Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Xoves, 29 de xaneiro de 2015 Páx. 4421

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Pontes de García Rodríguez

ANUNCIO de licitación para a remodelación da praza do Hospital.

Anuncio de licitación mediante procedemento aberto e cun único criterio de adxudicación da obra de remodelación da praza do Hospital.

Prezo do contrato: 395.508,94 € (326.866,89 € + 68.642,05 € de IVE).

Prazo de execución: catro (4) meses.

Presentación de ofertas: presentaranse no prazo de vinte e seis (26) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP, DOG ou perfil do contratante.

Documentación: o prego e o proxecto pódense examinar a través do perfil do contratante do Concello no enderezo www.aspontes.com.

As Pontes de García Rodríguez, 20 de xaneiro de 2015

Valentín González Formoso
Alcalde