Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Xoves, 29 de xaneiro de 2015 Páx. 4311

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre do ano 2014.

O artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG número 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Traballo e Benestar durante o terceiro cuadrimestre do ano 2014, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2015

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar

ANEXO
Convenios asinados no terceiro cuadrimestre de 2014

Título

Obxecto

Data de sinatura

Importe (€)

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), para o financiamento de programas de formación profesional, formación ocupacional e actividades complementarias de persoas con discapacidade, no ano 2014, con financiamento do Fondo Social Europeo (FSE).

• Financiamento do programa de cursos de formación profesional dirixidos a persoas con discapacidade cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % e que residan na Comunidade Autónoma de Galicia.

• Financiamento do programa de cursos de formación ocupacional dirixidos a persoas con grandes discapacidades (persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %) e/ou persoas cun grao de discapacidade entre o 33 % e o 65 % con especiais dificultades de inserción laboral, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

• Financiamento de actividades de carácter complementario relacionadas coa difusión da formación para o emprego no colectivo de persoas con discapacidade así como para a sensibilización do tecido empresarial en relación ás capacidades para o emprego das persoas con discapacidade.

26.9.2014

630.196,00

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar, e o Concello de Palas de Rei para a posta en funcionamento dun centro de día residencial.

Prorrogar o convenio, que remataba no ano 2014, ata o 31 de decembro de 2015 e realizar o correspondente reaxuste nas anualidades do financiamento.

11.11.2014

400.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a entidade Asociación Galega San Francisco (Agasfra), para contribuír ao mantemento dos centros de atención ás persoas con discapacidade gravemente afectadas da súa titularidade.

Colaboración por parte da Consellería de Traballo e Benestar no desenvolvemento e mantemento das actividades de atención ás persoas con discapacidade intelectual gravemente afectadas e ás súas familias, que a entidade Asociación Galega San Francisco (Agasfra) desenvolve a través dos centros dos que sexa titular.

19.12.2014

118.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a entidade Asociación Galega San Francisco (Agasfra), para contribuír ao mantemento dos centros de atención ás persoas con discapacidade con certa autonomía da súa titularidade.

Colaboración por parte da Consellería de Traballo e Benestar no desenvolvemento e mantemento das actividades de atención ás persoas con discapacidade intelectual con certa autonomía e ás súas familias, que a entidade Asociación Galega San Francisco (Agasfra) desenvolve a través dos centros dos que sexa titular.

19.12.2014

75.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Foz, de cara a instrumentar a colaboración para a realización de actividades de atención a persoas en situación de dependencia e do agravamento desta, así como da promoción da autonomía persoal.

O obxecto do presente convenio é contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia das actuacións que o Concello de Foz ten previsto desenvolver durante o ano 2014, de cara á realización de programas e actividades dirixidos á atención de persoas en situación de dependencia, de prevención da situación de dependencia e do agravamento desta, así como de promoción da autonomía persoal das persoas maiores residentes nese concello.

22.10.2014

12.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Deputación Provincial da Coruña para a cooperación técnica para o desenvolvemento do proxecto Aval xóvenes.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración para desenvolver o proxecto Aval xóvenes aprobado polo Convenio de subvención VS/2013/0216 da D.X. de Emprego, Asuntos Sociais e Inclusión da Comisión Europea.

29.10.2014

3.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Universidade Rey Juan Carlos para a realización dun prácticum na Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Establecer a forma e condicións da colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Universidad Rey Juan Carlos para a adecuada planificación, desenvolvemento e avaliación das prácticas formativas establecidas polo Plan de estudos do Grao en Ciencias Políticas e Xestión Pública que o alumno Carlos Durán Baamonde realizará na Subdirección Xeral de Voluntariado e Participación.

16.12.2014

Sen contido económico

Prórroga do Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Fegamp para o desenvolvemento e difusión do programa Carné Xove no ámbito da Administración Local.

Promoción e difusión do Carné Xove.

9.12.2014

Sen contido económico

Convenio específico de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións para a Xestión Universitaria (CIXUG) para a realización do curso de posgrado de especialización en orientación laboral.

Realización do curso de posgrado de especialización en orientación laboral.

2.9.2014

100.000,00

Convenio marco de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar, a Fundación Barrié e o Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións para a Xestión Universitaria (CIXUG) en materia de fomento do emprego, mellora da orientación do emprendemento e de execución de políticas activas.

Fomento do emprego, mellora da orientación, do emprendemento e de execución de políticas activas.

18.6.2014

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Laboral de la Construcción (FLC) para o recoñecemento dos certificados de profesionalidade programados pola Dirección Xeral de Emprego e Formación, para os efectos da obtención da Tarxeta Profesional da Construción (TPC).

Recoñecemento da formación en materia de prevención de riscos incluída nos certificados de profesionalidade programados pola Dirección Xeral de Emprego e Formación, para os efectos da súa acreditación mediante a TPC.

1.9.2014

Sen contido económico

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación Empresarial de Industrias Metalúrxicas de Galicia-Asime para a impartición de accións formativas relacionadas co sector naval.

Proxecto formativo para a activación da contratación na industria naval.

30.9.2014

423.187,50

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o Concello da Coruña para a acreditación da formación impartida polo concello no marco do Programa Urbana C (Proxecto de rexeneración integral urbana da Agra do Orzán) cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento da Unión Europea.

Recoller as características e condicións que debe reunir a formación impartida polo Concello da Coruña para proporcionar ás persoas que nela participen unha cualificación profesional que lles permita acceder con mellores condicións de empregabilidade ao mercado laboral.

12.12.2014

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra para a adhesión á Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

Establecer as condicións polas cales se rexerá a colaboración entre os asinantes para o fomento do cooperativismo e a economía social, segundo o previsto no Decreto 225/2012.

8.10.2014

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Universidade da Coruña para a adhesión á Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

Establecer as condicións polas cales se rexerá a colaboración entre os asinantes para o fomento do cooperativismo e a economía social, segundo o previsto no Decreto 225/2012.

8.10.2014

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Deputación Provincial da Coruña para a adhesión á Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

Establecer as condicións polas cales se rexerá a colaboración entre os asinantes para o fomento do cooperativismo e a economía social, segundo o previsto no Decreto 225/2012.

8.10.2014

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e Asociación Boirense de Empresarios e Profesionais Autónomos para a adhesión á Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

Establecer as condicións polas cales se rexerá a colaboración entre os asinantes para o fomento do cooperativismo e a economía social, segundo o previsto no Decreto 225/2012.

29.12.2014

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Confederación Empresarial de Sociedades Laborales de España -Confesal- para a adhesión á Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

Establecer as condicións polas cales se rexerá a colaboración entre os asinantes para o fomento do cooperativismo e a economía social, segundo o previsto no Decreto 225/2012.

29.12.2014

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar, e o Concello de Cangas para a continuidade do funcionamento do Centro Sociocomunitario de Cangas.

Instrumentar a colaboración conxunta para a continuidade do funcionamento do Centro Sociocomunitario de Cangas de titularidade municipal.

12.11.2014

22.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar, o Instituto Gallego de Gestión para el Tercer Sector (IGAXES3), e a Fundación Caja de Ahorros y Pensiones de Barcelona (en liquidación, en diante Fundación La Caixa), para establecer o marco da colaboración co obxectivo de cubrir as necesidades básicas das familias en situación de vulnerabilidade.

Establecer o marco da colaboración para cubrir as necesidades básicas de familias en situación de vulnerabilidade, entre as cales será distribuída unha axuda económica a través dunha tarxeta que lles permitirá adquirir produtos de primeira necesidade.

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Familia e Inclusión, será a encargada de detectar e decidir cales serán as familias beneficiarias das axudas obxecto deste convenio, comunicándollo á entidade xestionadora, IGAXES3, e facilitándolle o contacto directo con esas familias.

11.11.2014

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para o desenvolvemento de actuacións no marco do II Plan galego de inclusión social, cofinanciado polo Fondo Social Europeo (eixe 2, código 71 do P.O. do Fondo Social Europeo 2007-2013).

Regular o marco de cooperación entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para o mantemento dunha rede coordinada de equipos de inclusión sociolaboral e accións complementarias de formación, sensibilización social, e de acompañamento para a inserción de persoas e colectivos vulnerables no campo da inclusión social.

3.10.2014

1.647.826,33

Acuerdo de colaboración entre o Consejo General del Poder Judicial, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Traballo e Benestar e o Ministerio Fiscal para a implantación dun programa piloto de mediación familiar intraxudicial en Lugo.

Establecer as condicións polas cales se rexerá a colaboración entre o Consejo General del Poder Judicial, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Traballo e Benestar e o Ministerio Fiscal para a implantación dun programa piloto de mediación familiar intraxudicial gratuíta en Lugo.

8.10.2014

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Guntín para a creación dun Punto de Atención á Infancia Municipal, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2007-2013.

Instrumentar a cooperación entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Guntín para o financiamento das obras para a creación do Punto de Atención á Infancia municipal de Guntín.

26.12.2014

120.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Neda para a creación dunha escola infantil 0-3 municipal, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2007-2013.

Instrumentar a cooperación entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Neda para o financiamento das obras para a creación da escola infantil 0-3 municipal, consistentes na adecuación dun inmoble de titularidade municipal.

29.12.2014

181.989,66

Convenio de cooperación entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Meira para o equipamento da escola infantil 0-3 municipal.

Instrumentar a cooperación entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Meira para o financiamento do equipamento da escola infantil 0-3 municipal de Meira.

22.12.2014

30.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Andrea para o desenvolvemento dun programa de apoio psicolóxico-terapéutico a familias con nenas/nenos con enfermidades de longa duración.

Colaboración entre as partes asinantes no desenvolvemento dun programa de apoio psicolóxico-terapéutico a familias con nenos/as con enfermidades de longa duración ou terminais que, carentes de medios ou recursos axeitados, precisan dun servizo asistencial para a normalización da súa convivencia.

03.12.2014

11.564,16

Prórroga do Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Fundación Meniños para a execución do Programa de integración familiar.

Da prórroga: ampliar o prazo de execución do convenio, asinado o 1 de xaneiro de 2012, por un ano máis e con efectos desde o 1 de xaneiro de 2015 ata o 31 de decembro de 2015.

Do convenio: desenvolvemento do Programa de integración familiar nas catro provincias da Comunidade Autónoma, levando a cabo unha intervención integral coas familias e cos nenos e nenas participantes no programa, co obxecto de mellorar a situación socio-familiar e persoal dos nenos, nenas e adolescentes que tiveron que ser separados das súas familias ou promover os cambios que eviten a separación do neno ou nena do seu contorno familiar.

18.12.2014

380.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí para levar a cabo o programa Vacacións en Paz 2014.

Colaborar co desenvolvemento do programa Vacacións en Paz que ten por obxectivo trasladar a nenos/as saharauís, procedentes dos campamentos de refuxiados en Tindouf (Alxeria), para pasar dous meses de verán acollidos por familias galegas. Mediante o convenio fináncianse os custos de traslado de sete menores.

1.9.2014

6.000,00

Acordo de prórroga para o ano 2015 do Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o Ilustre Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos da Coruña, para a atención odontolóxica a menores.

Dar continuidade mediante prórroga para 2015 ao Convenio de colaboración subscrito co Ilustre Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos da Coruña.

A través deste convenio desenvólvense medidas preventivas ou de tratamento que palíen as afeccións bucodentais dos menores tutelados ou en garda pola Xunta de Galicia sempre e cando os ditos tratamentos non estean cubertos polo sistema sanitario galego.

Para tal fin, póñense á disposición os especialistas e profesionais axeitados do sector que estean adscritos aos respectivos convenios de colaboración asinados cos colexios de odontólogos, os cales utilizarán unhas tarifas previamente aprobadas para cada ano de prórroga.

30.12.2014

Sen contido económico

Acordo de prórroga para o ano 2015 do Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o Ilustre Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos de Lugo, para a atención odontolóxica a menores.

Dar continuidade mediante prórroga para 2015 ao Convenio de colaboración subscrito co Ilustre Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos de Lugo.

A través deste convenio desenvólvense medidas preventivas ou de tratamento que palíen as afeccións bucodentais dos menores tutelados ou en garda pola Xunta de Galicia sempre e cando os ditos tratamentos non estean cubertos polo sistema sanitario galego.

Para tal fin, póñense á disposición os especialistas e profesionais axeitados do sector que estean adscritos aos respectivos convenios de colaboración asinados cos colexios de odontólogos, os cales utilizarán unhas tarifas previamente aprobadas para cada ano de prórroga.

30.12.2014

Sen contido económico

Acordo de prórroga para o ano 2015 do Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o Ilustre Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos da XI Rexión (Ourense-Pontevedra), para a atención odontolóxica a menores.

Dar continuidade mediante prórroga para 2015 ao Convenio de colaboración subscrito co Ilustre Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos da XI Rexión (Ourense e Pontevedra).

A través deste convenio desenvólvense medidas preventivas ou de tratamento que palíen as afeccións bucodentais dos menores tutelados ou en garda pola Xunta de Galicia sempre e cando os ditos tratamentos non estean cubertos polo sistema sanitario galego.

Para tal fin, póñense á disposición os especialistas e profesionais axeitados do sector que estean adscritos aos respectivos convenios de colaboración asinados cos colexios de odontólogos, os cales utilizarán unhas tarifas previamente aprobadas para cada ano de prórroga.

30.12.2014

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e Cruz Vermella Española en Galicia para a execución dun programa de acompañamento e apoio a persoas sen teito ou en situación de vulnerabilidade extrema.

Desenvolvemento dun programa de acompañamento e apoio a persoas sen fogar ou en situación de vulnerabilidade extrema, que consiste no desenvolvemento, na rúa, nos albergues, os centros de Cruz Vermella Española en Galicia e demais servizos de acollida existentes, de accións dirixidas a detectar patoloxías mentais, alcoholismo e outras adiccións, informar e derivar aos usuarios cara aos servizos pertinentes, proporcionar asesoramento social e legal, lograr o desenvolvemento de competencias persoais, sociais e laborais que favoreza o proceso de inserción individual.

5.9.2014

150.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e Cruz Vermella Española en Galicia para a execución dun programa de acompañamento e apoio a persoas sen teito ou en situación de vulnerabilidade extrema.

Desenvolvemento dun programa de acompañamento e apoio a persoas sen fogar ou en situación de vulnerabilidade extrema, que consiste no desenvolvemento, na rúa, nos albergues, os centros de Cruz Vermella Española en Galicia e demais servizos de acollida existentes, de accións dirixidas a detectar patoloxías mentais, alcoholismo e outras adiccións, informar e derivar aos usuarios cara aos servizos pertinentes, proporcionar asesoramento social e legal, lograr o desenvolvemento de competencias persoais, sociais e laborais que favoreza o proceso de inserción individual.

23.12.2014

150.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Secretariado Gitano para a execución de determinadas accións do Programa plurirrexional de loita contra a discriminación do Fondo Social Europeo.

Desenvolvemento de accións dirixidas ás minorías étnicas coa finalidade de promover a inclusión social a través de políticas activas centradas na loita contra a discriminación, no marco do Programa plurirrexional de loita contra a discriminación do Fondo Social Europeo, basicamente dirixidas ao mantemento de dispositivos de intervención e desenvolvemento de accións de asesoramento e apoio.

12.12.2014

64.000,00