Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Venres, 6 de febreiro de 2015 Páx. 5487

I. Disposicións xerais

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

DECRETO 10/2015, do 22 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras.

O 17 de abril de 2007 publicouse no Diario Oficial de Galicia o Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de arbores senlleiras. O tempo transcorrido desde a súa publicación pon de manifesto a necesidade de simplificar o procedemento administrativo previsto para a catalogación e descatalogación destas árbores, xa que logo, este procedemento conta cunha tramitación complexa que difire a súa resolución alén do desexable.

Neste mesmo sentido, a experiencia acumulada na tramitación destas solicitudes de catalogación aconsella modificar o réxime de protección preventiva a aplicar no momento de se formular unha solicitude de catalogación. Efectivamente, a aplicación inmediata e automática desta protección inicial supón de por si a paralización preventiva de calquera outro proxecto ou procedemento con que pode estar relacionado, feito que resulta especialmente gravoso en supostos en que a solicitude versa sobre árbores ou formacións que non reunirían de inicio característica ou valor ningún para desfrutar da dita protección preventiva nin, por tanto para a súa posterior catalogación.

Procédese a modificar o procedemento de catalogación e descatalogación no sentido de atribuír a instrución do procedemento ás xefaturas territoriais desta consellería, que logo da tramitación do procedemento remitirán a proposta de resolución á dirección xeral de conservación da Natureza para a súa resolución. Este procedemento vese alterado nos supostos de terse que adoptar medidas preventivas de protección da árbore ou formación obxecto da solicitude de catalogación, ou nos supostos de podas, tratamentos fitosanitarios e de risco inmediato para a seguridade das persoas, supostos en que, se residencia a competencia para a súa resolución nas persoas titulares das xefaturas territoriais, ao se requirir dunha actuación inmediata por parte da Administración. Igualmente incorpórase neste procedemento un trámite de información pública da solicitude de catalogación ou descatalogación, así como de publicidade das resolucións destes procedementos.

Finalmente, e co ánimo de facer mais áxil e dinámico todo este procedemento de catalogación, procede modificar, así mesmo, o funcionamento do Comité das Árbores Senlleiras, non só no relativo ás súas funcións senón tamén nas previsións referidas ás súas reunións, deixando que sexa o propio comité o que determine a periodicidade de convocatoria no seu propio regulamento de funcionamento.

Así mesmo, por razóns de seguridade xurídica, faise necesario actualizar os anexos I e II do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, incorporando nun único documento os anexos iniciais publicados no citado decreto, e a súa actualización, publicada mediante a Orde
do 3 de outubro de 2011, pola que se actualiza o Catálogo galego de árbores senlleiras.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, de acordo co Consello Consultivo e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e dous de xaneiro de dous mil quince,

DISPOÑO:

Artigo único. Modificación do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras:

Primeiro. Dáse nova redacción ao artigo 4 do decreto 67/2007, do 22 de marzo, que queda redactado como segue:

«Artigo 4. Procedemento de catalogación e descatalogación.

1. O procedemento de catalogación ou descatalogación poderá ser iniciado de oficio pola consellería competente en materia de conservación da natureza ou por solicitude de persoa interesada.

2. Poderán instar o inicio do correspondente procedemento as persoas propietarias das árbores ou formacións, outras administracións públicas, centros de investigación ou asociacións e entidades privadas ou públicas que teñan entre os fins estatutarios a protección da natureza, mediante a presentación do modelo de solicitude de inclusión que figura no anexo III, acompañada da memoria xustificativa e de toda a información adicional da súa condición de senlleiro.

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es) de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.

Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

As solicitudes dirixiranse ás xefaturas territoriais correspondentes desta consellería, en atención ao lugar en que se atopa a arbore ou formación obxecto desta solicitude.

Co obxectivo de manter adaptados á normativa vixente os formularios vinculados a normas reguladoras de procedementos administrativos de prazo aberto, estes poderán ser actualizados na sede electrónica da Xunta de Galicia, sen necesidade de publicalos novamente no DOG, sempre que a modificación ou actualización non supoña unha modificación substancial. Por conseguinte, para a presentación das solicitudes será necesario utilizar os formularios normalizados, dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, onde estarán permanentemente actualizados e accesibles para as persoas interesadas.

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. No caso de que a documentación presentada sexa insuficiente, a xefatura territorial requirirá ao interesado, conforme prevé o artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, que nun prazo de dez días emende a falta ou presente os documentos preceptivos, coa indicación de que, se así non o fixase, se teña por desistido da súa solicitude, logo da resolución ditada en tal sentido.

4. A solicitude e a documentación presentada someteranse ao trámite de información pública por un prazo de vinte días, para os efectos de que os interesados poidan presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes. Igualmente, e previamente á proposta de resolución de catalogación, darase audiencia ás persoas propietarias dos exemplares ou formacións ou aos seus representantes.

5. Logo da valoración das alegacións, a persoa titular do órgano territorial de dirección competente en materia de conservación da natureza correspondente en función do lugar onde se localicen os exemplares formulará unha proposta de resolución que remitirá á Dirección Xeral de Conservación da Natureza para a súa resolución.

Esta resolución, que deberá ditarse e notificarse no prazo máximo de cinco meses segundo o establecido no artigo 42.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contado a partir da data do acordo de inicio ou da data en que se formulou a correspondente solicitude, non poñerá fin á vía administrativa e será susceptible de recurso de alzada ante a consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no prazo dun mes desde a súa notificación.

6. Transcorrido o prazo de cinco meses referido no número anterior sen que a Administración teña resolto expresamente o procedemento, entenderase estimada a dita solicitude de catalogación ou descatalogación, de conformidade co artigo 43 da Lei 30/1992, do 26 de novembro; de tratarse dun procedemento iniciado de oficio pola Administración, observase o disposto no artigo 44 da dita lei.

7. A descatalogación producirase como consecuencia da morte biolóxica ou da perda dos valores que motivaron a súa inclusión.

8. As resolucións de catalogación ou descatalogación serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia».

Segundo. Engádese un artigo 4.bis co seguinte teor:

«Artigo 4 bis. Efectos da iniciación do procedemento

A iniciación do procedemento de catalogación dun exemplar ou formación singular só levará unida a aplicación inmediata e provisional das medidas de protección establecidas neste decreto cando así o acorde a Dirección Xeral de Conservación da Natureza por proposta da xefatura territorial correspondente, mediante resolución motivada, logo de ponderación dos valores ambientais protexibles da árbore ou da formación obxecto da solicitude.

No suposto de procedementos iniciados de oficio, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza adoptará mediante resolución motivada e cun carácter inmediato as medidas de protección que foren necesarias».

Terceiro. Engádese ao artigo 5 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, o seguinte punto:

«4. Nos nomeamentos das persoas integrantes do Comité das Árbores Senlleiras procurarase acadar unha presenza equilibrada de homes e mulleres».

Cuarto. Dáse nova redacción ao artigo 6 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, que queda redactado como segue:

«Artigo 6. Funcións do Comité das Árbores Senlleiras

O Comité das Árbores Senlleiras terá, particularmente, as seguintes funcións:

a) Propor os criterios de inclusión no catálogo, atendendo aos indicadores relacionados cos méritos recollidos no artigo 2.

b) Propor a catalogación ou descatalogación das árbores e formacións singulares, con base na información debidamente documentada.

c) Emitir informe sobre as solicitudes de catalogación presentadas, naqueles supostos en que así o considere oportuno a xefatura territorial correspondente. Estes informes serán facultativos e non vinculantes, e serán emitidos polo Comité das Arbores Senlleiras no prazo máximo de quince días desde a súa solicitude.

d) Informar os diferentes plans de xestión que se elaboren para cada un dos exemplares e formacións catalogadas.

e) Aconsellar sobre as medidas de conservación e informar dos diferentes tratamentos fitosanitarios que se leven a cabo».

Quinto. Dáse nova redacción ao artigo 7 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, que queda redactado como segue:

«Artigo 7. Funcionamento do Comité das Árbores Senlleiras

1. O réxime de funcionamento do Comité das Arbores Senlleiras axustarase ao previsto no capítulo II do título II da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e élle de aplicación o previsto na sección 3ª, capítulo I, do título I da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

2. Corresponde á persoa que teña a súa presidencia acordar a convocatoria das sesións, conforme o artigo 16 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, e o réxime de convocatorias que sexa establecido polo Comité no seu propio regulamento de funcionamento».

Sexto. Dáse nova redacción ao artigo 9 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, que queda redactado como segue:

«Artigo 9. Protección

1. As árbores e formacións senlleiras que se inclúan no catálogo considéranse protexidas para todos os efectos.

2. A protección implica a prohibición de calquera acción que poida afectar negativamente a súa integridade, a súa saúde e a súa aparencia. No caso de formacións naturais, esta protección entenderase aplicable tamén a todo o seu cortexo florístico.

3. Os proxectos cuxa execución poida ameazar os valores naturais, culturais, científicos, didácticos ou doutra orde, de árbores ou formacións singulares necesitarán autorización administrativa previa da Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

4. A realización de actuacións como podas ou tratamentos fitosanitarios, cando sexan necesarias para a conservación do propio exemplar só precisarán da comunicación previa á xefatura territorial, para o suposto de terse aprobado o correspondente plan de xestión. No caso contrario, estarán sometidas á autorización administrativa da xefatura territorial, que deberá outorgala no prazo máximo de tres meses, entendéndose outorgada de non se ter ditado resolución expresa no dito prazo, de acordo cos artigos 42 e 43 da Lei 30/1992, do 26 de novembro

No suposto de existir un perigo ou risco inmediato para a seguridade das persoas, así como nos supostos de especial gravidade no ámbito da sanidade vexetal, solicitarase autorización previa á correspondente xefatura territorial da consellería competente en materia de conservación da natureza para poder realizar as actuacións de poda, tratamento fitosanitario e mesmo da eliminación da árbore ou formación, autorización que queda sometida á previa comprobación e acreditación desta situación polo servizo de conservación da natureza da xefatura territorial correspondente. De non se resolver a dita solicitude no prazo de 15 días, entenderase estimada a solicitude de autorización, de acordo co previsto no artigo 43 da Lei 30/1992, do 26 de novembro».

Disposición transitoria única

As solicitudes de catalogación formuladas con anterioridade á data de entrada en vigor do presente decreto tramitaranse polo procedemento vixente no momento de se formular a solicitude.

Disposición adicional primeira

Os anexos I e II do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, substitúense polos anexos I e II deste decreto.

Disposición adicional segunda

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades», cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Secretaría Xeral Técnica, Edificio Administrativo de San Caetano, San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña) ou a través dun correo electrónico a sx.cmati@xunta.es.

Disposición derrogatoria única

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto neste decreto, en concreto a Orde do 3 de outubro de 2011, pola que se actualiza o Catálogo galego de árbores senlleiras.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e dous de xaneiro de dous mil quince

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel María Vázquez Mourelle
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO I
Árbores senlleiras

Código

Nome da árbore

Especie

Lugar

Concello

Provincia

1A

«Perona» do Paseo da Ferradura

Abies nordmanniana (Steven) Spach

Paseo da Ferradura

Santiago de Compostela

A Coruña

2A

Pradairo da Igrexa de Vilarpandín

Acer pseudoplatanus L.

Vilarpandín

Navia de Suarna

Lugo

3A

«Pravia» de Vilalba

Acer pseudoplatanus L.

Praza Suso Gayoso

Vilalba

Lugo

4A

Castiñeiro de Indias do Xardín Artístico de Padrón

Aesculus hippocastanum L.

Xardín Artístico de Padrón

Padrón

A Coruña

5A

Ameneiro do Pazo de Maside

Alnus glutinosa (L.) Gaernt.

Pazo de Maside

Pantón

Lugo

6A

Araucaria do Brasil do Parque de Caldas de Reis

Araucaria angustifolia (Bertol.) O. Kuntze

Parque de Caldas

Caldas de Reis

Pontevedra

7A

Araucaria araucana do Castelo de Soutomaior

Araucaria araucana (Mol.) K. Koch

Castelo de Soutomaior

Soutomaior

Pontevedra

8A

Araucaria excelsa da Casa de Tenreiro

Araucaria heterophylla (Salisb.) Franco

Casa Tenreiro

Pontedeume

A Coruña

9A

Érbedo do Pazo de Mariñán

Arbutus unedo L.

Pazo de Mariñán

Bergondo

A Coruña

10A

Calocedro do Pazo de Torrecedeira

Calocedrus decurrens (Torr.) Florin

Pazo de Torrecedeira

Redondela

Pontevedra

11A

Camelia «Pantalóns» do Pazo de Lens

Camellia japonica L.

Pazo de Lens-Ames

Ames

A Coruña

12A

Camelia do Pazo de Santa CruzCamellia japonica L.Pazo de Santa Cruz

Camellia japonica L.

Pazo de Santa Cruz

Vedra

A Coruña

13A

Camelias do Pazo de Torres Agrelo

Camellia japonica L.

Pazo Torres de Agrelo

Redondela

Pontevedra

14A

Matusalén de Camelias do Pazo de Castrelos

Camellia japonica L.

Pazo de Castrelos

Vigo

Pontevedra

15A

Camelia reticulada do Pazo de Oca

Camellia reticulata Lindl.

Pazo de Oca

A Estrada

Pontevedra

16A

Camelia sasanqua do Pazo de Torres Agrelo

Camellia sasanqua Thunberg.

Pazo Torres de Agrelo

Redondela

Pontevedra

17A

Pacana de Illinois do Pazo de Mariñán

Carya illinoensis (Wangenh.) C. Koch.

Pazo de Mariñán

Bergondo

A Coruña

18A

Castiñeiro da Capela

Castanea sativa Mill.

A Capela.

Begonte

Lugo

19A

Castiñeiro do Val da Fonte

Castanea sativa Mill.

O Val da Fonte

Folgoso do Courel

Lugo

20A

Castiñeiro de Pumbariños

Castanea sativa Mill.

Souto de Rozabales

Manzaneda

Ourense

21A

Castiñeiro do Mola

Castanea sativa Mill.

Souto de Mola

A Mezquita

Ourense

22A

Castiñeiro da Ribeira

Castanea sativa Mill.

Souto da Ribeira

A Mezquita

Ourense

23A

Castiñeiro do Souto da Ramigoa

Castanea sativa Mill.

Souto de A Ramigoa

Nogueira de Ramuín

Ourense

24A

Castiñeiro da Regadiña

Castanea sativa Mill.

A Regadiña

A Pobra de Trives

Ourense

25A

Castiñeiros de Peninvello

Castanea sativa Mill.

Finca da Cerca

Xinzo de Limia

Ourense

26A

Casuarinas da Alameda da Praza de Compostela

Casuarina equisetifolia J.R. & G. Forst.

Praza de Compostela

Vigo

Pontevedra

27A

Cedros do Himalaia dos Xardíns de Vicenti

Cedrus deodara (D. Don) G. Don

Xardíns de Vicenti

Pontevedra

Pontevedra

28A

Cedro do Líbano do Pazo de Lourizán

Cedrus libani A. Rich.

Pazo de Lourizán

Pontevedra

Pontevedra

29A

«Coroa de Cristo» do Xardín Histórico de Padrón

Cercis siliquastrum L.

Xardín artístico de Padrón

Padrón

A Coruña

30A

Camecíparis de Lawson da Casa da Puebla

Chamaecyparis lawsoniana (A. Murr.) Parl.

Casa da Póboa do Incio

O Incio

Lugo

31A

Camecíparis de Lawson do Castelo de Soutomaior

Chamaecyparis lawsoniana (A. Murr.) Parl.

Castelo de Soutomaior

Soutomaior

Pontevedra

32A

Alcanforeiros do Pazo de Rubiáns

Cinnamomum camphora (L.) Siebold

Pazo de Rubiáns

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

33A

Laranxeira «Obscena» do Pazo de Brandariz

Citrus aurantium L. var. corniculata Risso

Pazo de Brandariz

Ortigueira

A Coruña

34A

Criptomeria do Pazo de Santa Cruz

Cryptomeria japonica (L. f.) D. Don elegans

Pazo de Santa Cruz

Vedra

A Coruña

35A

Criptomeria do Castelo de Soutomaior

Cryptomeria japonica (L. f.) D. Don elegans

Castelo de Soutomaior

Soutomaior

Pontevedra

36A

Criptomeria Elegante do Pazo de Oca

Cryptomeria japonica (L. f.) D. Don elegans

Pazo de Oca

A Estrada

Pontevedra

37A

Cunninghamia do Pazo de Gondomar

Cunninghamia lanceolata (Lamb.) Hook. f.

Pazo de Gondomar

Gondomar

Pontevedra

38A

Cunninghamia do Parque-Xardín de Caldas de Reis

Cunninghamia lanceolata (Lamb.) Hook. f.

Parque de Caldas

Caldas de Reis

Pontevedra

39A

Ciprés de California da Misericordia

Cupressus macrocarpa Hartw.

Misericordia

Viveiro

Lugo

40A

Ciprés de California do Pazo de Quintás

Cupressus macrocarpa Hartw.

Pazo de Quintáns

Meis

Pontevedra

41A

Ciprés Mediterráneo da Capela do Salvador

Cupressus sempervirens L. fastigiata

Mosteiro de Samos

Samos

Lugo

42A

Eucaliptos do Pazo de Mariñán

Eucalyptus globulus Labill.

Pazo de Láncara ou Mariñán

Bergondo

A Coruña

43A

Eucalipto da Casa de Reimunde

Eucalyptus globulus Labill.

Casa de Reimunde

Foz

Lugo

44A

Avó do eucaliptal de Chavín

Eucalyptus globulus Labill.

Souto da Retorta

Viveiro

Lugo

45A

Eucaliptos do Paseo da Ferradura

Eucalyptus globulus Labill.

Paseo da Ferradura

Santiago de Compostela

A Coruña

46A

Eucaliptos do Pazo de Castrelos

Eucalyptus globulus Labill.

Pazo de Castrelos

Vigo

Pontevedra

47A

Eucalipto do maná da Casa de Ordax

Eucalyptus viminalis Labill.

Casa de Ordax

Castro de Rei

Lugo

48A

Faias do Pazo de Castrelos

Fagus sylvatica L.

Pazo de Castrelos

Vigo

Pontevedra

49A

Figueira do Meco

Ficus carica L.

Monte Siradella

O Grove

Pontevedra

50A

Figueira da Casa-Museo de Rosalía de Castro

Ficus carica L.

Casa-Museo Rosalía de Castro

Padrón

A Coruña

51A

Freixo de Folla Estreita de Montepando

Fraxinus angustifolia Vahl.

O Val

Monforte

Lugo

52A

Freixo de Porta

Fraxinus excelsior L.

Pista a Casa do Galo

Sobrado

A Coruña

53A

Xinkgos do Pazo de Fonseca

Ginkgo biloba L.

Xardín do Pazo de Fonseca

Santiago de Compostela

A Coruña

54A

Acivro do Pazo de Casanova

Ilex aquifolium L.

Pazo de Casanova

O Pino

A Coruña

55A

Cocoteiro de Chile do Pazo de Meirás

Jubaea chilensis (Mol.) Baill

Pazo de Meirás

Sada

A Coruña

56A

Tulipeiros de Virxinia do Pazo de Santa Cruz

Liriodendron tulipifera L.

Pazo de Ortigueira

Vedra

A Coruña

57A

Tulipeiros de Virxinia do Pazo de Castrelos

Liriodendron tulipifera L.

Pazo de Castrelos

Vigo

Pontevedra

58A

Magnolia grandiflora de Santa Rita

Magnolia grandiflora L.

Cuartel vello Garda Civil

Narón

A Coruña

59A

Magnolias grandifloras do Pazo de Rubiáns

Magnolia grandiflora L.

Pazo de Rubiáns

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

61A

Metasecuoia do Pazo de Lourizán

Metasequoia glyptostroboides H. Hu & Cheng

Pazo de Lourizán

Pontevedra

Pontevedra

62A

Metrosideros excelso do Xardín da Torre de Andrade

Metrosideros excelsus Soland. Ex Gaertn.

Xardín da Torre de Andrade

Pontedeume

A Coruña

63A

Metrosideros excelso do Xardín da Policía da Coruña

Metrosideros excelsus Soland. Ex Gaertn.

Xardín do Antigo Hospital

A Coruña

A Coruña

64A

Oliveira do Paseo de Alfonso XII

Olea europaea L.

Paseo de Alfonso XII

Vigo

Pontevedra

65A

Oliveiras do Cemiterio de Adina

Olea europaea L.

Cemiterio de Adina

Padrón

A Coruña

66A

Palmeira datileira do Mosteiro de Herbón

Phoenix dactylifera L.

Mosteiro de Herbón

Padrón

A Coruña

67A

Ombú do Centro Cultural de Santa Cruz

Phytolacca dioica L.

Centro cultural Santa Cruz-Oleiros

Oleiros

A Coruña

68A

Ombú do Pazo de Santa Cruz

Phytolacca dioica L.

Pazo de Ortigueira

Vedra

A Coruña

69A

Piñeiro Bravo de Leiro

Pinus pinaster Ait.

Leiro

Pontedeume

A Coruña

71A

Piñeiro insigne do Castelo de Santa Cruz

Pinus radiata D. Don

Castelo de Santa Cruz

Oleiros

A Coruña

72A

Plátano de Sombra do Pazo de Dompiñor

Platanus hispanica Mill. ex Munchh.

Pazo de Dompiñor

O Incio

Lugo

73A

Douglasia verde do Pazo de Casanova

Pseudotsuga menziesii (Mirb.) Franco

Pazo de Casanova

O Pino

A Coruña

74A

Carballo albar da Praza do Campo de Quindous

Quercus petraea (Mattusch.) Liebl.

Quindous

Cervantes

Lugo

75A

Rebolo da Praza do Campo de Quindous

Quercus pyrenaica Will

Quindous

Cervantes

Lugo

76A

Rebolo do Pazo da Pena

Quercus pyrenaica Will

Pazo da Pena

Manzaneda

Ourense

77A

Carballo de Pazo de Vilardefrancos

Quercus robur L.

Pazo de Vilar de Arcos

Carballo

A Coruña

78A

Carballo de Ramos

Quercus robur L.

Casa de Ramos

Taboada

Lugo

79A

Carballo do Viño ou Carballo de Pelete

Quercus robur L.

O Pelete

A Lama

Pontevedra

80A

Carballo da Capela de Santa Margarida

Quercus robur L.

Capela de Santa Margarida

Pontevedra

Pontevedra

81A

Carballa da Rocha

Quercus robur L.

A Touza

Rairiz de Veiga

Ourense

82A

Carballo do Pazo de Cartelos

Quercus robur L.

Pazo de Cartelos

Carballedo

Lugo

83A

Carballo Grande de Bustelo de Abaixo

Quercus robur L.

Campo da Fonte

Carballedo

Lugo

84A

Carballo da Casa do Herdeiro

Quercus robur L.

Casa de Herdeiro

Carballedo

Lugo

85A

Carballos do Campo de Golf

Quercus robur L.

Campo de golf-Lugo

Lugo

Lugo

86A

Carballo de Mede

Quercus robur L.

Bosque de Mede

Xermade

Lugo

87A

Carballo da Casa Grande

Quercus robur L.

Praza do Carballo

Carballedo

Lugo

88A

Carballo grande do Mestre

Quercus robur L.

Á beira da N-540

Carballedo

Lugo

89A

Carballo grande de Reboreda

Quercus robur L.

Bosque de Caraveleira

A Porqueira

Ourense

90A

Carballo fastixiado do Pazo de Santa Cruz

Quercus robur L. Fastigiata

Pazo de Santa Cruz

Vedra

A Coruña

91A

Carballo fastixiado do Xardín Histórico de Padrón

Quercus robur L. Fastigiata

Xardín Artístico de Padrón

Padrón

A Coruña

92A

Aciñeira de Covas

Quercus ilex L. subsp. ballota (Desf.) Samp.

Predio próximo ao cemiterio

Rubiá

Ourense

93A

Sobreira de Balvoa

Quercus suber L.

Os Hórreos

A Estrada

Pontevedra

94A

Sobreira do Pazo de Valiñas

Quercus suber L.

Pazo de Valiñas

A Estrada

Pontevedra

95A

Sobreira do Cristo de Arriba

Quercus suber L.

Praza pública

Redondela

Pontevedra

96A

Sobreira da Casa do Tristo

Quercus suber L.

Casa do Tristo

A Pobra de Brollón

Lugo

97A

Secuoias vermellas do Xardín Histórico de Padrón

Sequoia sempervirens (D. Don) Endl.

Xardín Artístico de Padrón

Padrón

A Coruña

98A

Secuoia vermella do Castelo de Soutomaior

Sequoia sempervirens (D. Don) Endl.

Castelo de Soutomaior

Soutomaior

Pontevedra

99A

Secuoia xigante do Pazo do Casal

Sequoiadendron giganteum (Lindl.) Buchh.

Pazo do Casal

Bergondo

A Coruña

100A

Taxodios do Xardín de Artime

Taxodium disticum (L.) Rich.

Xardín de Artime

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

101A

Teixo do Pazo de Baldomir

Taxus baccata L.

Pazo de Baldomir

Bergondo

A Coruña

102A

Teixo da Igrexa de Córneas

Taxus baccata L.

Cemiterio

Baleira

Lugo

103A

Teixo da Casa de Tenreiro

Taxus baccata L.

Casa de Tenreiro-Pontedeume

Pontedeume

A Coruña

104A

Tuia xigante do Pazo de Torres Agrelo

Thuja plicata Don ex D. Don

Pazo de Torres de Agrelo

Redondela

Pontevedra

105A

Tileiro prateado da Alameda do Campo da Estrela

Tilia tomentosa Moench

Alameda do Campo da Estrela

Santiago de Compostela

A Coruña

106A

Washingtonias robustas do Pazo de Santa Cruz

Washingtonia robusta H.Wendl.

Xardín do Pazo de Santa Cruz de Ribadulla

Vedra

A Coruña

107A

Abeto branco de Carballal

Abies alba Mill.

Carballal

A Estrada

Pontevedra

108A

Araucaria de Carballeira

Araucaria bidwillii Hook.

Carballeira

Pontevedra

Pontevedra

109A

Araucaria excelsa do Pazo de Rubiáns

Araucaria heterophylla (Salisb.) Franco

Pazo de Rubiáns

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

110A

Castiñeiro de Pexeiros

Castanea sativa Mill.

Pexeiros

Os Blancos

Ourense

111A

Castiñeiro de Cerdedelo

Castanea sativa Mill.

Souto de Cerdedelo

Laza

Ourense

112A

Castiñeiro de Trambolosríos

Castanea sativa Mill.

Trambolosríos

Parada de Sil

Ourense

113A

Castiñeiro de Santa Eufemia

Castanea sativa Mill.

Santa Eufemia

Baños de Molgas

Ourense

114A

Castiñeiro de Cádavos

Castanea sativa Mill.

Cádavos

A Mezquita

Ourense

115A

Castiñeiro do Prado da Ponte

Castanea sativa Mill.

Prado da Ponte

A Mezquita

Ourense

116A

Castiñeiro de Placín

Castanea sativa Mill.

Placín-Cubeiros

Manzaneda

Ourense

117A

Abeleira do Pazo de Lourizán

Corylus avellana L.

Pazo de Lourizán

Pontevedra

Pontevedra

118A

Criptomeria xaponesa do Pazo de Lourizán

Cryptomeria japonica (L.f.) D.Don

Pazo de Lourizán

Pontevedra

Pontevedra

119A

Dicksonia do Pazo de Santa Cruz de Ribadulla

Dicksonia antarctica Labill.

Ortigueira

Vedra

A Coruña

120A

Freixo de folla estreita de Albarín

Fraxinus angustifolia Vahl.

Albarín

O Porriño

Pontevedra

121A

Xinkgo de Vilaboa

Ginkgo biloba L.

Vilaboa

Culleredo

A Coruña

122A

Nogueira de Licín

Juglans regia L.

Licín

O Saviñao

Lugo

123A

Magnolia de Oural

Magnolia grandiflora L.

Oural

Boqueixón

A Coruña

124A

Metrosideros da Quinta de Besada

Metrosideros robusta A. Cunn.

Quinta de Besada

Poio

Pontevedra

125A

Moreira negra de Cangas de Foz

Morus nigra L.

Cangas de Foz

Cangas de Foz

Lugo

126A

Piñeiro de Alxán

Pinus pinaster Ait.

Alxán

Salvaterra de Miño

Pontevedra

128A

Carballo da Portela

Quercus robur L.

A Portela

Mondariz

Pontevedra

129A

Carballo de Portacal

Quercus robur L.

Cumbraos

Sobrado

Coruña

130A

Carballo de Freán

Quercus robur L.

Freán

Xermade

Lugo

131A

Carballo de Vilatuxe

Quercus robur L.

Vilatuxe

Lalín

Pontevedra

132A

Carballo de Soutolongo

Quercus robur L.

Soutolongo

Lalín

Pontevedra

133A

Pai dos Rebolos

Quercus robur L.

Umoso-Dradela

Viana do Bolo

Ourense

134A

Carballo de Luxís

Quercus robur L.

Pacios

Castro de Rei

Lugo

135A

Carballo de Cabanavella-I

Quercus robur L.

Cabanavella

Cervantes

Lugo

136A

Carballo de Cabanavella-II

Quercus robur L.

Cabanavella

Cervantes

Lugo

137A

Sobreira de Loña

Quercus suber L.

Igrexa do Santo Cristo de Lonia

Ourense

Ourense

138A

Sobreira de Siador

Quercus suber L.

A Saleta

Silleda

Pontevedra

140A

Salgueiro da braña de Xafardán

Salix atrocinerea Brot.

Deiro

Vilanova de Arousa

Pontevedra

141A

Secuoia vermella do Pazo de Lourizán

Sequoia sempervirens (D. Don) Endl.

Pazo de Lourizán

Pontevedra

Pontevedra

142A

Sófora xaponesa do Pazo de Lourizán

Sophora japonica L. pendula

Pazo de Lourizán

Pontevedra

Pontevedra

143A

Teixo de Cereixido

Taxus baccata L.

Cereixido

Quiroga

Lugo

144A

Teixo de Carballido

Taxus baccata L.

Carballido

A Fonsagrada

Lugo

145A

Teixo de Fontaneira

Taxus baccata L.

Fontaneira

Baleira

Lugo

146A

Teixo de Balmonte

Taxus baccata L.

Balmonte

Castro de Rei

Lugo

ANEXO II
Formacións senlleiras

Código

Nome da formación

Especie

Lugar

Concello

Provincia

1F

Buxal da Casa da Botana

Buxus sempervirens L.

Casa da Botana

Arzúa

A Coruña

2F

Buxal do Pazo de Santa Cruz

Buxus sempervirens L.

Pazo de Santa Cruz

Vedra

A Coruña

3F

Buxal do Pazo de Oca

Buxus sempervirens L.

Pazo de Oca

A Estrada

Pontevedra

4F

Castiñeiros xaponeses e chineses do Pazo de Lourizán

Castanea crenata Sieb.&Zucc.; Castanea mollisima Blume Mill.

Pazo de Lourizán

Pontevedra

Pontevedra

5F

Fraga de Catasós

Castanea sativa Mill.; Quercus robur L.

Pazo de Quintela

Lalín

Pontevedra

6F

Souto de Rozavales

Castanea sativa Mill.

Souto de Rozavales

Manzaneda

Ourense

7F

Carreira de Eucaliptos do Pazo de Barrantes

Eucalyptus globulus Labill.

Pazo de Barrantes

Ribadumia

Pontevedra

8F

Eucaliptos do Pazo de Rubiáns

Eucalyptus globulus Labill.

Pazo de Rubiáns

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

9F

Souto da Retorta

Eucalyptus globulus Labill.

Souto da Retorta

Viveiro

Lugo

10F

Cipreses de California do Xardín do Malecón

Cupressus macrocarpa Hartw.

Xardín do Malecón

Ortigueira

A Coruña

11F

Mirtos do Pazo de Mariñán

Myrtus communis L.

Pazo de Mariñán

Bergondo

A Coruña

12F

Retícula de oliveiras do Pazo de Santa Cruz

Olea europaea L.

Pazo de Santa Cruz

Vedra

A Coruña

13F

Palmeiral canario dos Xardíns de Méndez Núñez

Phoenix canariensis Hort. ex Chabaud

Xardíns de Méndez Núnez

A Coruña

A Coruña

14F

Palmeira do Senegal do Xardín Artístico de Padrón

Phoenix reclinata Jacq.

Xardín Artístico de Padrón

Padrón

A Coruña

15F

Plátanos de sombra do Pazo de Mariñán

Platanus hispanica Mill ex Muenchh.

Pazo de Mariñán

Bergondo

A Coruña

16F

Plátanos de sombra do Paseo do Espolón de Padrón

Platanus hispanica Mill ex Muenchh.

Paseo do Espolón

Padrón

A Coruña

17F

Carballeira de Caldas de Reis

Quercus robur L.

Parque de Caldas

Caldas de Reis

Pontevedra

18F

Carballeira de San Lourenzo de Trasouto

Quercus robur L.

San Lourenzo

Santiago

A Coruña

19F

Teixedal de Casaio

Taxus baccata L.

Teixedal de Casaio

Carballeda de Valdeorras

Ourense

20F

Carreira dos tileiros do Pazo de Oca

Tilia platyphyllos Scop.

Pazo de Oca

A Estrada

Pontevedra

21F

Olmos do Xardín de San Carlos

Ulmus x hollandica Mill.

Xardín de San Carlos

A Coruña

A Coruña

22F

Carreira de araucarias de Noia

Araucaria bidwillii Hook.

Noia

Noia

A Coruña

23F

Bidueiral de Xares

Betula celtiberica Rothm. & Vasc.

Coto de Xares

A Veiga

Ourense

24F

Carreira de buxos da illa de San Simón

Buxus sempervirens L.

Illa de San Simón

Redondela

Pontevedra

25F

Buxeda do Pazo de San Lourenzo

Buxus sempervirens L.

Santiago de Compostela

Santiago de Compostela

A Coruña

26F

Castiñeiros dos Blancos

Castanea sativa Mill.

Os Blancos

Os Blancos

Ourense

27F

Devesa de Cartelos

Quercus robur L.

Cartelos

Carballedo

Lugo

28F

Carballos da praza do Campo de Bande

Quercus robur L.

Bande

Bande

Ourense

29F

Sobreiral de Magán

Quercus suber L.

Magán-Estacas

Curtis

Pontevedra

30F

Tileiras prateadas da igrexa de San Domingos

Tilia tomentosa Moench

Ribadavia

Ribadavia

Ourense

31F

Tileiras prateadas do mosteiro de Oseira

Tilia tomentosa Moench

Oseira

San Cristovo de Cea

Ourense

missing image file
missing image file