Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 26 de marzo de 2015 Páx. 12072

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2015 pola que se convocan os premios de investigación Enxeñeiro Comerma e Antonio Usero.

O Concello de Ferrol e a Universidade da Coruña convocan os premios de investigación Enxeñeiro Comerma e Antonio Usero, co fin de apoiar e impulsar os labores de investigación realizados no ámbito universitario e no mundo empresarial nas áreas de enxeñaría industrial e da saúde, respectivamente. Estes premios están dotados con 12.000 euros cada un, con cargo ao orzamento municipal, e o prazo de presentación de solicitudes será ata o 31 de maio de 2015. Para conseguir máis información, consulte o enderezo:

http://www.udc.gal/goberno/equipo_reitoral/vice_ferrol_e_responsabilidade_social/premios_investigacion/ ou chame ao teléfono: 881 01 38 00.

Ferrol, 9 de febreiro de 2015

María Araceli Torres Miño
Vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social