Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Mércores, 11 de febreiro de 2015 Páx. 6165

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Quiroga (expediente IN407A 2014/46-2, 8182 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Retegal, S.A.

Domicilio social: avenida Fernando Casas Novoa, 35 B, 3º C, Santiago de Compostela.

Denominación: instalación eléctrica para edificación destinada a servizos de telecomunicacións.

Situación: concello de Quiroga.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión aérea a 20 kV con orixe nun apoio novo que intercalará a compañía distribuidora (Fenosa) na LMTA SEQ-805, no tramo entre a derivada do CT O Soldón-A Seara, e a derivada ao CT A Seara, e final no centro de transformación de intemperie proxectado, cunha lonxitude de 230 metros en condutor tipo LA-56.

2. Centro de transformación intemperie sobre apoio de celosía metálica, cunha potencia de 50 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

3. Liña de baixa tensión subterránea, con orixe no CTI, pasa pola caixa de protección e medida e remata nun paso subterráneo a aéreo, cunha lonxitude de 20 metros en condutor tipo XZ1-4X50AI.

4. Liña de baixa tensión aérea con orixe no paso subterráneo a aéreo e final nun paso aéreo a subterráneo, cunha lonxitude de 647 metros en condutor RZ-95.

En relación con este proxecto, o 11 de novembro de 2014 a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental informa de que non é previsible que o dito proxecto vaia producir efectos significativos sobre o ambiente, nos termos establecidos no dito informe, polo que non se considera necesaria a tramitación prevista na sección 1ª do capítulo II da Lei de avaliación ambiental.

Durante o período de información pública, Julio Montenegro Teijeiro presenta, con data do 15 de novembro de 2014, un escrito de alegacións no cal manifesta que a comunidade Montes de la Herrería de Soldón, C.B. é a propietaria da parcela con referencias catastrais: polígono 88-parcela 325, que é segundo o alegante pola que transcorre a maior parte do trazado, e que non se opón á instalación solicitada pero que se teña por propietaria a comunidade a que representa.

Á vista das alegacións presentadas polo interesado, da contestación e documentación que achega a empresa promotora e do informe emitido o 26 de decembro de 2014 polo Servizo de Montes da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar de Lugo, considérase que aquelas non impiden continuar coa tramitación do expediente.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución. Tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Lugo, 15 de xaneiro de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo