Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 6 de abril de 2015 Páx. 13110

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Foz

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle de determinación de aliñacións e rasantes de rúa de nova creación (antigo camiño do cuartel).

En cumprimento do disposto do artigo 92 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia:

Que por Acordo Plenario do 27 de novembro de 2014 se aprobou definitivamente o estudo de detalle de determinación de aliñacións e rasantes de rúa de nova creación (antigo camiño do cuartel) en Foz (Lugo), promovido por Construcciones Rifer, S.L. e redactado polo arquitecto José Luis Eimil Trasancos.

Que se remite á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes a documentación a que fai referencia o artigo 92.3 da lei.

Este acordo pon fin á vía administrativa e contra el cabe o recurso contencioso-administrativo ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa. O prazo para a interposición será de dous (2) meses desde o día seguinte ao da notificación do acordo que se pretende impugnar, de conformidade co artigo 43 da Lei da xurisdición contencioso-administrativa.

Foz, 20 de febreiro de 2015

Javier Jorge Castiñeira
Alcalde