Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 25 de febreiro de 2015 Páx. 8110

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ORDE do 16 de febreiro de 2015 pola que se acorda a adxudicación do procedemento de alleamento mediante poxa pública duns inmobles situados no concello de Santiago de Compostela, e se declara deserta a adxudicación duns inmobles situados en Padrón, Teo e Monforte de Lemos.

Por ordes desta Consellería de Facenda do 11 de abril de 2013, do 29 de abril de 2014, do 13 de outubro de 2014 e do 18 de novembro de 2014 foi autorizado o alleamento, mediante poxa, duns inmobles situados nos concellos de Santiago de Compostela, Padrón, Teo e Monforte de Lemos.

Logo de publicarse no Diario Oficial de Galicia do 11 de decembro de 2014, número 237, e nun xornal de ampla difusión (La Voz de Galicia do mesmo día), o Anuncio do 19 de novembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, de alleamento dos citados inmobles, tivo lugar o 20 de xaneiro de 2015 a poxa pública anunciada, polo que, á vista das actas da mesa de contratación, de conformidade co disposto no artigo 70 do Decreto 50/1989, polo que se aproba o Regulamento do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e tras a proposta da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Primeiro.

Aprobar as seguintes adxudicacións:

1. A Juana María Mariño Dieste, en cuarta poxa, polo prezo de 3.800 euros, a parcela nº 59, Agro de Pazos, situada en Villestro (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 1.584 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con camiño existente; sur, zona excluída; leste, zona excluída; e oeste, con José Ramón Iglesias Miguéns. Referencia catastral: 15079C502000590000WS. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela como predio nº 23.014, tomo 1.203, libro 245 e folio 1.

2. A Miguel Ángel Parente Alamancos, en cuarta poxa, polo prezo de 9.500 euros a parcela nº 157, Pedra Miralles, situada en San Xoán de Fecha (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 25.180 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con Igrexa Católica; sur, zona excluída; leste, Francisca Castro Castro e outros; e oeste, con camiño público. Referencia catastral: 15079C503201570000WF e 15079C503101570000WW. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela como predio nº 22.928, tomo 1.202, libro 244 e folio 183.

3. A Eduardo Manuel Ríos Marcos, en cuarta poxa, polo prezo de 15.100 euros a parcela nº 199, Rodeiro, situada en San Xoán de Fecha (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 29.360 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con Felisa Liñares Guillén e outros; sur, Igrexa Católica; leste, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; e oeste, con camiño. Referencia catastral: 15079C503001990000WU. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela como predio nº 22.932, tomo 1.202, libro 244 e folio 185.

Segundo.

Declarar deserta en primeira, segunda e terceira poxa a adxudicación dos seguintes inmobles:

1. Parcela nº 929, Coquiño, situada en Santa María de Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 1.406 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, Manuela Mato García e outros; sur, Manuela Varela Andrade; leste, estrada de Vigo á Coruña; e oeste, José María Rivero de Aguilar y Otero e zona excluída. Referencia catastral: 9894202NH3400N0001QW. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.672, tomo 487, libro 110 e folio 116.

Tipo de licitación primeira poxa: 20.897,39 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 17.762,78 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 14.628,17 euros.

2. Parcela nº 568, Devesiña, situada en Santa María de Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 690 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, camiño existente; sur, Manuela López Rodríguez; leste, estrada da Coruña a Vigo; e oeste, camiño existente. Referencia catastral: 15066B503005680000FO. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.648, tomo 487, libro 110 e folio 92.

Tipo de licitación primeira poxa: 29.872,21 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 25.391,38 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 20.910,55 euros.

3. Rústica. Soar chamado Gandarón situado no lugar da Ramallosa, parroquia de Lucí, concello de Teo, de 690 m2, que linda: norte, Manuela Cajaraville; sur, herdeiros de Juan Cao Cerdeira; leste, estrada; e oeste, Antonio Martínez Montes e Josefa Cao Cerdeira. Sobre este predio hai dous locais: un de 140 m2 de superficie, que linda polo leste coa estrada e outro local de 30 m2 de superficie. Referencia catastral: 7084105NH3378S0001RI. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Padrón no tomo 315, libro 76, folio 22, predio nº 6.171.

Tipo de licitación primeira poxa: 79.982,00 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 67.984,70 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 55.987,40 euros.

4. Parcela situada no concello de Monforte de Lemos, na rúa Valle Inclán 157, dunha superficie de 103,80 m2, sobrante da estrada LU-933, que linda: dereita, José Iglesias López; esquerda, Salvador Garrido Castro; e fronte, rúa Valle Inclán. Referencia castastral: 3594022PH2039S0001LZ. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Monforte de Lemos no tomo 792, libro 339, folio 117, predio nº 34.425.

Tipo de licitación primeira poxa: 52.705,10 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 44.799,34 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 36.893,57 euros.

Terceiro.

O pagamento do prezo de adxudicación efectuarase segundo o estipulado no artigo 70.3º do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto.

A venda formalizarase como corpo certo en escritura pública, e serán por conta dos adquirentes os custos do seu outorgamento. Os tributos derivados da transmisión serán exixidos conforme o disposto na lexislación tributaria. Así mesmo, quedan a cargo do adxudicatario o pagamento dos custos dos anuncios que se teñan producido neste procedemento de alleamento.

Quinto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2015

P.D. (Orde do 9.1.2012; DOG nº 9, do 13 de xaneiro)
Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda