Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Martes, 17 de febreiro de 2015 Páx. 6678

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2015 pola que se publica a relación de expedientes excluídos das dúas seguintes convocatorias de axudas para proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia en que poidan ser beneficiarios.

O 26 de xaneiro de 2015 publicouse a Resolución do Instituto Enerxético de Galicia (Inega) do 26 de decembro de 2014 (DOG núm. 16), pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se anuncia a convocatoria anticipada para o ano 2015.

Mediante Resolución da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) do 8 de maio de 2014 apróbanse as bases reguladoras das subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2007-2013, e anúnciase a convocatoria para o ano 2014. O artigo 29 destas bases reguladoras dispón que aqueles beneficiarios da axuda que na data máxima de remate e xustificación da operación prevista no artigo 19 non renunciasen expresamente a ela e non executasen nin xustificasen o proxecto, sen causa debidamente xustificada e comunicada á Agader, quedarán excluídos das dúas seguintes convocatorias para proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia en que poidan ser beneficiarios.

Unha vez rematado o prazo de xustificación dos investimentos, e vista a relación de expedientes e beneficiarios que se atopan na situación antedita, remitida por Agader ao Inega con data do 2 de febreiro de 2015,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar a relación de solicitantes que están excluídos das dúas seguintes convocatorias de axudas do Inega para proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia en que poidan ser beneficiarios, ao atoparse na data máxima que fixa o artigo 29 da Resolución da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) do 8 de maio de 2014 como data límite para a xustificación dos investimentos, o 21 de novembro de 2014, nalgunha das situacións previstas no citado artigo 29.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación ou notificación, de acordo co previsto nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Potestativamente, e con carácter previo, pódese interpor recurso administrativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun (1) mes contado do mesmo xeito, tal e como dispoñen os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo doutros recursos que se consideren oportunos.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2015

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO
Solicitantes excluídos das dúas seguintes convocatorias de axudas

IN421G. Proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos
de equipamentos térmicos de biomasa

Beneficiarios que non xustificaron nin presentaron renuncia

Promotor

NIF

Marcos Atrio Domínguez

44450729D

María Nieves Crespo López

34943206L

Club Santo Domingo

G32004244

José Luis Fernández Pedreira

35965310A

José Jesús Vila Pereiro

76605173Q

Rosa Maribel Blanco Ledo

34600175X

Juan Ángel Concheiro Linares

33266987V

Ramona Feijoo Quintairos

34562528Z

Concello de Monforte de Lemos

P2703100D

José Benito Rodríguez Lomba

35557351H

Edmundo Rodríguez Díaz

34228951Y

Nor Rubber, S.A.L.

A36378214

Granxa Xesteira

J15092372

San Diego, C.B.

E32274995

María Mercedes Vázquez Fernández

76607021R

Concello da Lama

P3602500E

Óscar Tomás Concheiro Liñares

33266954F

Concello da Pobra de Trives

P3206400H

Concello de Vilardevós

P3209200I

María Esther Álvarez Costa

35312670B

Ofelia Emilia Recimil García

35248130D

Juan Carlos Concheiro Barreiro

33179416F

Concello de Chantada

P2701600E

Fogar do Selmo, S.L.

B15974876

Samuel Díaz Ramos

34246878Q

Consellería de Traballo e Benestar

S1511001H

Concello de Ponteceso

P1506900H

Concello de Ponteareas

P3604200J

Beneficiarios que presentaron renuncia fóra de prazo

Promotor

NIF

Concello de Cualedro

P320290A

Carlos Busto, S.L.

B155487446

Marcos Atrio Domínguez

44450729D

Concello do Saviñao

P2705800G

Concello de Cerdedo

P3601100E

Concello de Oza-Cesuras

P1500029B

Concello de Cariño

P1509500C

Concello de Oroso

P1506100E