Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 2015 Páx. 10565

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Narón

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de apertura de instalación para actividade de lacado e pintado de materiais de ferro e aceiro.

Inaval, S.L. solicita da Alcaldía licenza municipal para apertura de instalación dunha actividade de lacado e pintado de materiais de ferro e aceiro situada na parcela F-10, sector III, polígono industrial Río do Pozo, cumprindo o disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles contados a partir do seguinte o da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia e Diario Oficial de Galicia, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo e formular por escrito as alegacións ou reclamacións que consideren oportunas no departamento de urbanismo deste concello.

Narón, 7 de xaneiro de 2015

María Ángeles Manteiga Fulgueira
Secretaria xeral accidental