Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 8 de abril de 2015 Páx. 13518

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de licitación (expediente OA-04-2015).

1. Entidade adxudicante.

a) Organismo: Concello de Bergondo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Nº de expediente: OA-04-2015.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: saneamento de Guísamo-San Paio (sistema xeral de saneamento-concello de Bergondo).

b) Lugar de execución: concello de Bergondo.

c) Prazo de execución (meses): tres (3).

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto, cun único criterio de valoración: factor prezo.

4. Orzamento de licitación.

A. Valor estimado: 99.282,76 €; B. IVE (21 %): 20.849,38 €. Importe total A+B: 120.132,14 €.

5. Garantías.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: o 5 % do prezo de adxudicación (excluído o IVE).

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello de Bergondo.

Enderezo: estrada da Coruña, nº 12.

Localidade e código postal: 15165 Bergondo.

Teléfono: 981 79 12 52.

Fax: 981 79 42 33.

7. Clasificación do contratista: non se exixe.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de trece (13) días naturais, contado desde o seguinte ao da última publicación do presente anuncio de licitación no BOP, no DOG ou no perfil do contratante, das 9.00 ás 14.30 horas.

b) Hora límite: ata as 14.30 horas do último día do prazo de presentación.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 12 do prego tipo de cláusulas administrativas particulares que rexerá esta contratación, substituíndo para documentación para presentar no sobre A pola declaración responsable segundo o modelo existente no expediente e publicado no perfil do contratante.

d) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Concello de Bergondo. Rexistro Xeral.

2º. Enderezo: estrada da Coruña, nº 12.

3º. Localidade e código postal: 15165 Bergondo.

9. Solvencia económico-financiera e técnica.

9.1. Documentación acreditativa da solvencia económica e financeira: declaración anual de IVE ou contas anuais. Mínimo de solvencia económica e financeira: do exame da documentación presentada debe resultar un volume de negocios relativo ao último exercicio igual ou superior á metade do importe do contrato obxecto de licitación.

9.2. Documentación acreditativa da solvencia técnica: relación das obras públicas ou privadas de características e volumes análogos a que se refire o prego, que a empresa teña efectuado dentro dos dez últimos anos, achegando os certificados de boa execución xustificativos que se crean oportunos da realización á plena satisfacción das referidas obras, indicando o importe, as datas e o lugar de execución das obras. Os certificados, no caso de ser obra pública, presentaranse co visto e prace do órgano competente da Administración contratante. Mínimo de solvencia técnica: execución de dúas (2) obras, como mínimo, de natureza análoga á obra obxecto de licitación, que representen un importe conxunto igual ou superior á contía do contrato.

9.3. De conformidade co disposto no artigo 74.2, en relación co 75.3 e 76.2 do TRLCSP, establécese como clasificación indicativa en contratos do mesmo tipo ao obxecto de licitación, de conformidade co disposto no Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, o grupo E, subgrupo 1, categoría c). Se se acredita a clasificación indicada, terá validez como forma de acreditar a solvencia neste contrato, para os efectos do previsto no artigo 65.1 do TRLCSP, e non será necesaria a presentación da documentación indicada nos puntos G.1 e G.2 da cláusula 7ª do prego.

10. Apertura das ofertas.

a) Data: o terceiro día hábil seguinte ao de remate do prazo de presentación de proposicións. No caso de coincidir en sábado, trasladarase ao día hábil seguinte.

b) Hora: 13.00 horas.

11. Outras informacións: obteranse no lugar e polos medios indicados no punto 6 do presente anuncio e no perfil do contratante: www.bergondo.es

12. Gastos dos anuncios.

Serán por conta do adxudicatario os gastos sinalados no prego tipo.

Bergondo, 30 de marzo de 2015

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa