Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 16 de marzo de 2015 Páx. 10708

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO (4380/2010).

No procedemento ordinario tramitado nesta sección co número 4380/2010 acordouse expedir este edicto, co fin de que se publique no Diario Oficial de Galicia a parte dispositiva da sentenza ditada polo Tribunal Supremo con data do 23.12.2014.

Texto:

«Resolvemos:

Que, rexeitando as causas de inadmisión alegadas e con estimación dos dous motivos de casación invocados, debemos declarar e declaramos que procede o recurso interposto polo procurador Luis Alfaro Rodríguez, en nome e representación de Ana Palacios Bartolomé e de Felipe Casanueva Freijo, contra a sentenza pronunciada con data do 16 de maio de 2012, pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no recurso contencioso-administrativo número 4380 de 2010, a que, por conseguinte, anulamos, ao mesmo tempo que, con estimación da pretensión definitivamente formulada pola representación procesual dos recorrentes, debemos declarar e declaramos nula a Orde do 4 de xuño de 2010, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, pola que se aprobou o Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Teo, no que se refire ao trazado da vía de conexión entre a N-550 e a AC-841 e ao solo urbanizable delimitado (SUD-9), por ser contraria a dereito ao carecer o referido Plan xeral de ordenación aprobado do preceptivo e esencial trámite de avaliación ambiental estratéxica, sen facer expresa condena ao pagamento das custas causadas na instancia e neste recurso de casación.

Así, pola nosa sentenza, cuxa parte dispositiva se publicará no Diario Oficial de Galicia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Fágase saber ás partes, ao llela notificar, que contra ela non cabe ningún recurso.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna Jesús Ernesto Peces Morate, maxistrado relator nestes autos, do que, como secretario, certifico».

A Coruña, 24 de febreiro de 2015

Inmaculada Pérez Arrojo
Secretaria