Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 9 de abril de 2015 Páx. 13710

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Grove

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de ordenación dos portos do Grove e A Toxa.

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria que tivo lugar o 26 de marzo de 2015, adoptou o seguinte acordo cos votos en contra dos membros dos grupos políticos de EU e BNG e a abstención do PSG-PSOE:

Aprobación definitiva do Plan especial de ordenación dos portos do Grove e A Toxa.

1. Aprobar definitivamente o Plan especial dos portos do Grove e A Toxa, termo municipal do Grove, Pontevedra, conforme o proxecto técnico con data de xullo de 2014, asinado por Ana Isabel Calzadilla Bouzón e Andrés Cervantes Refojos.

2. Notificarlles este acordo de aprobación definitiva á autoridade portuaria e á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, trasladándolles copias do plan especial aprobado, debidamente dilixenciadas pola Secretaría municipal.

3. Proceder á publicación do acordo de aprobación no prazo máximo dun mes, no Diario Oficial de Galicia, así como no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, neste caso xunto co documento que conteña a normativa e as ordenanzas.

O Grove, 30 de marzo de 2015

Miguel Ángel Pérez García
Alcalde