Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 6 de marzo de 2015 Páx. 9351

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro 2015 pola que se fan públicos, para os efectos do artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, os convenios de colaboración asinados no terceiro cuadrimestre do ano 2014.

Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración subscritos pola Academia Galega de Seguridade Pública no terceiro cuadrimestre do ano 2014 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

A Estrada, 23 de febreiro de 2015

Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data da sinatura

Achega total da Agasp

Anualidade 2014

Academia Galega de Seguridade Pública e o Concello de Lugo

Acordo para a colaboración na formación continua do persoal da seguridade pública e das emerxencias do Concello de Lugo

2.9.2014

Sen achega económica

Academia Galega de Seguridade Pública e a Deputación Provincial de Lugo

Formación dos membros dos corpos da Policía Local e Bombeiros dos concellos da provincia de Lugo

2ª prórroga

13.9.2013

Sen achega económica

Academia Galega de Seguridade Pública e o Concello do Grove

Acordo para a colaboración na formación continua do persoal da seguridade pública e das emerxencias do Concello do Grove

1ª prórroga

22.12.2014

Sen achega económica

Academia Galega de Seguridade Pública e o Concello de Arteixo

Acordo para a colaboración na formación continua do persoal da seguridade pública e das emerxencias do Concello de Arteixo

1ª prórroga

22.12.2014

Sen achega económica