Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 2 de marzo de 2015 Páx. 8612

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 17 de febreiro de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada para a planta de almacenamento de residuos e de tratamento e valorización de residuos hidrocarburados que Codisoil, S.A. posúe no concello de Marín (Pontevedra) (expediente 2014-IPPC-I-37).

Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 157, do 2 de xullo), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a seguinte documentación:

– Proxecto básico para a solicitude da autorización ambiental integrada das instalacións de Codisoil, S.A. situadas no porto de Marín (Pontevedra). Xullo 2014.

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, de ser o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que estime convenientes. Os citados documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán consultalos na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es/ >>medio ambiente e sostibilidade
>>prevención e control de actividades >>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO
Memoria resumo

Clave do expediente: 2014-IPPC-I-37.

Peticionaria: Codisoil, S.A.

Domicilio social: Paseo de la Castellana, 259 D, planta 50, Edificio Torre espacio, 28046 Madrid.

Localización da instalación: edificio de servizos Peirao norte, s/n, porto de Marín, 36900 Marín (Pontevedra).

Actividade: planta de almacenamento de residuos e de tratamento e valorización de residuos hidrocarburados.

Descrición: a actividade actual da planta consiste no almacenamento e valorización de residuos perigosos e non perigosos procedentes dos buques, recollidos como Marpol V, e de instalacións industriais externas, o tratamento de residuos hidrocarburados para obter combustible alternativo ao fuel xunto co tratamento das augas contaminadas xeradas no proceso, así como a valorización enerxética de residuos perigosos. No ano 2015 está prevista a instalación dunha nova liña de tratamento biolóxico da auga do proceso e un novo tanque de almacenamento de residuos e decantación. Para a xestión dos residuos admitidos na planta, téñense en conta as seguintes liñas:

– Almacenamento de residuos perigosos e non perigosos.

– Valorización de residuos non perigosos.

– Valorización de residuos hidrocarburados e tratamento das augas contaminadas xeradas no proceso.

– Valorización enerxética do residuo con código LER 130701.

Verteduras: as augas residuais industriais de proceso son vertidas ao colector do sistema de saneamento do porto tras recibir un tratamento fisicoquímico e biolóxico. As augas residuais pluviais e industriais de vertedura son vertidas ao colector do sistema de saneamento do porto tras ser tratadas nun separador de hidrocarburos e as augas residuais fecais son vertidas directamente ao sistema de saneamento do porto sen ser tratadas previamente.