Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 30 de marzo de 2015 Páx. 12434

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Vimianzo (expediente IN407A 2014/115-1).

Expediente: IN407A 2014/115-1.

Promotor: Electra do Foxo, S.L.

Denominación da instalación: desmantelamento parcial LMTA (expediente 51.019), desmontaxe da caseta CT existente (antigo CT Castromil) e desmontaxe de 47 m RBTA.

Concello: Vimianzo.

Feitos:

1. O 30 de xullo de 2014 Electra do Foxo, S.L. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a súa inserción no DOG núm. 220, do 17 de novembro de 2014 e no BOP núm. 202, do 22 de outubro de 2014.

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, se é o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. O promotor manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. As características técnicas da instalación son as seguintes:

• Desmantelamento da cruceta e illadores do apoio de formigón nº 1 (HV-1000/11) da LMT aérea existente O Careixo-Castromil-Torelo (expediente 51.019), manténdose instalado o apoio na súa condición de apoio común coa LMT aérea Reboredo-Castro (expediente 51.271).

• Desmontaxe e retirada dos apoios de formigón nº 2 (HV-630/13), nº 3 (HV-250/13), nº 4 (HV-400/11), nº 5 (HV-1000/13) e nº 6 (HV-1000/13) pertencentes á LMT aérea existente O Careixo-Castromil-Torelo (expediente 51.019). Demolición e retirada por xestor de residuos autorizado das cepas de formigón dos citados apoios.

O orzamento da instalación segundo proxecto é de 5.155,69 €.

7. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado, resolvo:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á instalación eléctrica denominada «desmantelamento parcial LMTA (expediente 51.019), desmontaxe da caseta CT existente (antigo CT Castromil) e desmontaxe de 47 m RBTA».

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar perante esta xefatura territorial unha solicitude que se acompañará da seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do director da montaxe no cal se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así coma das regulamentacións e normas oportunas, na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que fosen de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e o ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 100, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1000, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 13 de febreiro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña