Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Xoves, 19 de febreiro de 2015 Páx. 6954

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 5 de febreiro de 2015 pola que se autoriza o cambio de denominación do Colexio de Educación Infantil e Primaria da Bandeira do concello de Silleda.

De conformidade co previsto no artigo 8.1º do Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, aprobado polo Decreto 374/1996, do 17 de outubro, DOG do 21 de outubro, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:

Provincia: Pontevedra.

Concello: Silleda.

Código: 36009032.

Denominación actual: Colexio de Educación Infantil e Primaria da Bandeira.

Nova denominación: colexio de educación infantil e primaria Ramón de Valenzuela.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2015

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria