Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 6 de abril de 2015 Páx. 12995

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2010, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Viveiro (expediente IN407A 2009/56-2, 7498 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Sogaserso, S.A.

Domicilio social: Parque Tecnolóxico de Galicia, 32900 San Cibrao das Viñas, Ourense.

Denominación: CT de 250 kVA con LMTS.

Situación: concello de Viveiro.

Características técnicas:

LMTS baixo tubo a 20 kV, con orixe nunha cela de liña situada no CT 8147 polideportivo, propiedade de BEGASA, e final no CT proxectado, cunha lonxitude de 250 m en condutor tipo RHZ1-150.

CT en edificio non prefabricado, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Unha vez cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, este departamento territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nas condicións establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 26 de maio de 2010

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo