Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 6 de abril de 2015 Páx. 13111

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de licitación da subministración de material eléctrico para a iluminación pública municipal.

Aprobados os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexen a contratación da subministración de material eléctrico para a iluminación pública municipal, anúnciase a convocatoria para a súa contratación.

1. Obxecto: a contratación da subministración de material eléctrico para a iluminación pública municipal.

2. Duración do contrato: máxima de oito (8) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da asinamento do contrato.

3. Prezo de licitación: o orzamento máximo de licitación é de 14.867,05 €, sen incluír o imposto sobre o valor engadido (en diante IVE); o IVE ascende a 3.122,08 € e o orzamento máximo de licitación con IVE é de 17.989,13 €.

4. Procedemento e tramitación: a adxudicación realizarase mediante tramitación ordinaria e procedemento aberto (con multiplicidade de criterios de valoración).

5. Lugar e prazo de presentación de ofertas: as proposicións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Sanxenxo, das 9.00 ás 14.00 horas, agás o sábado que será das 9.00 ás 13.00 horas dentro do prazo de quince (15) días naturais a contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, no Diario Oficial de Galicia e no perfil do contratante do órgano de contratación que figura na páxina web do concello, www.sanxenxo.es. O cómputo de prazos comezará desde a última publicación en calquera dos medios citados. Faise constar que, se o prazo remata en festivo ou sábado, se ampliará ao día seguinte hábil que non sexa sábado.

6. Criterios de adxudicación: serán os sinalados na cláusula 8ª dos pregos respectivos.

a) Prezo: expresarase nunha cantidade que non poderá superar o orzamento máximo de licitación, con IVE (17.989,13 €). Valorarase ata un máximo de oitenta e catro (84) puntos.

b) Prazo: redución do prazo de subministración. ata un máximo de dezaseis (16) puntos. Para estes efectos, os licitadores deberán presentar na súa proposición, a redución do prazo en días, respecto ao máximo de execución previsto (8 días hábiles). Para estes efectos computarase a razón de dous (2) puntos por día.

7. Mesa de contratación: constituída no día de hoxe, 4 de marzo de 2015, por Resolución da Alcaldía, de acordo co sinalado na cláusula 9ª dos pregos respectivos.

8. Clasificación: non se exixe.

9. Solvencias:

a) Económico-financeira: acreditarase de acordo ao artigo 75.1.a) do texto refundido da Lei de contratos do sector público. Neste sentido, os licitadores deberán presentar o volume anual de negocios, ou ben o volume anual de negocios no ámbito a que se refire este contrato, referido aos tres (3) últimos exercicios dispoñibles, por importe igual ou superior a 14.867,05 € sen IVE.

b) Técnico-profesional: acreditarase mediante unha relación de subministracións relacionadas co obxecto deste contrato, en contía igual ou superior a 44.601,15 €, sen incluír o IVE, realizadas no curso dos cinco (5) anos anteriores á data de finalización do prazo de presentación de ofertas desta licitación, que inclúa importe, datas e destinatario público ou privado dos contratos. Acreditarase mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario. De ser o caso, estes certificados serán comunicados directamente ao órgano de contratación pola autoridade competente. No caso de non achegar para unha subministración da relación este certificado, coas precisións que se citan anteriormente, non computará para acreditar a solvencia técnica.

10. Garantías: provisoria: non se precisa. Garantía definitiva: do 5 % do importe total da adxudicación, excluído o IVE.

11. Entidade e información: Concello de Sanxenxo-Sección de Contratación. Teléfono: 986 72 00 75. A documentación recollerase no Concello de Sanxenxo e a través da web www.sanxenxo.es-perfil de contratante.

Sanxenxo, 4 de marzo de 2015

Catalina González Bea
Alcaldesa