Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 10 de abril de 2015 Páx. 13965

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 17 de marzo de 2015 polo que se fai pública a proposta de resolución ditada no expediente sancionador en materia de verteduras de augas residuais seguido contra Camilo Carballal, S.L., no concello de Teo (clave DH.D15.47206).

Con data do 20 de febreiro de 2015 ditouse proposta de resolución no expediente sancionador de referencia seguido contra Camilo Carballal, S.L. pola comisión dunha infracción de carácter leve en materia de verteduras de augas residuais, tipificada no artigo 85.b) da Lei 9/2010.

Intentada a notificación da devandita proposta de resolución por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolto polo servizo de Correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante o presente anuncio notifícaselle a proposta de resolución ao interesado, e fáiselle saber que unha copia dela atópase á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo de quince días, contado a partir do día seguinte o día desta publicación, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do devandito acordo, tempo durante o cal poderá presentar as alegacións que considere oportunas.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2015

Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia