Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 25 de febreiro de 2015 Páx. 8114

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se dá publicidade a unha modificación substancial de autorización ambiental integrada outorgada.

De conformidade co artigo 23, número 3, da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, as comunidades autónomas darán publicidade nos seus respectivos boletíns oficiais ás resolucións administrativas mediante as que se outorgaron, modificaron ou revisaron as autorizacións ambientais integradas.

Atendendo ao anteriormente exposto, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve dar publicidade no DOG á modificación substancial da autorización ambiental integrada que se relaciona a continuación, que se pode consultar na seguinte URL:

http://www.cmati.xunta.es/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada

Ou ben nas dependencias da citada secretaría xeral, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

– Resolución do 27 de novembro de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental, se realiza a modificación substancial e se refunde o texto da autorización ambiental integrada á fábrica de queixo situada no concello de Vilalba (Lugo). Titular: Queserías Entrepinares, S.A.U., número de rexistro da AAI 2010-IPPC-1012-253.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental