Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 2015 Páx. 11679

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de licitación (expediente OA-01-2015).

1.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Bergondo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Nº de expediente: OA- 01-2015.

1.2. Obra incluída no POS adicional 1/2014 da Deputación Provincial da Coruña.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: ampliación da rede de saneamento en Miodelo.

b) Lugar de execución: concello de Bergondo.

c) Prazo de execución (meses): un (1).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, cun único criterio de valoración: factor prezo.

4. Orzamento de licitación.

A.Valor estimado: 25.697,47 €; B. IVE (21 %): 5.396,47 €. Importe total A+B: 31.093,94 €.

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: o 5 % do prezo de adxudicación (excluído o IVE).

6. Obtención de documentación e información:

Entidade: Concello de Bergondo.

Enderezo: estrada da Coruña, nº 12.

Localidade e código postal: 15165 Bergondo.

Teléfono: 981 79 12 52.

Fax: 981 79 42 33.

7. Clasificación do contratista: non se exixe.

Clasificación indicativa para os efectos do disposto no artigo 65.1.a), parágrafo 2º do TRLCSP: grupo E; subgrupo 1; categoría c.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de vinte e seis (26) días naturais, contados desde o seguinte ao da última publicación deste anuncio de licitación no BOP, no DOG ou no perfil do contratante, das 9.00 ás 14.30 horas.

b) Hora límite: ata as 14.30 horas do derradeiro día do prazo de presentación.

c) Documentación que cómpre presentar: a sinalada na cláusula 12 do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares para a contratación, mediante procedemento aberto (cun único criterio de valoración: factor prezo), das obras comprendidas nos plans provinciais e outras obras provinciais (BOP nº 103, do 1 de xuño 2012), subtituíndo a documentación para presentar no sobre A pola declaración responsable segundo o modelo que consta no expediente e publicado no perfil do contratante.

d) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Concello de Bergondo. Rexistro Xeral.

2º. Enderezo: estrada da Coruña, nº 12.

3º. Localidade e código postal: 15165 Bergondo.

9. Apertura das ofertas:

a) Data: o quinto día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións. No caso de cadrar en sábado, trasladarase ao día hábil seguinte.

b) Hora: as 13.00 horas.

10. Outras informacións: obteranse no lugar e polos medios indicados no punto 6 deste anuncio e no perfil do contratante: www.bergondo.es

11. Gastos dos anuncios:

Serán por conta do adxudicatario os gastos sinalados no prego-tipo.

Bergondo, 13 de marzo de 2015

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa