez (rexistro de entrada nº 7290, do 28.8.2014, nº 8075, do 22.9.2014, nº 8171, do 25.9.2014, e números 8251 e 8252, do 26.9.2014); Jorge e José Prieto Uzal (rexistro de entrada nº 7316, do 29.8.2014); Victorino Otero Moldes (rexistro de entrada nº 7317, do 29.8.2014); José Besada Martínez (rexistro de entrada nº 7412, do 2.9.2014, e nº 8484, do 2.10.2014); Manuel Torres Torres (rexistro de entrada nº 7502 e nº 7503, do 5.9.2014); Juan C. Rivas Castro, en representación de Elisa, María José Isabel, María del Carmen, Mercedes, Luz e María Jesús Velón de Francisco (rexistro de entrada nº 11810, do 24.12.2014), nos exclusivos termos indicados no informe conxunto elaborado en data 19 de xaneiro de 2015 polo arquitecto municipal e o técnico en Administración xeral do concello de Sanxenxo.

Terceiro. Desestimar integramente as alegacións presentadas en fase de información pública por parte de Antonio Jorge Otero Fernández (rexistro de entrada nº 7319, do 29.8.2014); José Luis Otero Fernández (rexistro de entrada nº 7410, do 2.9.2014); Remedios Otero Otero (rexistro de entrada nº 7863, do 16.9.2014), consonte o informado conxuntamente polo arquitecto municipal e o técnico en Administración xeral do Concello de Sanxenxo.

Cuarto. Prestar aprobación definitiva ao Proxecto de delimitación do polígono de expropiación de terreos pertencentes a particulares incluídos no ámbito do Plan especial de infraestruturas e dotacións da zona E69B do PXOM de Sanxenxo, no Revel, Vilalonga. Relación de propietarios e de bens e dereitos afectados, elaborado por Rafael Vázquez Abal (arquitecto municipal) e José Manuel Rey Rial (técnico en Administración xeral do Concello de Sanxenxo), en data 19 de xaneiro de 2015.

Quinto. Publicar o presente acordo plenario no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP de Pontevedra), no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no taboleiro do Concello de Sanxenxo, con notificación individualizada aos interesados no expediente.

Sanxenxo, 21 de xaneiro de 2015

Catalina González Bea
Alcaldesa